lunes, 9 de junio de 2014

CÍRCULOS VICIOSOS



A vella pitonisa descifra nas cartas sagradas
o tumultuoso futuro do cabo furriel.
O cabo furriel entra nun bar
e pide un chupito mentres
mira de esguello  á rapaza loura  
recostada ó fondo do mostrador.
A rapaza loura de tacón alto
garda o móbil no bolso e sae
abrazada ó seu mozo.
O mozo despídese sen moito interese
e antes de subir á Yamaha espanta o can
que ulisca no vertedoiro do lixo.
O can escapa  rúa abaixo
e líbrase por pouco das gadoupas
do autobús da liña 8 que pasa fungando.
Ó conductor do autobús da liña 8
gústalle derrapar nas curvas
e frea con desgana ante o paso de peóns
mentres pasa de vagar a muller preñada.
A muller preñada camiña pachorrenta
pola beirarrúa, olla os escaparates,
detense diante dun portal
e despois duns intres de dúbida
pulsa o timbre da vella pitonisa
que está a piques de descifrar
nas cartas sagradas
o tumultuoso futuro do cabo furriel.


Do libro “Territorios estraños”

3 comentarios:

mariola dijo...

Redondo. Comeza e acaba do mismo xeito, pechando o poema.
As palabras vanse unindo unhas a outras, facendo un pouco de vertixe ó lelas, e sabendo que todo se entrecruza nesta vida nosa.
Gústame.
un bico.

Jorge Cimadevila dijo...

O futuro do cabo probablemente estea nunha desas beirarrúas, nun istante tonto e pouco trascendental, que o desdramatizara todo.

paideleo dijo...

Foi unha volta completa que tiven que ler dúas veces.
A foto non ten desperdicio.