jueves, 17 de mayo de 2007

¿A QUE ESPERAN?


En Vigo traballadores do naval, en folga dende fai 10 días, entraron a saco no edificio da Delegación da Xunta. Resultado: plantas e máquinas do café desfeitas; paredes, armarios e cristaleiras pintadas; e miles de expedientes e documentos oficiais guindados polas ventás.
Colocan un artefacto explosivo no polígono industrial de O Ceao en Lugo. A bomba, desactivada polo TEDAX, parece ser que foi posta por un grupo independentista galego que se agocha en Portugal.
No gran premio de Fórmula 1 en Montmeló, Fernando Alonso só puido ser terceiro despois de que se saíra da pista na primeira curva por un incidente co brasileiro Massa.
O sábado no Festival Folclórico de Eurovisión España quedou relegada a posto 20 de 24, o que en termos futbolísticos significa estar á beira do descenso

Sorprendentemente, os dirixentes do PP aínda non lle votaron a culpa destes feitos a Zapatero.

13 comentarios:

XurxoCimaDeVila dijo...

E se resulta que a culpa si que é de zapatero neste momento, como foi do pp noutros. Porque os traballadores non estan así por culpa dun goberno, partido ou ideoloxía, senon que están por culpa dun sistema q permite os abusos da patronal que é quen en realidade goberna. A culpa non é de zp, rajoy, etc. a culpa é de todos os que permiten o "laiser-faire".

Torreira dijo...

tempo ao tempo,solidariedade cos traballadores do naval e ás bombas AUGA.Apertas

O Raposo dijo...

Xurxocimadevila: O que eu quería era criticar esa postura do PP (hipócrita e incongruente pero que quizais lle dea bos resultados electorais) de culpar a Zapatero de tódalas cousas inimaxinables, mesmo o cambio climático e a morte de Manolete.
Pero eso incluín no post aspectos serios e outros cachondos ou nimios como o Festival de Eurovisión.
Por suposto, como di Torreira, solidariedade cos traballadores do naval que a merecen porque teñen razón no que demandan.
Torreira: si, as bombas auga que LK será moito.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Dende Logo, non sei a ques esperan o Zaplana e o seu xemelgo Acebes, para despotricar contra Zapatero y "ya no digamos Rajoi, que nunca entiende las posturas de Zapatero" O raro sería que entenderan algo estos todos do PP, menuda panda de hipócritas, ineptos, falsantes...
voume relaxar que logo me sube a tensión.
un saudiño.

Anónimo dijo...

Que sí, "laisser faire, laisser passer". Esta é a clave dun sistema fraudulento no que ninguén quere mancharse as mans para facer algo. Nesta sociedade hipócrita, eu coido que a culpa témola todos un pouco porque o noso egoísmo occidental nos impide loitar man a man para eliminar privilexios e abusos. Fácil a crítica de salón. Moi fácil. Como na política en todo. Pero eso sí : os do PP son os peores. Un bico ao raposo na súa cova.(valdeorosa-rosa)

Doutora Seymour dijo...

Aínda están escribindo o borrador, todo chegará no seu momento, polo de agora están todos moi cansos mirandose o embigo.

Brais dijo...

Un Estado, que se cimenta no medre da conta de resultados das grandes empresas, a banca, os príncipes do ladrillo. Empresarios que non invirten en I+D que soio soñan cun horizonte formado por o trío mansión+ Mercedes+ rubia platino. Unhos traballadores que perden a razón das suas xustas revindicacions destruindo o que de todos. Un país así non pode considerarse de dereito social, nin pode ter viabilidade.
Unha aperta

O Raposo dijo...

Rifo: Non te alteres que aínda quedan uns días de campaña nos que se van escoitar moitas barbaridades por parte do PP.
Animo e paciencia.
Rosa Valderosa: Tes razón, sobre todo no que atingue a PP. Son peores a fartar.
E levan mirándose o embigo demasiado tempo como ben di a doutora seymour.
Brais: para quitarlle ferro o asunto eu quédome coa rubia platino. Pero que conste que as tuas reflexións sempre están cheas de sentido común. Mágoa que entre os políticos ese sentido común non abonde moito.

Ra dijo...

...todo se andará, Raposo. A estos del PP no se les escapa una.

Un abrazo

Ra dijo...

(bueno, no se les escapa una oportunidad de decir papanochadas, quede claro).Mua!

Ninsesabe dijo...

Estes días non teñen tempo: non dan feito co da rendición a ETA e o conto do ANV (ou aljo así).
Cos traballadores do naval claro que solidaridade. Pero, sinceramente, no asunto da delegación da Xunta penso que se pasaron.

martafernandez dijo...

Tes unha forma de tratar a política moi xeitosa. Repítome pero volvo a dicir que me divirte. Un bico

O Raposo dijo...

Ra: non facía falta que o aclararas. Xa sabemos todos de que van estes do PP.
Ninsesabe: Estes días, é certo, os do PP andan moi atareados coa teima do terrorismo, por eso o mellor se lles esqueceu. Eu tamén penso que co da Xunta os folgistas se pasaron tres pobos; con eso e con outros destrozos de mobiliario urbano que o final pagamos todos.
Xeitoso, góstame esa verba, Marta.