Cando
Deus
aínda
era un camiño
unha
fe agromando
na
delgada epiderme
eu
lía o catecismo
co
debido respecto
e
aprendín o nosopai
o
credo e a avemaría
e a
rezar baixiño
coma
un esconxuro
que
fixera de manto protector
de
toda a familia.
E
entraba na igrexa
paseniño
e en silencio
e
sentíame xa home
participando
coa veciñanza
dos
ritos sagrados
da
liturxia cristián.
Foi
moito máis tarde
cando
souben
da
hipocrisía do Vaticano
do
lado escuro da relixión
dos
abusos da sancristía
tantas
sotanas negras
cheirando
a auga podre
o
desfalecemento da fe
e os
anos da serpente
furando
sen remedio
no
escepticismo
que
agora profeso.
Do poemario "Cartografía da infancia", incluído no libro "Zocas e decibelios"
No hay comentarios:
Publicar un comentario