lunes, 17 de septiembre de 2007

GRAZAS


Pola imaxinación, porta de amplos horizontes,
polo voo dos paxaros polo cal os homes
desexaron con ansia inventar o avión,
polos castelos feudais de Gran Bretaña,
polas ruínas de Montsegur,
polo sol, astro de deuses e que nos guía tamén a nós,
por
Bertol Brecht, Sócrates e Walt Wyman,
por
Castelao e Novoneyra,
pola táboa salvadora dos náufragos,
polos berros do recen nacido,
pola palabra liberdade,

pola muralla de Lugo
polo peixe e o verde da esmeralda,
polas augas do río Sil,
polo home de Cro-Magnon
que quizais fixo unha apoloxía do lume,
polo balbordo da tormenta,
polo labirinto do
minotauro,
polo amencer,
polo sinal da Cruz,

polo encaixe de Camariñas,
pola primavera nos pobos pequenos,
pola neve que viste de brancura as montañas,
por Colon e o vixía que berrou “terra”,
polo val e o regato,
polo común da pedra,
pola profundidade do tempo,
por Einstein e Moby Dick,
polo alfa e o omega,
polo vento e o orballo,

pola ollada escrutadora dos falcóns,
pola ciencia dos druídas,
polas civilizacións perdidas,
pola noite, descubridora de estrelas,
polas estrelas, celosas vixiantes da noite,
polo recordo do que sempre nos valemos
para eloxiar tempos mellores,
pola sangue e a forza,
polo futuro
mais difícil do que se cree
pero menos importante do que se pensa,
polas pirámides de Exipto,

pola
cerámica de Gundivós,
por unha historia esquecida o longo dos séculos,
polo arroz e o mel,
polo primeiro xoguete dun neno,
pola voz de García Lorca,
polo tímido Guadiana e o arte de Picasso,
polas chaves que abren os cárceres,
pola compresión,
pola profunda timidez do que nada ten,

polos
moais da illa de Pascua,
por
Giordano Bruno a que condenaron
a morrer no fogueira por defender a verdade
polo son das campás,
polo tigre e a curuxa,
pola augardente de herbas e o rock,
por Santiago de Cuba e o Caurel,

polos faros da Costa da Morte,
pola soidade e o amor,
polas follas dos carballos,
polos camiños que gardan o segredo dos pasos,
polo sono e o tictac do reloxo,

polo pé que por primeira vez
pisou o po milenario da Lúa,
pola magnitude deste universo,
por estas verbas que agora escribo
e polas que deixo sen escribir,
por deixarme dicir: “Grazas".

30 comentarios:

Noa dijo...

non sei a qué ou quen llas dás... pero meréceas.

Anónimo dijo...

-Polo sinal da Cruz.¿Qué Cruz?
-Por Colón e o vixia que berrou "terra".Preguntallo os descendentes de aquelas culturas que estaban nesa terra, ós que lle levaron o sinal da Cruz e aínda levan o seu peso nas costas.
-A pegada de Amstrong, pois non houbo imaxes da chegada do home á lua, preguntarllo a Kubrick.
-PD.Non quero reventar nada.

Unknown dijo...

Sobre todo polo o amor e a imaxinación, tamén por ti

Alexan dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Alexan dijo...

Grazas, si, por moitas cousas fermosas é polos grandes poetas. Pero dor tamén polos sufrimentos que viñeron despois de que o víxia berrou terra e campou as suas anchas Castela ea sinal da Cruz.
Grazas, a ti polos teus fermosos textos.

rosa enriquez dijo...

E eu preguntando pola felicidade... Grazas Raposo por todas estas razóns para estar contenta. O sol, sen ir máis lonxe. Imaxina vostede que un bo día non aparecera máis? Encantoume. Bicos

Raposo dijo...

Noa: se fora crente diría que a Deus, pero non o son.
Ana: pois si, polo sinal da Cruz (coas suas luces e sombras) que creou a Inquisición pero tamén a Catedral de Santiago de Compostela, a Santa Sede pero tamén a Teoría de Liberación, o poder e a corrupción pero tamén o labor impagable dos misioneiros.
Colón non buscaba a conquista senon descubrir una terra, una nova ruta, melloras nos campos científicos e xeográficos. E o berro do vixía e un berro dun sono que se cumple. O demais, o lamentable, veu despois. Tódolos imperios fan abusos e España non ía ser unha excepción e o que fixo coas tribos indíxenas é indignante, pero polas malas noticias non mates o mensaxeiro.
E a pegada de Amstrong na Lúa é un dos símbolos do século XX, que representa un dos mais importantes avances tecnolóxicos. Non sei que ten de malo.
Mueja: si, sobre todo polo amor. Grazas tamén a ti pola visita.
Apátrida: dígoche o mesmo que a Ana con respecto a Colón, o vixía e a Cruz.
Rosa enríquez: Wenceslao Fernández Florez escribiu un arrepiante relato no que o sol de repente deixa de verse e a terra queda nunha escuridade total. Bicos.

paideleo dijo...

Parece que toca volta á escola e repasar todo.
A verdade é que temos que dar gracias por estar vivos e poder deafrutar deste mundo coas súas cousas boas e non tan boas.
Graciñas por lembrárnolo.

Raposo dijo...

Paideleo: si, de todo ten que haber nesta viña do señor, nunca mellor dito neste tempo de vendima.

Mararía dijo...

Grazas a ti por dar tantos motivos. A veces un olvídase da insignificancia da existencia. Un saúdo.

Fada Branca dijo...

Que coisa tan preciosa, gustoume moitu o teu posts, ir leendo e atopante tamén coas fotos... precioso, treronme moitos recordoes, lembra que esta fada galega está emigrada en burkina faso (ou non será burkina faso, o caso é que amin pareceme moi, moi, moi lonxe dos meus bosques galegos)

Raposo dijo...

Silvana: grazas a ti por visitar esta cova.
Fada branca: Si que está lonxe, si. ¿Hai carballos en Burkina Faso? Do viño de mencía ou godello xa nin che pregunto. Espero que non votes moito de menos os bosques galegos, tan máxicos eles.
Saudos.

Fada Branca dijo...

Se es galego e estas lonxe, sempre sempre a votarás de menos, é imposible non facelo ou tan sequera tentalo meu raposo. Decidin parar nestes lares para poder manterme en contacto coa lingua tan sequera, pero estoy descubrindo un mundo moito mais incrible, encantame, e aqui me tes, contando contos e susurrando historias

Suso Lista dijo...

Olé. Gracias a tí tamén. Saludos moi saludosos

busto.agolada dijo...

Hoxe acabo de descubrir o teu blog. ¡Como me gusta! Terás unha ligazón no meu e estarei por aquí a miúdo.
Compartimos o amor pola poesía e de seguro que moiotas outras cousas.
Hoxe é un día ledo. Grazas a ti.

Raposo dijo...

Fada branca: E nós esperamos seguir lendo esas historias.
Suso lista: Non se merecen. Saudos.
Busto.Golada: Benvido a esta cova, hoxe e sempre.

torredebabel dijo...

gustame moito facer isto mesmo, dicir de cando en vez gracias á xente polos motivos mais diversos. mágoa que sexa un costume en desuso. Co bonito que é.

Anónimo dijo...

O mellor xeito de dar as grazas e gozar de todo iso que enumerou vostede, e máis alá...

Laurindinha dijo...

Conseguiches coas túas palabras algo que cría impensable nesta tarde de fins de setembro, que me erga con ganas de percorrer o mundo... e como é noite, e non teño forma de desprazarme moi lonxe, penso que irei dar un pequeno paseo...
Grazas pola vitalidade que imprimeches no teu poema, e que eu recibo por telo lido... Bicos!

Raposo dijo...

Torredebabel: Si, grazas é unha palabra que quizais había que usar mais a miúdo.
Doutora seymour: gozemos, pois.
Laurindinha: So por eso valeu a pena escribir o poema. Que disfrutes do paseo. Grazas e bicos.

Anónimo dijo...

Xenial. De todo o que levo lido neste blog, quédome con este poema. Eu digo: grazas.

Raposo dijo...

Naúfrago: vindo de ti agradécense ainda mais eses eloxios. Grazas.

Marinha de Allegue dijo...

Canta gratitude, claro que si, e GR A C I A S a ti polas túas palabras.

Unha aperta de gratitude.
:)

Anónimo dijo...

¿E o viño?...O ler o teu poema, que me gustou, coma sempre, acordeime, sejuramente porque esperaba atopar unha referencia ó viño, dunha canción que lle escoitei fai moitos anos (logo comprei o disco) a un grupo folk chamado, precisamente,Vino Tinto. A letra era de Horacio Guarany e, podes atopala aquí
Titulábase Volver en vino, e empezaba así:

Si el vino viene,
viene la vida.
Vengo a tu viña,
tierra querida.
Quiero morirme cantando,
bajo tu parra madura
y que me entierren al alba,
regao de vino mi tumba

Raposo dijo...

Marinha de allegue: grazas a ti por esa gratitude.
Ninsesabe: pois claro que podía nomear ó viño, sobre todo porque na miña zona hai moi bo mencía, viño de Amandi, seguro co coñeces.
O bo deste poema é que non ten remate e podía seguir dando grazas por unha morea de cousas: o viño de Amandi, o primeiro balón de fútbol, o primeiro bico, o gran cañón de Colorado ou a festa da lamprea. Afortunadamente, hai tantas cousas para dar as grazas!
Apertas.

Anónimo dijo...

Mellor lle fora os indixenas americanos que non os descubrisen. E colón si que conquistou terra nada máis chegou, o q pasa é que conquistou america e non o oriente que era o que el cría atopar. O sinal da cruz non creou nada diso, foron os homes e mulleres explotados polos que se escudaban no sinal da cruz... a catedral de santiago fixose por intereses dos reinos europeos para loitar contra os mouros (máis avanzados todo hai que dicilo). non é o que españa fixo, senón o que occidente aínda fai co seu expolio os mais pobres do mundo: non hai perdón cando non se cambia. moitos dos avances tecnoloxicos xurdiron das guerras, por ex. a aspirina do asasinato dos xudeos. As veces o progreso ten uns custos que nin imaxinamos e q non son gustosos sempre de soportar.

Eu tampouco quería reventar nada. Vexoo moi devoto ultimamente
xD

Raposo dijo...

Xurxocimadevila: Pois non che son nada devoto pero entendo que tódalas cousas deste mundo teñen aspectos positivos e negativos (quedarse só cun dos lados e ser limitado na visión, un dos primeiros pasos para caer no fanatismo) e polo que se le,e afortunadamente, este poema tamén.

Anónimo dijo...

os sofistas acostuman chamar fanáticos a quen os rebate, algo moi visto nos ultimos tempos.

Raposo dijo...

Cando citei o fanatismo facíao en sentido xeral. Espero que non te sentiras aludido.
Apertas.

Anónimo dijo...

se falas comigo e me dis iso supoño q mo dis a min, pero bueno agora entendo que era unha reflexion en xeral.