martes, 14 de enero de 2014

PREMIO LEIRAS PULPEIRO: CICATRICES DO INSOMNIO, VI

E este é o último poema do traballo premiado en Mondoñedo.

NOITES DE PAIXÓN
Luns para berrarlle ós antigos deuses,
martes para o desacougo dos malos tempos,
mércores para a loita dos que estamos malditos,
xoves para o desamor onde se enxerga a choiva,
venres para albiscar que tamén os heroes latexan nos suburbios,
sábado para navegar polos pubs co manual de instruccións,
domingo para o reconto, para facer un balance provisional
e tentar sobrevivir a este insomnio unha semana máis.

2 comentarios:

Alís dijo...

Insomnio ocupado e prolífico.
Un bon resumen de semana. Tívennas moito peores.

Unha aperta

Chousa da Alcandra dijo...

Queda clara nas túas palabras a cercanía entre a intensidade sensual e mailo padecemento que pode levar implícito.

(Importante que o manual de instruccións veña impreso nun idioma coñecido...)