Quizais sexa este vento quen me arrastra
á beira do absurdo e do abismo
e non saber que fago aquí,
porqué sigo pisando sen rumbo,
que memoria me mantén suxeito
a este lume, esta batalla,
este labirinto de beirarrúas.
Pouco importa co desexo
teña nomes e apelidos,
que berre e contesten nalgures,
que esta loita atafanada de futuro
vaia máis alá do tráfico
e do bulebule desta cidade,
da deprimente oficina
ou das tardes inútiles.
O final todo o que queda
son imaxes enxauladas
no flash da derrota,
rostros que nada saben da tenrura,
un pasado do que volto
coas alforxas baleiras
e un sabor de pirámide que fuxe
para sempre dos meus beizos.
13 comentarios:
A razon de todo esta dentro de ti, cando a encontres poderas compartila cos demais.
Unha aperta
precioso
Moralla
Muy lirico poeta ...
Non deben de quedar moitos raposos tan conscientes do seu lirismo...temos que loitar para evitar a extinción de especies tan frikis
Fermoso poema, como de fin de día, como de noite, como de remate de xornada e de loita.
Intento atopar esa razón, Brais.
Moralla: este fin de semán minguou a poboación de raposos por mor das batidas. Aínda asi quedamos os suficientes para manter ben alto o pabellón raposeiro.
elsenhor, náufrago, grazas polos eloxios.
Grazas a tod@s.
¿Alguén sabe porqué se colan comentarios en inglés que non sei de onde carallo veñen?
O sabor a pirámide...polo menos crianza! (e si non se botaa un).
Parabéns polas verbas sincopadas
Boa meu.
¿Podese sentir a ausencia do que non tivemos nunca, do que sempre buscamos?
¿Ou pola contra so se sinte cando non temos o que tivemos?
E poderase.
¿A quen besaches en Exipto que abandonoute desa maneira?
Fermosisimo poema, con beirarrúas e fotos moi familiares para min.
Noraboa.
(O dos fillos da pérfida Albión entrando a saco na tua cova podes solucionalo poñendo nos comentarios a verificación da palabra, una opción do servidor que está para iso, para servir)
ola. cada dia sorprendesnos mais.o pabelhon raposeiro sempre esta alto nesta cova.
invitote a participar nun blog sobre poesia no que estamos alguns, todos espalhados polo pais, cada un dun recuncho... é www.laiosdagaliza.blogspot.com
se che cunde podes mandarme un mail a direccion que aparece no cabezallo do
blog xusto por baixo do titulo,
un saudo desde panton a compostela!
O dos comentarios en inglés ten pinta de ser un spam.
Boas preguntas, Rafa. Penso que se pode sentir ausencia tanto do que perdemos como do que nunca tivemos.
Que máis quixera eu que bicar en Exipto vaiso a sambra antiga das pirámides!!
Xurxocimadevila: Grazas por invitarme o blog LAIOS DA GALIZA. O raposo é lixeiro cando anda polos montes, entre toxos e carpazas. No eido poético é bastante máis lento. Dada a miña escasa producción coido que manter, mal que ben, este humilde blog xa é tarefa dabondo. De tódolos xeitos téñoo en conta e estaremos en contacto.
Grazas a tod@s polos comentarios e consellos.
guau, me ha encantado.
Na tua rsposta a o meu comentario falas claramente dun recordo(pareceme a min) , que eu nunca sei si e a lembranza do que perdemos ou do que nunca tivemos.
Saudos, raposo.
(Vexo que teñes que verificar as miñas palabras. Agardo que desta maneira rematen os ingleses de abraiar)
Publicar un comentario