Graffiti que os nen@s de Sober fixeron co gallo do Día da Poesía
Quérote
e dígocho así, a queimarroupa.
Coma un disparo.
-------------------------------
Quérote, díxenche,
e unha onda de calor
inundou a casa,
saíu á rúa
e espallouse en segundos pola cidade.
O home do tempo
non soubo explicar tan estraño fenómeno.
Poemas do libro "Territorios estraños".
4 comentarios:
Que bonito ver o poema dun escrito en graffitti.
quedou ben chulo alí chantado na parede, ás veces cruzo o Cabe e subo ata Sober. Quédo ollando o poema mentres baixo a caña. é un bo ollar :D
Que marabilla!
Bo traballo para os nenos de Sober.
E os teus versos como protagonistas.
Tes que estar ben contento.
un biquiño.
É que iso de querer é moi raro... Acontece, sen máis. E tanto ten a quen se queira ou a quen se lle declare a benquerencia.
Redondo, meu!
Publicar un comentario