sábado, 12 de mayo de 2007

UN DIA MELANCÓLICO O TEN CALQUERA

Hoxe en día os raposos solitarios xa non podemos contemplar a lúa chea: as nubes de contaminación, o fume das fábricas, o mal humor dos políticos, o desaforado urbanismo vertical impídenos vela. Así que contentámonos con mirar a luz dos farois que paga o Concello,ou sexa nós, e que iluminan a tristura da noite. Así que contentámonos con esperar na barra dun pub, aberto ata o amencer, onde mesturamos ron e tabaco e falamos de cousas intranscendentes. Así que conténtome con mirar a túa xanela, sete pisos mais arriba e imaxinarte espida, impúdica, sola; e saberte deusa, posuidora de feitizos antigos, inmortal entre as sabas; e soñar que me podo perder no labirinto dos teus brazos e mergullarme no territorio indómito das túas cadeiras. Un día melancólico o ten calquera.

15 comentarios:

Ra dijo...

Me gusta la segunda foto...muy, melancólica...le sienta bien este estado, Raposo, sabe usted sacarle partido.
Mua

Rifo I de Zeuquirne dijo...

As veces a melancolía fainos ecribir cousas ben fermosas como a que escribes hoxe, a foto é fantástica.

Torreira dijo...

Deixa de mirar e sube raposo que a farola márcache o camiño.Apertas

X dijo...

Bendita melancolía!

paideleo dijo...

Fai caso de Torreira: sube que o non xa o tés.

Doutora Seymour dijo...

Os raposos non teñen problemas, está visto que se non poden ver a lúa chea, a imaxinan e debuxan.

Marinha de Allegue dijo...

E dous tamén...

Beijosssssss
:)

martafernandez dijo...

As fiestras dalgún piso-poñamos que se trata do séptimo-abriranse nalgún intre. Non quero dicir que así alcances a túa lúa, non marcharán os malos fumes...aínda así ¿hai algo máis fermoso que sentirse abaneado polo seu lampo? ¿algo mellor que descubrir o luar agochado nos ollos da outra persoa cando te mira? ¿quen precisa farolas se o alumean uns ollos acesos de amor?...que alguén apague esa lúa, esas farolas, esas ansias...que o resplandor do séptimo aclare toda a rúa.
Está claro que a melancolía é un mal contaxioso. Marcho antes de que o pasado me sorprenda con estos contos.
Bicos

O Raposo dijo...

Voulle facer caso a Torreira e Paideleo e un día destes subo, a ver que pasa.
Grazas polos eloxios a Ra, Rifo, X, doutora Seymour.
Marinha de allegue: e mais de dous!
Martafernandez: apago a lúa, os farois das rúas, ata a chisqueiro, e quédome coas tuas verbas. Grazas.

Nébeda dijo...

e moitos días melancólicos tamén... siempre que lo intento ha pasado ya el tranvía...

Zebedeo dijo...

Si Sr raposo un día melancólico teno calquera, ata os lobos cando aullan a luz da lúa, o no seu caso a luz da xanela dun séptimo piso.

Ninsesabe dijo...

Víctor Hugo, experto en melancolías, dicía aljo así como que "A melancolía é a felicidade de estar triste"...
Ás veces resulta ben productiva, polo que vexo.

O Raposo dijo...

Nébeda: Ai, esa lembranza sabiniana!
Zebedeo: Si, a todos nos pasa algunha vez.
Ninsesabe: Non conocía esa frase de Víctor Hugo: anotareima porque é ben fermosa.

RICARDO ARIAS dijo...

Ando navegando en vellos textos deste blog e hoxe detívenme neste. Gústame o estilo e gústame o que conta. Parabéns.

O Raposo dijo...

Ricardo arias: percórreos cantas veces queiras.
Grazas.