Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
martes, 28 de abril de 2015
domingo, 19 de abril de 2015
Versos na area
Sabes
que nunca che pedirei nada,
se queres
pódesme dar
un
pouco de cariño;
teño
as alforxas baleiras
o
pouco que me deas
será
para min coma un tesouro.
En
calquera caso
escribirei
o teu nome
na
area da praia,
moi
preto da auga,
para
que as ondas o borren
e eu
volva escribilo
unha
e outra vez,
unha
e outra vez...
Do libro "Territorios estraños"
miércoles, 1 de abril de 2015
Forzas ocultas
Multan un corazón
por exceso de velocidade no túnel do amor
e colápsase todo o tráfico da cidade.
Unha parella bícase en Sunset Boulevard
e a onda expansiva
inutiliza
a rede de mísiles antiaéreos dos EEUU
e fai tremer a falla de San Andrés.
Dous adolescentes están a facer o amor
nos asentos traseiros dun coche
no polígono de Monforte de Lemos
e as pombas mensaxeiras desoriéntanse,
rebélanse os ordenadores
e a bolsa de Tokío baixa ó nivel do mar.
Nun segundo piso alugado
na zona vella de Compostela
un orgasmo amolece
as telúricas pedras da Catedral,
ó Apóstolo invádeo a melancolía
e ata o anticiclón das Azores
tremelica coma un can asustado.
Debe ser cousa da primavera.
Do libro "Territorios estraños"
Do libro "Territorios estraños"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)