martes, 1 de mayo de 2007

CUESTIONARIO PROUST

Por prescrición da miña doutora preferida paso a responder o cuestionario Proust. Por suposto, todo o que aquí diga (mellor dito, escriba) negareino perante dun tribunal. Quedades avisados.

O principal rasgo do meu carácter? Moitos opinan que estou tolo e a min fáltanme argumentos para contradicilos.

A calidade que prefiro nun home? A sinceridade.

A calidade que desexo nunha muller? Igual ca no home.

O que máis aprecio nos meus amigos? Que nunca piden nada e sempre dan (a frase é de Víctor Manuel), e que me inviten as cañas de cervexa. Como vedes todo ten relación.

O meu principal defecto? Que teño demasiados.

A miña ocupación preferida? Sendeirismo, fútbol, cine, poesía, escribir e curiosear polos blogs.

O meu soño de dicha? A xubilación anticipada.

Cal sería a miña maior desgracia? Perder os catro ou cinco amigos que aínda me quedan. ¿Quen me ía invitar despois as cañas de cervexa?

Que quixera ser? Un raposo correndo polas terras de Sober con moreas de galiñas ceibes polas devesas

Onde desexaría vivir? Na ladeira dun monte no canón do Sil.

A cor que prefiro? Vermella

A flor que prefiro? A flor do toxo.

O paxaro que prefiro? O carrizo: fai uns niños moi apañados.

Os meus autores preferidos en prosa? Borges, Cortazar, Bioy Casares, Manuel Rivas, Suso de Toro, etc..

Os meus poetas preferidos? Celso E.Ferreiro, Méndez Ferrín, Borges, Manuel Rivas, Alberti, Celaya etc..

Os meus heroes de ficción? Capitán Trueno, Mortadelo, Pepe Gotera e Otilio.

As miñas heroínas de ficción? Non teño.

Os meus compositores preferidos? Sabina e Rosendo Mercado.

Os meus pintores predilectos? El Bosco, Dali, e os pintores anónimos da cova de Altamira.

Os meus heroes da vida real? Che Guevara, Salvador Allende, Crístobal Colon.

As miñas heroínas históricas? Victoria Kent, por exemplo.

Os meus nomes favoritos? Lucía, Antía, Xavier.

Que detesto máis que nada? A inxustiza e a falta de liberdade.

Que caracteres históricos desprezo máis? O fascismo, as actitudes dictatoriais.

Que feito militar admiro máis? A loita de Fidel en Sierra Maestra.

Que reforma admiro máis? As desamortizacións de Mendízabal e de Pascual Madoz (a pesares dos seus erros) e as reformas que se iniciaron na II República é que algúns cabróns non deixaron rematar.

Que dons naturais quixera ter? Poder prever o futuro (dígoo polo da lotería primitiva)

Como me gustaría morrer? Sen sufrir e sen molestar.

Estado presente do meu espírito? Desasosegado.

Feitos que me inspiran máis indulxencia? Os posibles fallos que se cometan loitando pola liberdade.

O meu lema? Estar en paz comigo mesmo (esto creo que o dixo Voltaire) e sempre en loita cos nostálxicos do antigo réxime.


Se alguén lee esto e quere seguir co cuestionario a min paréceme ben e a Proust non creo que lle moleste.
Persoalmente convido a que o fagan Moralla, Ra , Xurxocimadevila e Mouchobranco.

14 comentarios:

moucho branco dijo...

Interesantísimas respostas e interesantísimo cuestionario. Dicer que tranquilo, se perdes eses catro ou cinco amigos nos bosques da coruña os mouchos sempre convidan a cañas, ;)
Por outra parte teño que dicer que és un pouco rojillo, o que por suposto como catecúmeno me inqueda, pero farei a vista gorda por solidariedade animal.
Xa collín o testigo, e grazas polo convite... sinceiramente é un dos cuestionarios mais interesantes que topei nos blogues.

Doutora Seymour dijo...

De momento non ten de que preocuparse, o día que atope argumentos para dicir que non está tolo, entón falamos...
Por certo, na consulta sempre teño cervexas enfriando, cando lle preste xa sabe, só ten que traer algo de Cortazar.

Nébeda dijo...

eu en poetas engadiría Benedetti. e en prosa ó meu benamado Nabokov, por suposto.

Ra dijo...

Buenas respuestas. Se cumplirá, Raposo.Sólo deme un tiempo (horas? días?)para ver si Proust tiene algo que hacer conmigo.
Gracias por la invitación, y un besote

Ninsesabe dijo...

Raposo, non sexas así: se acabas coas jaliñas, a ver que vai pasar coas tortillas de Betanzos...

Xurxocimadevila dijo...

pois a ver se podo ponherme agora a facelo. por certo eso do raposo detras das galinhas ten que ser a ostia, e mais por un sitio tan fermoso como sober, máis ten coidado coas autoestradas que... o outro día deume un susto un dos teus na 120...

Brais dijo...

¿A xubilación anticipada? non creo que che solucione nada. Entendería mellor que desearas outro traballo mais en consonancia ca tua preparación ou que se adaptase mais a túa creatividade. O traballo e unha actividade económica-social e son importantes as duas facetas.
Un saúdo

torredebabel dijo...

" Estar en paz comigo mesmo". Gustame moito ese lema. Se non mo toma a mal, voullo tomar emprestado ;-)

O Raposo dijo...

Moucho branco: Terei en conta o das cañas cando explore os montes da Coruña. Agradézcoche que fagas a vista gorda pero teño que dicirche que non penso cambiar. Rojillo e republicano ata a médula.
Unha aperta.
Doutora seymour: grazas polo diagnóstico e por Córtazar non se preocupe, case lle podo levar as obras completas.
Nébeda: non quixen facer a lista moi longa, senon Benedetti tamén estaría nela, por suposto.
Ra: ten vostede todo o tempo do mundo. Un bico.
Xerei xeneroso con Ninsesabe e deixarei algunhas galiñas para esas tortillas de Betanzos.
Xurxocimadevila: Mira que llo dixen: ten coidadiño o cruzar as estradas, tenme moito coidadiño ...
Brais: a xubilación anticipada permite sobre todo ter moito tempo libre para facer o que un quere, mesmo perder o tempo. Borges falaba da boa tradición de mon facer nada, pero hasta para eso compre tempo que é o falta maiormente hoxe en día.
Torredebabel:pode usar o lema canto queira. Como xa dixen no blog non é meu, creo que escribiu Voltaire. Un sáudo dende este lado do Atlántico.

oquetencutenmedo dijo...

coidado cas galiñas que teñen unha especie de moscas planas debaixo das ás, igual que as pombas, e á minima que as molestas, sae todo o exercito en fila en pe de guerra. Eu, ainda que fose raposo...pasaba delas. (das galiñas, das pombas e das moscas...entendese. unha aperta.

O Raposo dijo...

Oquetencutenmedo: E se paso dos galiñas ¿que fago? ¿Dieta mediterránea?.

oquetencutenmedo dijo...

pois si, dieta mediterranea mollada con licor cafe...é ideal jeje. saudos

Marinha de Allegue dijo...

Gustoume o teu lema si senhor.

Beijos.
:)

O Raposo dijo...

Oquetencutenmedo: Mollada con licor café (caseiro) a dieta mediterránea mellora moito, certo é. Mais eu sígome quedando coa do pais. Saudos.
Gosto que che gostara, Marinha.