viernes, 31 de agosto de 2007

ARREDEMO


Con evidente atraso (poñerei como escusa a consabida preguiza do mes de agosto) quero deixar constancia nesta cova da aparición no panorama musical galego dun novo grupo de rock.
O caso é que O Moucho e os seus amigos, co nome de ARREDEMO, acaban de sacar un CD co poético título de : “Nin sequera a choiva”.
Afeitos como estamos, nesta terra e nestes tempos, a canción do verán, made in Georgie Dann; o monopolio televisivo do Luar cos seus Bisbal, Pantoja, Pili Pampín, Manolo Escobar, Rosa de España, etc.; as veladas nocturnas da Sintonía, París de Noia e orquestras similares coas súas cantantes en minisaia e versións de ritmos caribeños; eu persoalmente agradezo a irrupción de ARREDEMO: rock duro galego duns tipos sospeitosos e sen maquillar.
Non me sinto cualificado para facer unha crítica en profundidade (xa o farán outros) pero anímovos a escoitar algunhas das súas cancións EIQUI.
Dito queda.

11 comentarios:

torredebabel dijo...

Graciñas polo comentario porque ao lonxe sigo este traballo do moucho nas letras que outros comentan sobre el. Apertas!

moucho branco dijo...

tio... anque as rock star só estemos autorizadas para mostrarnos sentimentais nas baladas moña que facemos para que pareza que temos sentementos, teño que confesar que estes detalles chéganme dentro.
Alégrame moito que che guste, e case tanto tamén de merecer un post neste blogue.

unha aperta do moucho, camarada do bosque!, :D

moucho branco dijo...

...por certo, non é totalmente certo que eu non me maquille, anque ben pensado que aquí a ninguén lle interesa o meu travestismo...

Anónimo dijo...

meu deusssss!!! teño oido cantar a "longa noite de pedra" de celso emilio, pero nunca así.. nunca oira ese poema tan ben versionado. vaia a miña noraboa para os músicos q desde agora vou seguir a cotío.
saúdos!

Raposo dijo...

Torredebabel: Apertas a ti, por seguir con interés o outro lado do Atlántico o que pasa nesta blogueira terra nosa.
Moucho branco: Vale, pódeste maquillar un pouco, pero sen pasarse.
Xurxocimadevila: Coincido contigo: a versión de "Longa noite de pedra" é xenial e pon a pel de galiña, case diría de moucho.

paideleo dijo...

Eu tamén gostei do aire fresco deste grupo de mouchos brancos.

rosa enriquez dijo...

Arredemo para o Moucho con esa Longa noite de pedra¡ Xa tiña ganas de escoitar o que fai. Moitas grazas Raposo. Un bico

Pau dijo...

A verdade que eu tamen estou algo saturado das Paris de Noia, Panorama, Luares e Bisbales. Un pouquiño de aire fresco nas verbenas estaría ben mais como ben sabemos hoxe por hoxe miranse os nomes e non os homes.Saudos e grazas pola tua visita

Suso Lista dijo...

Sempre co Moucho.

Anónimo dijo...

Aínda non os oín, pero se fan rock en galego e chamándose así, moi malos teñen que ser para non gustarme.
Todo o que estea nas antípodas "luareiras" benvido sexa.

Anónimo dijo...

Non soa nada mal este grupo, ainda que o cantante e bastante frouxo o meu parecer. Sorte!
Xurxo.