domingo, 19 de abril de 2015

Versos na area


Sabes que nunca che pedirei nada,
se queres pódesme dar
un pouco de cariño;
teño as alforxas baleiras
o pouco que me deas
será para min coma un tesouro.
En calquera caso
escribirei o teu nome
na area da praia,
moi preto da auga,
para que as ondas o borren
e eu volva  escribilo
unha e outra vez,
unha e outra vez...

Do libro "Territorios estraños"

4 comentarios:

peke dijo...

:D

Chousa da Alcandra dijo...

Perseverar pedindo. É a única maneira...

mariola dijo...

Gústame este final... e o título...
Un poema de amor sen pretensións, tan so un pouco de cariño...que fermoso.

Dícheslle una volta ao blog. Quedou chulo.
Un abrazo.

Zeltia dijo...

ao final sempre se trata de escribir. unha e outra vez.

:)