viernes, 8 de mayo de 2015

De cervexas e fronteiras

Entón
acabarei buscándote
no fondo dunha caña de cervexa
coma se fose tan doado
chegar ata ó cristal,
e tocarte
e rescatarte,
esperar un xesto,
un sorriso,
bicarche un anaco de pel,
rastrexar o teu recendo
ou perder a  timidez entre os teus brazos.
E o final
descubrir que a cervexa non está fría,
que os xestos son acenos perigosos,
que te escapas coma o horizonte,
que o recendo se esvaece na distancia,
que o cristal, ás veces, pode ser unha fronteira
na que nada é o que parece
e os aduaneiros non están polo labor 
de levantar as barreiras
que se empeñan en complicarnos a vida.

Do libro "Territorios estraños"


1 comentario:

mariola dijo...

Co pretexto dunha cervexa deleitar o padal con versos fiadiños.
bicos señor raposo.