martes, 26 de agosto de 2014

LOUCURA TRANSITORIA


Un aftershave para maquillar as mancaduras,
as coordenadas do destino
no fondo do baúl dos recordos,
un nó na gorxa debruzado sobre a ponte,
esa estraña atracción polo salto ó baleiro
cando a treboada non amaina
e os gángsteres disparan
contra a súa propia sombra
con balas de fogueo.
Do libro "Territorios estraños"

1 comentario:

Paz Zeltia dijo...

"os gángsteres disparan contra a súa propia sombra con balas de fogueo"