lunes, 10 de diciembre de 2007

DE CUMPLEANOS


En novembro do 2006 quen esto escribe estaba de baixa laboral: problemas de lumbalxia. Así que dediquei parte do moito tempo libre que tiña a fedellar pola rede e descubrín o blogomillo. Primeiro fíxome gracia o nome, despois fisguei polos blogs. A maioría deixábame indiferente pero algún que outro debía ter algo especial porque me sorprendía volvendo a el o día seguinte e relendo post xa coñecidos.
Lembro que Moralla (hoxe desaparecido) foi o primeiro blog que anotei como interesante. Despois foron aparecendo outros: O niño do moucho, Cómputo de fantasmas, Outras lerias, De Pantón a Compostela ....
Case sen darme conta tiña xa dúas ducias de bitácoras que visitaba a cotío e case sen darme conta atopeime intentando deseñar o meu primeiro blog. A idea era escribir sobre fútbol, mais que nada para poñer a parir os árbitros. Non me debeu satisfacer moito porque pecheino os 10 días.
Despois de outro intento errado, o 8 de decembro surxe A cova do Raposo.
O que inicialmente ía ser un espacio para poesía converteuse co paso de tempo nunha cova na que ten cabida case todo, seguindo a máxima de: diversifica a inversión para reducir o risco.
O que inicialmente ía ser cousa de 3 ou 4 meses foise alargando no tempo sen saber moi ben como e encóntrome agora (eu que non gusto destas celebracións) festexando a miña maneira ( e con dous días de atraso porque nunca me lembro destas datas) este primeiro ano de vida.
63 post: xa sei, non son moitos pero esta loucura non da para mais; algúns deles ademais perfectamente prescindibles pero como dixo José Carlos Beltrán: “Nada se ha escrito para el olvido”. Facendo estadísticas comprobo que me deixastes case 900 comentarios (que se agradecen), moitos deles moi reflexivos e atinados (que se agradecen aínda mais).
Para sorpresa miña decátome da fidelidade de algúns-as que aportaron mais de 30 comentarios: estou pensando un rifar entre eles un apartamento en Torrevieja, Alicante (lin a semana pasada que este era un dos premios que daba aquel mítico concurso de TV dos anos setenta: Un, Dos, Tres).
Ben, amigos e amigas, gracias por visitar esta cova, que xa é a vosa; por deixar comentarios ou non deixalos; polos ánimos e os eloxios, e polas críticas que tamén as houbo; por compartir este medio cada vez mais vivo.
Non sei canto tempo aguantarei nin se chegará un segundo aniversario, pero mentres tanto o Raposo, desde estes montes galaicos, saúdavos agarimosamente.

(E todo por unha lumbalxia).

53 comentarios:

Silvana dijo...

Felicidades por este ano.

Ángeles Mallo dijo...

Parabéns,e erpero que sexan moitos máis da gusto lerte.Bicos

Veca dijo...

Espero que haxa segundo aniversario e moitos máis.

Sun Iou Miou dijo...

As enfermidades teñen o seu lado bo: dan para pensar e cismar, ás veces mesmo para soñar (^_^). E, por favor, non me inclúas no sorteo: non aspiro a ter un apartamento en Torrevieja e se me tocase igual dou en especular con el, co que lle quite merco predios e así, por unha parvada destas, vólvome rica e farruca e acabas quedando sen unha comentarista. Ten xuízo.

Xaime dijo...

A bon seguro que sempre terémola cova para agocharnos.
Parabéns e coidadiño que segundo lín hoxe no gratuíto de luns a venres os raposos son das especies máis emblemáticas dos montes (diría eu blogs) galegos, pero, xa sabe, son unha peza cobizada polos cazadores de peles.
No Saviñao o día 15 contra das cacerías de raposos.

martafer dijo...

¿E agora quen son eu para recomendar masaxes para as lumbalxias?.
Felicidades e bicos

martaf dijo...

E sorte que tes se non pubrico hoxe 20 comentarios para compretar o cupo e participar no sorteo

Suso Lista dijo...

Nonn sei se leerias tamén, que a quen lle tocaba o apartamento, tiña que vendelo pra pagar os impostos, je je. Feliz cumple, e vaille dando

O Raposo dijo...

Agradecido, Silvana, Angeles mallo, Veca.
Sun iou miou: Fixéchesme recapacitar. Podo quedar co apartamento e así especulo e enriquézome eu. Para que darlle os demais traballos que pode fácilmente facer un!
Xaime: Haberá que ter coidado, pois. Ultimamente os cazadores andan un pouco alporizados e co dedo do gatillo lixeiro. Por sorte nós somos escurridizos dabondo.
Martafernandez: Non só podes recomendalos (os masaxes) senon que eu preséntome voluntario para recibilos.
Suso lista: Pero xa daquela había problemas cos impostos! Seguireille dando.

Silvana dijo...

Raposo, Raposo, xa vou falar eu cos da Axencia Tributaria, que che fagan unha comprobación (xeral, non a limitada), estarei a espera de haber qué encontran.

Estou pensando eu, por aquelo de darche ideas, que igual era bo que meteses os ingresoso en Perexil, ou en Guantánamo, que alí tampouco deixan rastro.

(No Reino Unido non, que xa saiu estes días que cambian o sistema fiscal: agora os ingresos producidos polas actividades realizadas fora do Reino Unido tributarán por unha cantidade fixa anual, jaja).

Vanessa de Santiso dijo...

Un ano, que non é pouco. O que ben empeza...Parabéns, raposo.

FraVernero dijo...

Es un raposo sedentario. Agora que ocupamos a cova, sería bo que a fosemos decorando con pinturas murais, incluíndo unha túa, a dúas cores, vermello e negro...

O tempo pasa rápido, eh? A mín aínda me parece onte cando descubrín o que era un 'blog'. E xa pasaron 3 anos. Co que comeza, catro...

A Conxurada dijo...

E que unha lumbalxia da para moito, e que agradecida estou eu a ela, jeje.

A Conxurada dijo...

Que dure o que teña que durar(pero a porder ser que sexa moito).

A Conxurada dijo...

Como podes observar estou intentando entrar no sorteo do apartamento, jeje.

Parabéns, e un bicazo.

O Raposo dijo...

Silvana: Perexil non, alí só hai cabras, e en Guantánamo creo que dan mal de comer, nin churrasco, nin polbo á feira, nin lacón con grelos, nin ostias. Bueno, ostias si, as que queiras.
A min faláronme ben das illas Caimán, Dominica, Bahamas. As Seychelles tampouco están mal.
Vanessa de santiso: Dice un veciño meu cambiando un pouco o refrán: "O que ben empeza remata ben, se cadra". Pois eso.
Fravernero: O tempo pasa rápido porque non se para a falar a con ninguén. E o das pinturas na cova ,non sei. Para eso xa temos Altamira, listón que non seríamos quen de superar. Mellor deixala estar.
A Conxurada: vas por bon camiño. Segue asi.
Apertas a tod@s.

busto.agolada dijo...

Non sei se chego tarde para apuntarme na rifa do apartamento. En calquera caso, que saibas que cun paso detrás doutro has chegar ao segundo ano e moitos máis.
Pásache coma a min, tes a síndrome do blogueiro, non sabemos o que imos durar porque dubidamos de nós mesmos, do cansazo, de estarmos pendentes da rede, de ler os comentarios, de ler aos demais... Crea unha certa dependencia. É moi fermosa, pero é unha dependencia. Eu noto que teño horas de optimismo e horas baixas. Algún día quero deixar materia para os seguidores deste enredo e non me noto con azos, outros rebordo de ideas, de ganas e de ilusión. Esperemos que nos dure a todos, porque é bo para Galicia, para a lingua galega, para culturizarnos, para facermos amigos.
Eu levo tempo dándolle volstas a unha idea que me gustaría madurar con outros blogueiros para buscarmos puntos comúns e facer fortes os contactos e as ligazóns que xa nos unen no ciberespazo. Seguiremos a madurar na idea.
Mentres tanto, ánimo, felicidades por ese ano. Eu cúmproo mañá. E que veñean moitas máis novas.
Apertas.

vermella dijo...

parabens e mira ti por onde ten sentido o de que "non hai mal que por ben non veña",por certo tiveches un blog de fútbol!,non sei como sería pero de certo que en esta cova na que se pasa da poesía a reflexión,das fotos as curiosidades xa metiches máis dun gol,lembra son o 18 para a rifa.
bicos.

O Raposo dijo...

busto.agolada, vermella: Grazas polos ánimos e parabens que axudan a seguir.
Parece que ten éxito esto do apartamento; estou pensando en dar tamén un perrito piloto como premio de consolación.
Apertas.

occam dijo...

Parabens!!!!


Por certo se ves que tes problema co do apartamento suxírote que o poñas en multipropiedade entre os que pasamos por esta cova

moucho branco dijo...

Igual que as grandes ideas, os grandes blogues nacen de casualidades... mesmo de casualidades desafortunadas.
Que siga vostede moitos anos mais bloggeando!

un saúdo de un moucho moi agradecido pola mención, :)

peke dijo...

Parabéns por este aniversario. Veña a polo segundo!

bagoas insomnes dijo...

ai males que traen consigo novas curas!
Felicidades.
No meu caso foi todo por culpa do insomnio, jiji

eu tamén boto de menos a moralla!

APÁTRIDA dijo...

Parabéns por este ano, no que disfrutamos da tua poesía é de fermosos relatos.
Unha aperta

milonga dijo...

pois como me aledo da túa lumbalxia, porque o certo é que me encanta pasarme pola túa cova e o blogueo non sería o mesmo sen ela...

parabéns e que cumpra ou non moitos máis, como che vaia apetecendo...

Pau dijo...

Noraboa e a por outro más

O Raposo dijo...

Occam: o da multipropiedade tamén pode ser unha opción, si.
Bágoas insomnes: Viva o insomnio, esa outra forma da lucidez.
Moucho branco, peke, apátrida, milonga, pau: grazas e intentarei seguir dando a tabarra desde a cova.
Grazas a tod@s.

Mer dijo...

Parabéns!!
A cova vaise amoblando e cada vez reconforta máis aos que te visitamos.
Bicos de aniversario, con tirón de orellas incluído.

Ex Traño dijo...

Parabens polo aniversario....
grazas por andares por ahi, moitos pensamos non durar tanto e derrepente xa vai ala...
pero sobre todo segue a destilar ese licor de poesia que fas no alambique furtivo da tua cova, que esta tan bo coma o Licor Kafe da casa....
apertas

O Raposo dijo...

Mer: acepto eses bicos, e ata ese tirón de orellas si non queda mais remedio, claro. Grazas.

Extraño: meu pai era augardenteiro, sabes; asi que pode que algo de alambiques e destilación se me pegara. Apertas.

ekis1331 dijo...

Eres un bó tío. Noraboa polo blog e que cumpla moitos máis. Apertas.

automator79 & Robotron dijo...

¡Moitas felicidades por este ano!

Agradezo non chegar ata aquí na época do fútbol, nese intento frustrado do primeiro blog, e facelo agora, neste espacio para os pensamentos (o "deporte rei" non foi nunca un dos meus fortes).

¡Adiante!

cave canem dijo...

Pois o raposo xa ten máis vida da que o can xamais terá. Parabéns.

O Raposo dijo...

Ekis 1331: Eu non estaría tan seguro, pero grazas.

Automator79&robotron: vaia, vaia, asi que non eres futboleiro. Ben, como decían nunha famosa película: "Ninguén é perfecto". Apertas.

Cave canen: pero pode vostede reencarnarse nun canis lupus signatus, por exemplo, porque a biolencia xamais remata de todo.

paideleo dijo...

Noraboa. E que sexan máis !.

O Raposo dijo...

Agradecido, Paideleo.

Torreira dijo...

Nestes tempos,sempre chego tarde ás celebracións.Apertas e parabéns raposo!.Benvido ao clube dos lumbalxistas enganchados ás verbas na folla en branco!.

O Raposo dijo...

Grazas, Torreira, teño que recoñecer que despois de Moralla "Outras lerias" foi o segundo blog que anotei como interesante. Así que en certa forma vostede tamén é culpable de que se me metera este verme blogueiro no corpo.

Rifo I de Zeuquirne dijo...

Parabéns raposo, estas cousas empezan así, un pouco sin saber ata onde se vai chegar e mira ao final ti levas xa un ano, o outro día estivemos no aniversario de valdeorosa, e por curiosidade fun mirar cando era o meu e mira ti que xa é para o mes que ven.
Por certo como son unha asidua a túa cova, supoño que tamén entrarei no concurso, Xa me estou imaxinando estroxada ao sol de ¿onde era?...
Unha aperta

O Raposo dijo...

De Alicante, Rifo, de Alicante. Vaite preparando e grazas.

FraVernero dijo...

Carallo... e xa vas polos 40, non anos, espero, (afortunadamente, que xa terás tempo de chegar alá, ti e maila bitácora) senón comentarios...

Corenta e un agora...

Anónimo dijo...

Espero non chejar tarde para o sorteo do apartamento. Eu faría como di Suso que facían daquela: vendelo, porque non cambio Torrevieja nin todo o Mediterráneo xunto pola ría de Corme...Cos cartos, ¡percebes para todos!

Ninsesabe dijo...

O anónimo veño sendo eu...
Non me prejuntes que carallo fixen.

Chousa da Alcandra dijo...

Boeno, quen chega tarde para a rifa vou ser eu. Con todo, súmome ás felicitacións.
Eu tamén fixen varios pinitos blogueiros antes. De momento A Chousa está resultando ser o máis prolífico. De igual xeito que di Busto, non sei canto tempo seguirei sachando nesta horta; pero mentras o fago disfruto debullando a espiga dos meus e dos vosos pensamentos.

Unha apertas

Marinha de Allegue dijo...

Mereceu a pena a lumbalxia...

P A R A B E N S!!!.

Beijosss.
:)

Fada Branca dijo...

Felicidades, e que estea vostete moito tempo mais entre nos

Silvana dijo...

Este Raposo, tenos desde hai sete días sin nada, éste o mesmo cumpriu o ano e a palmou.

Espero ter noticias pronto, senón avísame que vou encargando o ramo.

Un saúdo.

doutora seymour dijo...

Chego tarde, seino, pero mándolle ración triple de parabéns.

O Raposo dijo...

Silvana: xa sabes com son estas resacas de cumpleanos; de momento o ramo non fai falta.
Grazas a todos-as.

Zeltia dijo...

Raposiño de fermoso rabo, (e que ninguén lle de por imaxinar cousas, que é que todos os raposos teñen un rabo bonito)parece que escollín o aniversario para visitar o teu blog, se xa ten un ano, e moito o que hei ter que ler, de momento o que levo visto gustoume. Eu teño unha chea de blogs en "favoritos", e non dou feito a ler!, as veces pásame coma a Busto, que me digo, esto non pode ser, xa levo duas horas aquí pegada a silla!, pero e que o mais das veces resultame proveitoso, ou entretenido ou admirable... que bueno, todo esto para decirche que encontrei a tua cova, e se cadra busco agarimo nela cando pase por aquí.
Coidadiño raposo, cos cazadores de corazón de pedra.

O Raposo dijo...

Benvida, Zeltia: grazas pola visita e polas verbas (comentario do rabo incluido).
Pásate por aquí cando queiras, a cova ésta sempre aberta.
Bicos.

X dijo...

Tamén eu chego tarde, inclúome no sector admirador e crítico e gosto de volver fundamentalmente por tres razóns, porque ás veces atopo cousas coas que me identifico, porque noutras ocasións atopo cousas que me fan pensar e porque outras visitas me ofrecen beleza.
Parabéns e saúdos.

zeltia dijo...

Pois máis de tres anos despois... paso por aquí, again!
parece que con altos e baixos, pero aquí seguimos enganchados!