lunes, 10 de septiembre de 2007

DEDICADO OS QUE NACERON ANTES DOS 70


Fai xa algún tempo un amigo mandoume esto por correo electrónico. Eu soamente o traducín do castelán o galego e retoquei algunhas frases.

A verdade é que non sei como puidemos sobrevivir. Mirando para atrás é difícil crer que aínda esteamos vivos.
Iamos en coches sen cintos de seguridade e sen airbag, facíamos viaxes de 10-12 horas seguidas con cinco persoas nun 600 sen asentos ergonómicos e sen CD e non sufríamos o síndrome da clase turista. Non tivemos armarios ou frascos de medicinas con tapa a proba de nenos. Corríamos en bicicleta sen casco e sen freos, en motos sen papeis, facíamos autostop e subíamos a calquera coche que parara. As randeeiras eran de metal e con esquinas en pico.
Apostábamos a ver que era o mais bruto. Xogábamos a “churro va” e ninguén sufriu hernias ou dislocacións vertebrais. Tivemos pelexas por nada, mancámonos uns os outros e se nos abríamos a cachola xogando a guerra de coios non pasaba nada, era cousa de nenos e curábase con mercromina e uns puntos. Ninguén a quen acusar, ningunha lei para castigar os culpables.
Tragábamos doces a moreas e enchoupabámonos de refrescos pero non eramos obesos, se acaso algún era algo gordo e punto. Compartimos todo o que había que compartir e todo o que se puidera comer ou beber (a auga directamente do billa ou do regato) e ninguén se contaxiou de nada e se collíamos piollos na escola as nosas nais arranxábano lavándonos o pelo con vinagre quente.
No recreo xogábamos as chapas, as bolas, a coller, o rescate, a taba, chinchimonis, en fin tecnoloxía punta. Fixemos xogos con paos, perdemos mil balóns de fútbol. Cazábamos paxaros e lagartixas coa escopeta de balins e xamais houbo un accidente.
Pasabamos horas e horas na praia sen crema de protección solar nº 18 e sen táboa de surf, pero sabiamos construír fantásticos castelos de area con foso e pescar con arpón.
Pasamos pola adolescencia sen roupa de marca, sen camisetas fashion, sen botas de trekking gore-Tex, sen clases de orientación sexual, sen ximnasio, sen teléfono móbil (e non perdemos nin esquecemos ningunha cita importante), sen videoconsola, sen ordenador portátil nin liña ADSL.
Tivemos liberdade, independencia, imaxinación, rebeldía, esperanza, ambición, responsabilidade e aprendemos a vivir con todo eso. Si sodes dos-as de antes. Noraboa.
Aínda puidestes medrar como nenos-as.

23 comentarios:

Francisco dijo...

Eu nacín no 66. E xa recibira isto por email tamén. E non sei como é posible que agora os pais/nais sexamos tan medicas...

Anónimo dijo...

O francisco son eu, o náufrago. Lieime. É moi cedo.

Unknown dijo...

Eu nacín a finais dos 70 e identifícome 100% neste relato. Eramos un pouco brutiños e comparados coa xuventude de agora un pouco parvos nalgúns temas.
Lembro que tiñamos un bicicleta para dous irmáns, que comiamos iogures de fresa ou dos outros e as uvas cheas de sulfato e non morreu ninguén nin nos traumatizamos.

Outros tempos

Mararía dijo...

Eu son dun pouco máis para diante, pero recordo perfectamente que xogaba a mariola, a coller moras, e aos detectives na bicicleta, tamén tirábamos globos de auga, chamábamos a teléfonos descoñecidos e decíamos guarrerías, petábamos nas casas e saíamos correndo. E logo xa un pouco máis púberes xogábamos a falar dos mozos e a intentar falar con eles. Xa estaban as nancys, barbies, pin y pon, hotel, a illa do tesouro, .... En fin faciamos de todo un pouco. Se encontrábamos un gatiño ou canciño na rúa o recollíamos e alimentábamos (ó final sempre o levaba eu para casa e recibía a conseguinte bronca), agora eu teño perro, e cando o saco a pasear dame noxo como os pais apartan os nenos por si os morde.

Anónimo dijo...

ainda que eu non nacin nin antes nin nos 70, que nacín nos 80, creo que falo pola maioría da miña xeración se digo que en moitos aspectos me sinto identificada... tamén fixen viaxes de 12 sen aire acondicionado (pero nun renault 19), da existencia dos cds non souben nada ata case finais dos noventa... eu xogaba ao pilla-pilla e ao escondite, tamén me puxeron mercromina, tampouco tiven marca de roupa na adolescencia´, iso sí, teño botas de trecking pero quedáronme de cando fixen o Camiño de Santiago. na casa non tivemos ordenador ata hai un par de anos e móbil non o empecei a usar ata a universidade, móbil-pataca, todo hai que dicilo. non tiven portátil ata terceiro de carreira (por necesidade) e internet chegou á miña casa o ano pasado (que non vexas o que me aforro eu en pelis e cds!). e pouco máis.

pois si, síntome afortunada aínda nacendo nunha xeración xa corrompida por tanta trangallada.

un saudiño!

Anónimo dijo...

Si, a verdade é que tanto psicólogo meténdonos o medo no corpo con iso da frustración, e con tanto médico avisando de todo o que se pode coller na rúa, e con esas rúas que son autoestradas de un só carril, e con eses parques infantiles tan pedagóxicos... pois un case se alegra de verse nos xeonllos as marcas da felicidade.

Pau dijo...

Eu son do 79 e recordo con añoranza as guerras de tiratacos, as canicas (case sempre perdia)...
Nunca entenderei como miña nai me dicia que iban 8 nun 600v¿E Posible?
Grazas pola tua visita e enlace

Suso Lista dijo...

Boísimo. 1962. Creo que fomos as personas mais libres do mundo.

rosa enriquez dijo...

Do 69 Señor Raposo¡ Concordo con todo o que di. Encantoume¡ Agora a meirande parte dos nenos son pasivos. No instituto,na hora do recreo, moi poucos xogan xuntos. A maioría limítase a dar voltas ao redor do edificio e levan o mobil todo o día enriba. Alégrome tanto de ter xogado ao rescate, a ovo, pico araña, ao triquel, á comba, á goma, ao brilé, a andar en bici, a nadar no río... fumar ás agochadas, saír pola noite ao fresco para falar dos chicos ou desas cousas do amor... Un saúdo Raposo.

torredebabel dijo...

pois eu, que nacin no 73, pero tamén fala de min. Completamente!

vermella dijo...

Colleita do 66,puntos nun xeonxo por saltar unha verxa para roubar peras,caza de rás,lagartixas.Ia á praia en bici sin carril,no verán todo o día por fora,chegaba setembro e aínda a pel arrecendía a mar e area.
Saúdos e gracias pola visita.

Ra dijo...

La portada de "Triunfo" correspondiente a mi fecha de cumpleaños (allá por el 81) decía algo así como "EL FUTURO"...pero también sobreviví a un accidente en un coche sin airbag, ni CD ni faros de xenon...y jugué mucho, mucho a las canicas.
A veces me pregunto cómo sería no tener la posibilidad de localizarnos en cualquier momento. La vida en los 70 tenía ese gusto Rayuela, en el que a tantos nos gustaría anclarnos.
Bicos, Raposo.

Anónimo dijo...

Pois eu nacín un pouquiño antes, no 48, aló en Corme, un porto de mar da Costa da Morte. A carretera que conducía a Ponteceso era unha corredoira que aislaba a Corme do resto do mundo.
E dicir: un paraíso...

paideleo dijo...

Ten mérito esa xeración pero penso que aínda ten máis mérito a xeración anterior que apenas pode falar de xogos e si de traballos.
Agora todo é máis fácil pero tamén é máis caro.

Anónimo dijo...

Permitideme q diga aquelo de que non todo tempo pasado foi mellor, ata os meus netos dirán eso cando sexan avos... hehehe... O progreso é así!

Raposo dijo...

Ben, parece que o post se pode aplicar non so os que naceron antes dos 70 senon tamén os que naceron despois.
Todos e todas temos nostalxia da nosa nenez, dos nosos xogos, cando a vida era mais pura, mais sincera, mais feliz, e os soños mais fermosos. Despois chegan as complicacións, os pesadelos, o puto euribor, e xa nada volve a ser como antes. E so nos queda o recordo para retornar a infancia, esa época máxica que quizais nunca deberiamos superar.
Grazas a todos e todas por esas lembranzas.

Lúa dijo...

e que é boisimo!!!!!bicos

Mrs.Doyle dijo...

Eu emprego este texto cos meus alumnos e ás veces "flipan".

Anónimo dijo...

Xa, pero vós, os nados antes dos 70, sodes os pais e nais dos que alguén di, " corrompidos por tantas trangalladas".

Alexan dijo...

Cada tempo ten as suas características propias. Os nacidos no coarenta dirán que os do 70 son privilexiados. O que si e certo , e que agora hai unha sobreprotección. E da que pensar o que di Ana, que os nacidos nos 70 son os pais dos que agora tratan de blandengues.

Anónimo dijo...

Colleita do 57. Femia. Xogaba ás batallas de pedras. Abrín unha cella (abríronma) e ninguén se escandalizou. En Compostela, onde está o zum-zum, había prados onde cazaba saltóns e xogaba cos nenos na rúa-campo. A pesar de todo, superprotexéronme. Se non chegan a facelo, non sei onde estaría.

Anónimo dijo...

Todo iso é certo, aínda que con matices (como a roupa de marca, que xa había quen a levaba). Pero tamén é certo que é lei de vida que unhas xeracións critiquen as outras. A expresión "esta xuventude de hoxe en día..." é eterna.

Unknown dijo...

soy setentero y lo que no sé es como dejamos a los niños crecer como adultos prematuros, no hay pandillas de niños, juegos en la calle, no hay tiempo para disfrutar, no hay infancia...
y por otro lado, hay tanto paternalismo en el sistema que tanto cinto de seguridad, casco, preservativo.... debe de interesar a algunos que cunda el pánico así es más fácil controlar a la gente.La hipocondría es cada vez más común y solo se bebe agua embotellada, se utilizan dispositivos homologados, con el sello de galicia calidade o en su defecto CE, estamos apapaostiados y no por elección.