domingo, 17 de marzo de 2013

XXXIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI


O vindeiro fin de semana (días 23 e 24 de marzo) os amantes do viño e da festa rachada teñen unha cita imprescindible en Sober, na XXXIII Feira do Viño de Amandi.
Haberá bombas de palenque, pregón de David Cal, pasarrúas, folk tradicional con Quempallou, estrea dunha muiñeira pola Banda de Música de Sober, polbo, churrasco, rosca, licor café e,  por suposto, viño.
Como para perdela!!!

5 comentarios:

zeltia dijo...

Pois ler iso e apetecer todo é un!
(teño un compromiso un sábado así que xa nin o considero -que tampouco me queda aí na esquina-)
Ogallá que sexa un éxito. Espero que che dea para un post!
:)

Noa dijo...

Andaremos por alí, se dios quer, como amante do viño de Amandi e da festa rachada. ;b

Xan dijo...

A primeira vez que probei este viño de deuses que ao parecer os romanos levaban en ánforas ata roma foi nunha taberna das Pontes (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2013/03/01/clasico-hoy-cumple-33-anos/0003_201303F1C12997.htm) .O viño e o licor café dás Terras de Lemos xa serian suficientes motivos para ir e para o recordo de instantes fermosos....
Saúdos

Chousa da Alcandra dijo...

E non puiden ir; pero xuro que na miña mesa agora mesmo hai viño de Sober a piques de ser descorchado.
Saúde!

Concha L. F. dijo...

Este ano foime ao revés, pero trouxéronme a proba...