viernes, 24 de agosto de 2007

PRECAUCIÓNS


A casa tiña moitas portas pero eu metinme pola mais pequena. Podía telo feito de día e entrar pola principal despois de deixar o coche no aparcadoiro, subir de vagar pola escalinata, chamar o timbre, esperar que chegara o mordomo, saudalo cun sorriso de orella a orella e, de vagar, deixar a chaqueta no gardarroupa e seguilo ata o salón grande onde me xuntaría con demais invitados. Pola contra esperei que fora noite pecha para chegar a pé, buscar e atopar unha porta mais afastada e mais pequena, a desmán do ir e vir da xente, con coidado de que ninguén me vise. Tiven a previsión de pór luvas antes de forzar a pechadura e entrar rápido e silandeiro. Eran estas precaucións necesarias tendo en conta o que ía que facer.

8 comentarios:

xurxocimadevila dijo...

"no meio do caminho havia uma pedra..." drummond

X dijo...

Isto ponse interesante :D
(estupenda foto)

Mrs.Doyle dijo...

Cóntenos o final...

Doutora Seymour dijo...

Todo moi, moi, moooi sospeitoso... únome á petición (con aleivosía e nocturnidade) de Mrs. Doyle.
(Non esqueza levar un gorro tamén, e non deixe cigarros apagados en ningun sitio, e non estaría de máis que cubrise o calzado cuns calcetíns de quirófano...)

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Que será iso tan misterioso?, siga que isto promete.
saudiños

Ex Traño dijo...

allanamiento de morada, con premeditación y alevosia, conspiración para delinquir?
intriga al máximo, falta un redoble de tambor...
pero no nos haga esperar más, que va a hacer?

RICARDO ARIAS dijo...

Gústame o texto, e estou seguro que o noso raposo sería quen de darlle unha continuación interesante... mais eu votaría por deixalo así. Deste xeito cada quén lerá unha historia diferente; o misterio é mellor... penso eu.

O Raposo dijo...

Tomo nota das recomendacións da doutora seuymour, que non están de mais.
En canto a continuación do texto coincido con Ricardo Arias e penso que o vou deixar asi. Desta forma cada quen pode elexir o final que mellor lle pete. O fin e o cabo o futuro non está escrito.
Apertas a tod@s.