martes, 21 de agosto de 2007

VERSOS PARA UN ENCONTRO

Para Isabel,
fermosa loucura dunha noite de verán.


Porque coñecémonos unha noite
e esa madrugada foi nosa;
porque regaláchesme a lúa e a tenrura
sen pedir nada a cambio;
porque es morena;
porque tes poucos anos
e eso non supuxo unha fronteira,
porque mesturamos a risa co ron,
o segredo co amencer,
mentres a música soaba preto
nalgún lugar o oeste do delirio;
porque era na pel
onde se aloumiñaban as verbas
que quizais non nos dixemos;
porque os teus ollos
tan ledos, tan profundos,
eran todo un incendio, unha paixón;
porque me gustas.
Porque si.

17 comentarios:

Ricardo A. R. Arias dijo...

Os mellores versos que teño lido neste estupendo blog... Noraboa. E especialmente por iso de "porque era na pel / onde se aloumiñaban as verbas / que quizais non nos dixemos".

La queue bleue dijo...

Raposo, o poema é mui bonito (coincido co comentário anterior, do melhor que tenho lido por aqui). Quem me dera que me escrevessem um assi! :)


Só umha cousinha pequerrechinha, sem nengum ánimo de ofender e humildemente... É que nom o podo evitar e espero que nom che pareça mal mas "porque" provoca a próclise do pronome: porque me gustas.

O Raposo dijo...

Ricardo arias: Eu pensaba que o poema era mellorable nalgunhas partes e que, se cadra, me precipitaba o colgalo no blog. Agora as tuas verbas fanme pensar que quizais non me equivoquei de todo.
La queue bleue: Grazas polos eloxios e pola corrección. De feito, inicialmente tíñao escrito asi, "porque me gustas", que soa moito mellor. Non sei moi ben como rematou destoutra forma. Agora dubida se cambialo ou deixalo como está. Xa Veremos.

A Conxurada dijo...

Cando leo cousas así gustaríame por unha vez estar ao outro lado do proceso de creación, non podo evitar escribir, senón o fixese sería unha muller frustrada, neurótica e psicoanlizada...bon, neurótica si que son; pero ao tema, por unha vez quixera ser eu a que inspira un poema asi, e non sempre a inspirada.

Zerovacas dijo...

Porque si.
Eu tamén escribín un poema esta semana respostando á pregunta "por que?"

Non o lembro moi ben. Creo que era algo como "Quérote/ porque o espazo que separa/ as túas mans/ abertas/ é todo o mundo que eu precisaría/ chegado o caso".

En realidade a resposta sempre é "porque si" ¿non si? Despois dedicámoslle a darlles voltas ás cousas

xurxocimadevila dijo...

o raposo sempre sorprendendonos cada día con algo mellor! non deixes nunca de facelo. non te equivocas nunca o colgalo!
saudosss

Ra dijo...

(Voy a tener que hacerle el mismo comentario que a Zerovacas, pero me repito por una buena causa, y entonces)..."no se hable más".
La risa con el ron combina de maravilla.
Abrazo de otra noche de verano, Raposo.

Suso Lista dijo...

¡Carallo Raposo!pois ainda que sea Isabeliña, podese dar cun xeixo nos dentes, je je.

La queue bleue dijo...

Também é "porque nos coñecemos".
Soa melhor porque é como é normalmente (sem ánimo de crítica, só é como é). Mas os creadores tenhem licenças poéticas, nom é? :)
Quanto aos elógios, a culpa é tua :P

Marinha de Allegue dijo...

Versos para un encontro, Isabel ten que estar flotando...

Moi fermoso.
Unha aperta para a musa e outra para o poeta.
;)

Doutora Seymour dijo...

Parabéns para a súa musa, ao fin e ao cabo ela é a responsable dese fantántico "porque si", e camiña por cada unha das letras de cada verso como dona súa (e súa) que é.

ekis1331 dijo...

Fermosos poemas, deixa un pouco de inspiración para os demais carallo.

X dijo...

Non ía escribir nada ante a unanimidade, mais quero seguir paseando cómoda polo seu blog e, polo tanto, procedo a darlle a miña opinión que sempre pretende ser amable.
Para min son dos peores versos que teño lido no seu blog, excesivamente almibarados e simples. Non lembro quen dixera aquilo de que é desamor é moito máis creativo que o amor e que do sufrimento agroman as mellores obras. Quizais sexa este o seu caso. Con todo, entendo que a provocadora do asunto o adore, porén, eu prefíroo menos adozado.
Saúdos.

O Raposo dijo...

A conxurada: o mellor xa o fuches e aínda non o sabes.
Zerovacas: lendo o teu poema lembreime dunha canción de Rosendo: "No hay sitio que controles mejor que lo que abarcan tus brazos".
xurxocimadevila: Seguirei, pois, xa que insistes.
Abrazo para ti tamén, Ra.
Suso lista: non oh, que despois ten que ir o dentista. E son moi caros, os dentistas digo.
Grazas unha vez mais, la queue bleue.
Marinha de allegue, doutora seymour: trasmitireille a musa esas apertas e parabéns.
Ekis 1331: Grazas e non te preocupes, deixoa case toda.
X: tiñas que ter lido a primeira versión que fixen. Esa si que era cursi. Con todo non che falta razón e un sabor excesivamente dulzón percorre o poema. Pero, ou non quero ou non sei como melloralo.
É moi certa a frase de que do sufrimento salen as mellores obras. Exemplos hai dabondo.
Curioso esto dos versos: poden gustar moito ou nada. Creo que foi Pere Gimferrer quen escribiu que o mais importante dun poema era que non deixara indiferente. Neste caso parece que é asi. Xa que logo, valeu a pena.

Tamara dijo...

Ista locura de verán é basada nunha historia real???

O Raposo dijo...

Tamara: ¿ti que cres?

paideleo dijo...

O verán dá para muitas paixóns anque este verán non semella verán.
Os poemas de amor poden ser máis simples e empalagosos pero teñen esa alegría de corazón que anima a bailar, cantar, sorrir e vivir.