O mércores que vén, 26 de marzo, as 19:00 h estarei pola Biblioteca Pública de Sober (xa sen goteiras) co “Club de Lectura Pintor de Castinande” nunha presentación/coloquio do libro “Territorios estraños”.
Conto coa colaboración de Paula Verao e, como a poesía fai boa maridaxe coa música, ó remate teremos a actuación dos Parentes, ese famoso grupo musical de Sober, que nos cativarán coas súas cantigas.
4 comentarios:
Seica surtiu efecto a copla? Canto me alegro!
Saudiños.
Sen goteiras e retellado polos teus versos. Espero que agora as únicas pingueiras que se vexan alí dentro sexan de poesía, prosa e...viño!!!
Pois que todo vai moi ben por Sober,
e noraboa polo premio de novo.
unha aperta.
Entérome tarde, pero parabéns!!
Publicar un comentario