martes, 4 de septiembre de 2007

TEREMOS QUE VOLTAR

Roubáronos a alba, compañeiro.
Non lles bastaba
co naufraxio dunhas veas,
os berros que estalan
baixo os uniformes,
as sebes de aramios
onde nos arrecantaron,
case descalzos, case espidos,
trémolos entre xestos acusadores
e sen máis reino
que os propios nomes
e a pel aterecida.
Non, non lles bastaba.
Tiveron que quitarnos o suor,
a resaca, os pés do chan,
o trío de ases, a dozura,
as ilusións inxenuas dos quince anos
cando todo era tan lúdico
e tan honesto,
tanta esperanza decapitada.
Tiveron que negarnos
o lume, o pan e a sal.
Tiveron que borra-la historia
onde aprendemos a resistir.
Agora só nos queda o recordo,
a rabia, a sede de orgullo,
para remozar outra vez do po,
atopa-las nosas pegadas
e outra vez loitar
contra o vento xélido
das mesmas ameazas.
Xuntos teremos que volver a erguernos.
Pouco a pouco teremos que voltar.

17 comentarios:

Suso Lista dijo...

Asi o teñamos que facer un millon de veces. Saludos raposo

Anónimo dijo...

Eu non son un loitador, seinno, mais lendo a tua "arenga" síntome capaz.
Como di Suso, como dis ti, hai qe voltar.
Apertas, Raposo.

Ra dijo...

Amén.
Le mando un abrazo, Raposo.

A Conxurada dijo...

Un poema redondo, hai cousas que non se poden esquecer, aínda que moitos se empeñen, porque moitos outros temos eses recordos gravados a lume.

Marinha de Allegue dijo...

Certamente hai cousas que non se poden consentir polo tanto hai que "loitar".

Unha aperta.
:)

paideleo dijo...

Ogallá que este texto só fose un exercicio literario.

Torreira dijo...

E con tres ases,sempre (gustei do texto...moito)

Raposo dijo...

As que fagan falta, Suso lista.
Rafael Reyes: xa eras capaz antes, fixo.
Outra aperta para ti, Ra.
A conxurada: non se poden nin se deben esquecer.
Loitemos, pois, Marinha de Allegue.
Paideleo: non sei, pretendía ser algo mais.
Torreira: con tres ases, si, para aque non digan que vou de farol.

Anónimo dijo...

Estaba pensando en actualizar o blog hoxe antes de entrar aqui.. e estaba pensando en poñer algo pero pensaba: " para que! para falar de que o mundo e moi malo, para que todos saiban o inxenuo q fun?, falar de que todo esta perdido para que todos saiban q crín cegamente nos dogmas ideoloxicos e revolucionarios? Para que mostrar o fin da inocencia e a morte quizais dun neno para ser camellor e logo leon, que diria zarazhustra? e decidin non actualizar...
Agora entro aquí e vexo q vostede na súa poesia sintetizou parte diso dun xeito grandioso, noraboa raposo! noraboa! mais eu fagome esta pregunta que un dia me dixo "ra" no meu blog "a q volver?"

P.D. desculpen o rollo.....

Anónimo dijo...

a mellor forma de expresar as cousas as veces e como vostede fixo aco, cunha poesía, porque a poesia como dixo celaya "é unha arma cargada de futuro" grande poesia e sublime!

Mrs.Doyle dijo...

E como dixo aquel... Se hai que voltar, vóltase...

Raposo dijo...

Xurxocimadevila: Grazas polas verbas, quizais inmerecidas. E Celaya tiña razón, que conste.
Mrs.Doyle: Voltemos, pois.

Comandante Clelia dijo...

Ás veces eskézome de calkera pode atopar o meu blog, e kédome fría, pq unha éspese virtualmente case sen decatarse!

Todo ten algo que ver con todo, non confíes.

Bikos farrapeiros!

Unknown dijo...

Por desgracia demasiado actual.
Lleno de ira y sed de venganza... con mucha fuerza,muy evocador...
felicidades por su facilidad para crear paisajes en el aire.

moucho branco dijo...

se nos queda a raiba e o orgullo xa nos queda algo.... cagonsandiós!.... moi fermoso.

Anónimo dijo...

Velaquí estamos, volvendo de onde nunca imos marchar.

Raposo dijo...

Grazas pola visita, comandante clelia.
Grazas polos eloxios, ex traño.
Grazas por ese cagonsandios, moucho branco; queda ben.
grazas por estar e volver, doutora seymour.
GRAZAS.