miércoles, 23 de mayo de 2007

OUTRA DE AZNAR


Estou moi preocupado.
Aznar nun dos seus arrebatos mesiánicos dixo: “Cada voto que no vaya al PP será un voto para que ETA esté en las instituciones”.
Daquela, segundo o ex-presidente co meu voto vou apoiar os terroristas. Pero non só eu: os que voten por Coalición Canaria, os que en Vigo elixan a opción do Partido Galeguista de Manuel Soto, os que en Valencia apoien a Esquerda Unida, ou os meus paisanos de Sober que lle dean o voto o BNG , todas estas persoas desde o punto de vista de Aznar están axudando a ETA.
Pero como se pode ser tan hipócrita, tan miserable, tan senvergonza político! E esto o dí ademais quen sendo presidente cualificou a ETA de Movimiento de Liberación Vasco e comentou que o Estado sería xeneroso cos terroristas.
Ou a única estratexia que ten o PP para estas eleccións baséase na mentira, na manipulación e na crispación da sociedade, o que lles leva a dicir tantas barbaridades, ou este señor necesita urxentemente unha revisión psiquiátrica.
Porque, claro, empezas por falar catalán na intimidade e mira onde acabas.

18 comentarios:

martafernandez dijo...

Eu son das poucas parvas que aínda escoitan o que teñen que dicir en cada campaña os da esquerda e os da dereita...e pódoche garantizar que desta volta os da dereita mentiron pouco (sempre soltan unha ristra de promesas que nunca cumpren), como esta campaña é monotemática para eles, só minten nunha cousa. Que non pensan facer nada é certo, por eso non din nada...cada vez minten menos, van aprendendo.
Bicos

Doutora Seymour dijo...

A min o que me preocupa de verdade é que alguén lle dea credito ao que di este personaxe, e habelos...hainos... xa que logo, preocupados estamos.
Concordo con vostede no da terápia, mais... vistas as amizades que ten, vaia vostede saber en que mans está.

Torreira dijo...

Esta desatado...mostra a súa verdadeira cara (e da medo).Apertas

Patrieira dijo...

Están sumidos nunha desesperación perniciosa que os leva a dicir unha barbaridade detrás de outra. A última foi comparar o clima político actual co que precedeu á Guerra Civil... A min este tipo de personaxes suscítanme unha mestura de noxo e medo que me está revolvendo o estómago...

O Raposo dijo...

Martafernandez: poida que mintan menos pero as troulas que din cada vez son mais grandes e absurdas.
Doutora seymour: se vostede está dacordo no da terapia non se fale mais. Recoméndelle un de confianza e que se mire xa, a ver se aínda ten remedio, que o dubido.
Torreira: xa non sei se teño mais medo de Aznar ou dos seus votantes.
Patrieira: Noxo é un sentimento que tamén se lle pode aplicar. E merecidamente ademais.

Nébeda dijo...

estamos trabaghando en ellou...

Marinha de Allegue dijo...

O de este home é grave, non ten tino no que di...
Coido que a cordura nos acompanhe!!!.

Beijosss.
:)

Anónimo dijo...

Penso como Torreira, está deixando ver a súa verdadeira cara, e da medo, moito medo.
O último foi o de que "lo que estamos viviendo hoy, es lo mismo que ocurrió hace 70 años" ect. mirade si da medo ou non. E digo eu, os da ETA non poderían facer algo útil por una vez. xa sei que é unha animalada esto que estou a dicir, pero é que as veces dan gañas de ...

Ra dijo...

...Jesús, María et Josep!
;)
Este hombrecito políglota acojona.
Bico, Raposo.

xurxocimadevila dijo...

vexo aqui moitos rojillos...eh!
pero se ansar é un sabio! hahahaha.

O Raposo dijo...

Nébeda: aparte de decir burradas o que se dice traballar non traballa moito.
Marinha de Allegue: a cordura que a el lle falta.
Anónimo: o mais útil que pode facer ETA e abandonar xa e dunha vez por todas a violencia. E a este señor quen o ten que por no seu sitio é o pobo: coa indiferencia, o olvido e ata o desprezo. Outra cousa non merece.
Ra: acojonar non sei, pero pena e noxo si que da, si.
Xurxocimadevila: Rojillos si, pero con ética e dignidade, eh! o que lles falta a outros personajillos.
Unha aperta a tod@s.

paideleo dijo...

A culpa non é del senón de quen lle fai caso. E pensar que está dando clases...vaia xeracións virán detrás !.

Anónimo dijo...

Ansar é totalmente un ser.Javier Marías escribiu hai pouco un artigo boísimo sobre a derradeira gilipollez deste capullo no que as armas de destrucción masiva existentes en Irak se refire. A conclusión deste artigo baseándose na estulticia deste tipo era: fumos á guerra apoiándonos nunha suposición case supersticiosa. Moi pouco serio, si señor. Así son as declaracións deste ansar, especie case extinta, espero, axiomas que dan lugar a contradicións exasperantes. Unha aperta(valdeorosa-rosa)

Oskiña dijo...

Como di un amigo meu: Acojonao!!! Están desesperados porque cheiran que van perder aínda máis máis concellos. Por min que sigan así porque o único que conseguen é que haxa máis xente contra deles.

O pior de todo é que, a pesares da cantidade de "gilipolleces" que ten dito o tipo nos últimos tempos, nós esteamos dedicándolle un tempo fermosísimo falando del.

Gatina dijo...

Pois si, medo, noxo e todo o que queirades, mais non pena, lástima se acaso. Deixádeo que siga sacando a verdadeira cara, canto mellor para os que non concordamos coas suas ¿"ideas"?, o tempo pon as cousas no seu lugar. A pena é que ainda queda xente que cree nas suas mentiras e lle rie os chistes... en fin, e sigo pensando, o tempo dirá.

Brais dijo...

Evidentemente Aznar, é unha persoa mezquina, pero ten o seu favor que di as cousas con claridade ainda que eu non as comparta. O seu éxito basease en sectores da sociedade que son participes desas opìnions . Ahi outros lideres que presentan outro talante pero as políticas aplicadas son moi parecidas as de Aznar, ainda que con máis simpatía. Os lideres que gobernan laianse da dureza do PP; neste punto estou en desacordo a Oposicion esta para eso. Si un analiza polo miudo comproba que as propostas do PSOE e do PP son moi parecidas e moi negativas para Galiza. Sin embargo en Andalucía aplican outras recetas
Unha aperta

Ninsesabe dijo...

Pois xa sabemos o que hai que facer:
zouparlles onde máis lles doe, nas furnas.

Spidy dijo...

Atención, parece ser que o sociedade vinícola na que estivo hai unhas semanas, regaloulle un camión desa porción máxica e polo que din os seus achegados, parécelles que pensou que era unha porción similar a de Asterix, que podía ser o xefe do mundo, máis aínda cos seus amigos EEUU e England. Non chegou nin a pensar que o que lle estaban a regalar era un simple viño de cartón Don Simón aguado, pois disque non distingue un rioxa dun ribeiro, manda huevoooss...