Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante. Pasa, non te quedes na porta.
jueves, 14 de junio de 2007
OS SOÑOS DOS MAMUTS
Baixo as xélidas terras de Siberia os mamuts repousan o seu soño de séculos e milenios. No lles importa o tempo, o ocaso, as fluctuacións da Bolsa e o índice Nikkei, nin o xogo mediocre e gris do Dynamo de Moscú. Nada saben dos discursos paternalistas e tradicionais do Papa, da mala hostia e o cabreo permanente do PP, do cambio climático, da boca ávida e succionadora de Mónica Lewinsky.
Os mamuts non entenden (e saben que non poderían entender) esta civilización de beirarrúas, antenas parabólicas e caixeiros automáticos. Nos seus soños non ten cabida este reino da presa e a realidade virtual, de televisións de plasma e megapíxeles, de cabezas nucleares e Internet, esta babel de discotecas e gardas xurados, este mundo abandeirado pola cobiza e a guerra.
Dormen os mamuts e soñan con inmensas pradeiras nas que comen herba e regueiros cristalinos onde fartan a sede. Emparéllanse un pouco por instinto e outro pouco por pracer. Para protexerse pernoitan coa manada e nos amenceres as súas patas peludas pisan lizgairas o orballo e a liberdade.
Insensibles a todo esto os científicos (sempre tan teimudos) desentérranos, destrípanos, analízanos. Estudian os mamuts pero tamén están estragando os seus soños.
Como o fin e o cabo son primos lonxanos eu que son un raposo solidario e comprensivo lanzo o aire un berro en defensa dos soños dos mamuts.
Deixádeos durmir en paz !!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
17 comentarios:
No fondo o ser humano é tamén un animal, as veces penso que a razón o converteu no peor dos animais e non no mellor como se soe dicir.. por aquelo tan dito de que é o unico que come sen ter fame....
por certo, agora estou só en de panton a compostela, por unificar doutrinas e todo iso...
Fermoso post o de hoxe, e moi atinado. ¿quen pode entender "esta civilización de beirarrúas, antenas parabólicas e caixeiros automáticos"?
saudiños.
Vaia, e eu que pensaba que os científicos só desenterraban os mamuts porque querían imitar a Pedro Picapiedra cos seus chuletóns de brontosaurio e de mamut :)
Dentro de pouco somos capaces de ver en restaurantes de luxo carne de mamut para paladares exquisitos.
Síntome coma un mamut, eu tampouco entendo esta civilización, soño coma un mamut...e berro contigo, o meu berro é algo distinto, eu pido que deixen soñar en paz á xente e ós animais, que nos deixen en paz a todos.
Un bico
A entrada anterior é moi boa, lástima que chegue tan tarde para comentar
Outro bico
O que máis me fascina dos mamuts é os ollos tan pequenos que tiñan para abranguer un mundo tan grande. Hoxe que minguou todos temos ollos de gacela, sempre ao asexo, en lexítima defensa...
¿E non haberá Mamuts tamen na Ribeira Sacra? ¿E no viño de Amandi?
Atoparán Mamuts por todos os lados como se poñan a facer buratos.
Mellor ser raposo, son moito mais fáciles de agochar e moito mais rápidos.
Apertas.
O ser humano debería aprender moito dos animais. En moitos casos son mellores que nós.(valdeorosa-rosa)
Eso é o que digo eu, que me deixen durmir, e son unha gatina.
Xurxocimadevila: Si, tamén somos animais. E dos peores.
Rifo i de zeuquirne: eu tampouco a entendo.
Zebedeo: A carne xa a temos. Só falta que o Arguiñano lle dea o seu toque persoal.
Martafernandez: Dobremente agradecido.
Doutora seymour: o estudio do tema dos ollos deixoo nas súas mans.
Rafael: Ata agora non atoparon ningún, pero non desesperemos.
Rosa Enriquez: deberíamos aprender, si, pero non o facemos. E asi nos vai.
Gatina: Tranquila, eu non vou a espertarte. Encántame verte asi.
Pois anda alerta, que empezan clonando mamuts e acaban clonando raposos, con cova e todo...
Yo ya sé en qué quiero reencarnarme.
Mua
eu tampouco entendo nada diso... serei un mamut en lugar dun moucho?...
Ninsesabe: Non me extrañaría e tereino en conta. Supoño que o da cova dícelo polo da especulación inmobiliaria.
Ra: podendo volver atrás no tempo non sería unha mala elección.
Mouchobranco: penso que non, pero se tes moitas dúbidas sempre podes ir o Sergas a que che fagan unha revisión. E se che dan cita para moi lonxe fala coa Doutora Seymour que o mellor aténdete antes.
Se falamos de animais, hai un dito co que estou moi dacordo: "canto máis coñezo ao ser humano máis lle quero ao meu can"
unha cancion do meu tempo de nena falaba dos mamuts e, daquela, sempre me pareceron uns bechos moi simpáticos. O que fixeron logo con eles non ten perdon, concordo.
Sarampelo: un dito moi apropiado.
Torredebabel: Georgie Dann non se deu conta senon faríalles a canción de verán. Aínda está a tempo.
Publicar un comentario