domingo, 7 de enero de 2007

BAIXO A CHOIVA

O Vitrasa “esvaraba como un blues” Calvario abaixo mentres chovía nos tellados, nas rúas, nos tendedeiros de roupa, no lombo dos cans de palleiro. Chovía, chovía, chovía. Vigo semellaba un antigo e profundo animal mitolóxico, encrequenado baixo unha longa e mesta follaxe de chuvia. Detrás do cristal,o outro lado da fronteira, eu miraba como a xente, a vida, o tempo, escorregaba cara a Gran Vía. Non sei porqué me fixei nela cando o bus parou preto da estación. Quizais foi polo seu camiñar cun sorriso nos beizos mentres as gotas repenicaban no seu paraugas; quizais pola minifalda moi curta que deixaba ver unhas pernas longas, ben feitas. O certo é que a seguín coa mirada tratando de dexergar máis cousas. Camiñaba a modiño, como flotando entre a auga, entre as pingueiras miúdas que caían. O seu cabelo louro espallábase polos ombreiros, baixaba polas costas e seguía o movemento do seu talle. Os ollos eran azuis ou así mo pareceron e semellaban mirar lonxe, moi lonxe, máis alá de Urzaiz, de Príncipe, das illas Cíes, e perderse na néboa misteriosa do Atlántico, ese pai noso tanxible e descoñecido. Se puidese espila coa mirada quizais vira uns peitos redondos, unhas mamilas firmes, un embigo cheo de tenrura, un lunar pequerrecho no costado dereito. Pero non, eu non teño ese poder así que me conformo con vela pasar a modiño, co seu pelo louro, a minifalda e o movemento sensual das súas nádegas. Perdina de vista cando torceu cara a estación e o Vitrasa seguiu esvarando “como un blues” Urzaiz abaixo.

14 comentarios:

Zebedeo dijo...

Vaia, ¿non tes o poder de espila cola mirada? Ooooooooh, que pena. Senon podíache facer un par de encargos queeeee...
Xa se sabe que a chuvia é auga de vida e florecen cousas fermosas baixo ela ;)

O Raposo dijo...

A ZEBEDEO:
Que máis quixera eu que ter ese superpoder. Estou tentado de pedirllo os Reis o ano que ven.

Suso Lista dijo...

Se foras o editor de Interviu, xa estaba feito. Ánimo, podes decirlle que se dispa, que se ten frio préstaslle a tua pel de raposo, je je..Bicos

Brais dijo...

En realidade os seus ollos non miraban o lonxe, estaban vendo o que ti mirabas, o que miran todos, por eso non reparou en ti. Ela o que en realidade buscaba era unha forma de mirar diferente, non que intentasen espila no medio da rua como un obxeto mais.
Unha aperta.

O Raposo dijo...

A BRAIS:
Eu non quería espila como a un obxecto máis senon como a unha deusa, unha fror entre o xabre. Non o conseguín e créeme que o sinto.
Grazas por visitarme.

Moralla dijo...

Lindo post, e benvido ao meu blog. A chuvi a purifica, tranquiliza, vivifica, mollarse baixo dela é renacer!!
unha aperta de yOLI

xurxo dijo...

eu as veces o que fago cando me pasa iso, e coller e mirarlle fixamente os ollos.. e sempre hai duas posibilidades, q baixe a mirada ou que cha mantenha.. a segunda e interesante porque as veces semella que mentres te vas achegando pasa un tornado e todo se creba, todo se desfai... o problema xurde cando ela e ti pasas... quedas so no caos, nos restos dese trebom e agonizando.

xurxo dijo...

eu as veces o que fago cando me pasa iso, e coller e mirarlle fixamente os ollos.. e sempre hai duas posibilidades, q baixe a mirada ou que cha mantenha.. a segunda e interesante porque as veces semella que mentres te vas achegando pasa un tornado e todo se creba, todo se desfai... o problema xurde cando ela e ti pasas... quedas so no caos, nos restos dese trebom e agonizando.

O Raposo dijo...

A MORALLLA: Grazas Yoli pola túa visita.
A XURXO: O malo é cando as miradas chocan e a forza da dela é tan forte que un ten que vaixa-la súa.
Tenme pasado. Un saúdo.

Rafael dijo...

A culpa de todo a ten o Vitrasa.
¡¡Se foras a pé!!
Todos temos ninfas de esas a bailar na cachola. Eu al menos teñoas de cando en vez e son as mellores.
Saudos.
Preciosa a imaxen da sua mirada de ollos azuis a perderse Ría afora.

aultre narai dijo...

o encanto de vigo, na chuvia, o vitrasa e urzáiz. mira que non teño pateado esa rúa mil veces nin nada!!!

un saúdo!

O Raposo dijo...

Suso lista: se fose editor de Interviu agora estaría ocupado ca tía esa de Arcade.
Si, aultre narai, a verdade é que Vigo baixo a choiva ten certo encanto. A pé ou en Vitrasa, Rafael.
Grazas a todos.as.

X dijo...

O da de Arcade que saiba que lle quedou, como diría eu sen..., "feo".

sz dijo...

Tráeme recordos dunha longa estanza na cidade olivica, eu residía nos apartamentos “Costa Verde” unha aberración arquitectónica cerca de Canido, en fronte das illas Cies, dende onde gozaba das postas de sol máis marabillosas que se poden imaxinar.
Grazas pola túa visita ao meu blog