Velaquí
un home
que
vén de territorios perigosos.
O
amencer tingue de roxo os campos
e os
cans ladran nas rúas escalazadas.
Velaquí
un home
escorrentando
o medo
á
procura do destino.
Os
pardais fican á sombra.
Nada
se move. Hai soidade
nas
pucharcas e unha poeira
vedraña
cobre os carrouchos.
O
día pasa lento.
Velaquí
un home
buscando
nas tebras da noite
a
coraxe e o rixo necesarios
para
dar o último paso.
Do libro "Territorios estraños"
3 comentarios:
É a vida, que vai pasando por riba noso, afrontar as vicisitudes, escorrentar os medos e seguir cara adiante...
unha aperta.
Sempre hai que estar preparados ;)
Ás veces é mellor non atopar coraxe e que o paso sexa marcha atrás porque desandando pódese, quizás, atopar outro camiño.
Gustoume moito este poema :-)
Apertas
Publicar un comentario