domingo, 12 de abril de 2020

Izan o da saca



Recomendación literaria de hoxe: “Izan o da saca”, de Xavier Quiroga. Se ledes o título ó revés é “A casa do nazi”, o que xa nos indica por onde van os tiros.
Xavier Quiroga, nado en Escairón, é o meu modo de ver unha das plumas máis importantes e representativas da narrativa galega actual.
Neste libro, no que se mestura realidade e ficción, o autor achégase ó noso pasado recente, á época da guerra civil e os anos posteriores, e a un feito histórico pouco coñecido como é a presenza dos nazis en Galicia.
Pasado e presente danse a man cun ritmo trepidante, un bo pulso narrativo e unha trama na que pouco a pouco van encaixando tódalas pezas.
Outras obras súas son: “Atuado na braña”, “O cabo do mundo”, “Zapatillas rotas”, “Se buscabas un deus”.

1 comentario:

Alís dijo...


Pois non sabía que se puidera falar da presenza dos nazis en Galicia (e non vou facer ningún chiste político).

Grazas pola recomendación

Bicos