lunes, 17 de diciembre de 2007

MEME MUSICAL

W. Sobchak convidoume a escribir un meme cos 10 mellores discos da historia. Tarefa esta moi difícil senón imposible. Para que sexa mais doada a elección vou a centrarme nun período, na década dos oitenta, a época dourada da música nacional. Nada foi igual dende entón, nin se repetiu a eclosión musical e talentosa de grupos e artistas que agromaron naquel momento: cantautores, movida madrileña, rock radical vasco, heavy, punk, movida galega, etc.
Nomeo, pois, algúns dos solistas e grupos que me gustan desa época relacionándoos con un disco deles. Por suposto que hai ausencias destacadas pero 10 é un número finito e os que están si que son.



JOAQUÍN SABINA: Malas compañías, 1980.
Cantautor urbano por excelencia compuxo algunhas das mellores letras das tres últimas décadas. Cantante, letrista, poeta, crápula, animal nocturno de verbo fácil, caveira, transgresor, republicano, amigo do toreo, da nicotina e das noites nas que lle levanta as faldras á lúa. Dende logo que non é o seu mellor disco pero nel están dúas cancións imprescindibles: “Pongamos que hablo de Madrid” e a impresionante e opresiva “Calle melancolía”.


LEÑO: Corre, corre, 1982.
Foi no ano 77 cando Rosendo, cansado das excentricidades de José Carlos Molina, deixou Ñú e con Ramiro Penas e Chiqui Mariscal (que pronto abandonaría entrando no seu posto Toni Urbano) forma Leño. Uns anos despois eran o grupo de rock con mais carisma do territorio nacional.
No 83 despois do final da xira “El rock de una noche de verano” de Miguel Rios (na que participou xunto cunha rockera que empezaba, Luz Casal) Leño desfíxose cando estaban no mellor momento da súa carreira. Atrás quedaban 3 discos, 1 directo, e 7 ou 8 singles. E empezou a lenda.


MIGUEL RIOS: Rock and Rios, 1982.
Situou o rockero de Granada no cumio da súa carreira. O rock en España non se podería entender sen a aportación deste andaluz universal.
Un máxico e electrizante inicio con “Bienvenidos”, cancións míticas como “Himno a la alegría” ou “El río”, baladas como “El blues del autobús”, bon acompañamento con un fenomenal Sergio Castillo a batería, ou as guitarras de García de Diego, Jhon Parsons e Salvador Domínguez, fan deste doble Lp posiblemente o directo mais importante da historia do rock español.


ILEGALES: Ilegales, 1982.
O rock asturiano irrompeu con forza no territorio nacional con esta banda liderada por Jorge Martínez e que amosa o seu mellor esplendor nos directos, letras ácidas, guitarras potentes e cun Jorge en plan gurú irreverente criticando entre canción e canción todo o que se move.
Tanto neste álbum como no seguinte “Agotados de esperar el fin” atópanse as cancións mais emblemáticas da banda.




SINIESTRO TOTAL: Menos mal que nos queda Portugal, 1984.
Como non lembrarse deste grupo vigués de punk-rock que liderado por Xulián Hernández e Coppini, con letras divertidas, cachondas e ata surrealistas agromou como un sopro de aire fresco no panorama musical galego.
Este é o seu terceiro disco, atrás quedaba un xenial "¿Cuando se come aquí?" do 82, e "Siniestro Total II: El regreso" do 83, que me parece algo inferior os outros.



BARÓN ROJO: Barón al rojo vivo, 1984.
Liderado polos irmáns De Castro o mellor grupo de heavy metal hispano publica esta dobre LP en directo (como colofón os tres exitosos discos anteriores). Cancións como “Campo de concentración”, “Tierra de vándalos”, “Los rockeros van al infierno”, “Con botas sucias”, son himnos para as hordas heavys.




RADIO FUTURA: La ley del desierto, la ley del mar, 1984.
Son os máximos exponentes do rock latino, un grupo que explorou novos horizontes e novos sons que despois outros copiarían. Para min este é posiblemente o seu mellor traballo cunha presada de moi boas cancións entre as que destacan “Escuela de calor” e “Semilla negra”.




LA POLLA RECORDS: Revolución, 1985.
Dentro do chamado rock radical vasco La Polla Records é un dos grupos mais representativos, xunto con Hertzainak, Kortatu, Cicatriz e Eskorbuto.
Alimentándose sobre todo do punk (grupos como Sex Pistols ou The Clash) as súas letras (tanto as deste disco como as do anterior, Salve) son auténticos puñetazos nos fociños, e amosan o desencanto dunha xuventude vasca inmersa no paro, na marxinalidade e na droga. Crítica directa o estado, a igrexa, a policía, en definitiva o sistema. Todo eso con altas doses de ironía e sentido común.


ROSENDO: Loco por incordiar, 1985.
Rematada a historia de Leño, Rosendo inicia no 85 a súa carreira en solitario con este LP que contén pezas tan memorables como “Agradecido”, “Loco por incordiar”, “ Pan de higo”. Rock guitarreiro e contundente, voz rota e augardentosa, a sinxeleza por bandeira, carisma e honestidade enriba dun escenario.
Pasou o tempo e Rosendo segue a ser un referente indiscutible do rock urbano, fiel os seus principios. “Nunca he seguido las modas, el rock and roll no las necesita”, dixo nunha ocasión.


EL ÚLTIMO DE LA FILA: Enemigos de lo ajeno, 1986.
Co seu pop-rock con toques sureños e flamencos, e unhas letras cheas de lirismo e poesía onde non falta a carga e a denuncia social, este dúo (Manolo Garcia e Quimi Portet) convértese nun dos fenómenos musicais mais importantes da década.
O éxito que xa tiveran con primeiro LP “Cuando la pobreza entra por la puerta, el amor salta por la véntana”, confírmase neste e continuou imparable nos seguintes traballos.

Ben W. Sobchak, traballo cumprido, con bastante atraso todo hai que dicilo.
Non lle vou pasar o encargo a ninguén pero si queredes podedes elixir un disco, grupo ou solista nacional desa época que sexa o voso favorito.
Será interesante ver por onde van os tiros.



*Unha hora mais tarde: Cambiei de opinión, vou convidar a Silvana. Que se fastidie.

35 comentarios:

Zerovacas dijo...

Os oitenta, si!!! Creo que cómpre reivindicar a grupos como Radioceano, Aviador Dro ou Golpes Bajos. Hai moitos...

vermella dijo...

Toda a túa música está xenial, pero eu boto en falla "Los secretos",-Déjame,"Ollos de perdida.. e "Alaska",tiñades que verme cantando:
a quién le importa lo que yo haga?,a qúién le importa lo que yo diga?..........
Miguel Ríos en Riazor,que recordos,Yo recuerdo aquel día que nos fuimos a bañar,aquel agua tan fría y tu forma de nadar(vaia si a recordo,una da mañan e nos espidos no Orzán nadando..........).
Imos vellos compañeiro!
bicos.

W. Sobchak dijo...

Como diría o outro (tamen dos 80): "Me encanta que los planes salgan bien"

Gosto moito do 80% da lista, mais debo confesar que Mike Rios e Manolo García estan dentro das minhas fobias persoais

A Vista Cega dijo...

moi interesante. Invitote a participar na miña pequena aventura

Silvana dijo...

Qué cabroncete es!!! Non vou a poder meterme máis contigo!!! Non sei si me convidas porque te toco os collós de vez en cando ou porque sabes que Miguel Ríos ponme enferma, e tivemos sorte que non puxeras a Ramoncín.

Merda, agora teño que pensar, ¡co que odio pensar! Terei que pór algo dos 90` para continuar a tua lista ..... Penso e logo os poño (en plan Descartes, vale??)

O Raposo dijo...

Zerovacas: Golpes Bajos, por suposto. Tanto no mini LP "Golpes Bajos, como no álbum "A santa compaña" teñen temas impresionantes.
E Aviador Dro, con Servando Carballar o fronte, é un referente do pop electrónico daqueles anos.

Vermella: Nunca lle acabei de coller o punto a Alaska, parecíame montaxe e estética mais que outra cousa. Agora si, Los Secretos podían estar perfectamente na lista.

W. Sobchak: respetamos esas fobias.

A vista cega: benvida a cova.

Silvana: Pois tiña pensado incluir a Ramoncín co seu álbum "Corta", pero lembreime de ti e saqueino. Tiven ese detalle, que conste. Agora ben, polo de Miguel Rios xa non paso. Un bico.

busto.agolada dijo...

Todos están ben. Pero o meu sobresaliente é para Sabina.
Saúdos

Xaime dijo...

Moitas veces, as máis, coñecemos un disco por unha canción, e despois descobrimos que no seu pequeno universo hai algo máis.
La chica de ayer, ben vale como para colocar a NACHA POP, entre os mellores, e aínda que nunca saíu en disco grande la Estatua del jardín botánico, de Radio Futura, foi a antesala de la Escuela de Calor.
Por non ser nada heavy, xaora que eliminaría da túa elección un porrón deles, pero recoñezo que para ser un raposo tes bon gusto.

Fada Branca dijo...

Sempre se prenden novas cousas

A Conxurada dijo...

Escoller dez...eu non podería, é como se me din que escolla dez libros, deixar a algún fóra ....é como traizoar aos que non metín, jeje.

Saúdos

Mario dijo...

Menos mal que nos queda Siniestro Total, meu, porque do resto non podo coincidir demasiado.

Ex Traño dijo...

xa sei que me van a crucuficar, pero Loquillo e os Trogloditas tamen nos fixeron corear, ainda que fora etilicamente as suas conacions...
como acostumo a decir non arrepentirse de nada que che fixera disfrutar, ainda que non soportara o paso do tempo...
apertas irman raposo, oes!! podiamos desvalijar algun jaliñeiro neste nadal, aproveitando que todo o mundo está de festa ou de resaca...jijiji

O Raposo dijo...

Busto. agolada: Eu son un seguidor acérrimo de Sabina: teño tódolos seus discos, o vin en directo unhas 12 veces, quizais mais, compro os seus libros. ¿Que mais che podo dicir?

Xaime: Nacha Pop creo que está supervalorado pero ten algunhas cancións que son todo un himno.

Fada branca: agradezo a visita, sobre todo nesta época que supoño estaredes moi ocupadas.

A conxurada: é o que teñen as listas que sempre queda algún fóra que debera estar dentro.

Mario: Polo menos coincidimos nun, e ademais da nosa terra.

Ex traño: Loquillo podía estar perfectamente na lista. Ten unha actitude algo chulesca e prepotente (eu vino nun concerto saltar do escenario e liarse a ostias cuns tios da primeira fila) pero ten grandes cancións.

Apertas a tod@s.

Mer dijo...

INFO CINE
Actualmente e ata o 15 de xaneiro, por cada ticket de máis de 6 euros consumido nos establecementos do centro comercial Plaza Elíptica de Vigo, regálanche unha entrada para o cine.
A oferta é por cada ticket; se un ticket é de 12 euros non che dan dúas, polo que pagade os artigos de máis de 6 euros por separado.

O Raposo dijo...

Mer: agradezo a información.

Ex traño: por certo, o dos jaliñeiros pode ser interesante. Hai que estudiar o tema: plano da jaliñeiro, se hai can cerca, en que sitio do poleiro dormen as jaliñas mais apetitosas,...

Silvana dijo...

Sigo a pensar ...

Mer dijo...

encontrei por ahí unha cousa e pensei en tí, pódela ver aquí:
http://soberpararaposo.blogspot.com/

milonga dijo...

eu crieime con radio futura e el ultimo de la fila, incluido cando eran los burros, tamen con leño, esto de ter irmans moito mais vellos e homes... eu recordo de finais dos 80 con moito cariño a presuntos implicados, pero cada un é cada un

boa seleccion de todos modos....


el ultimo tiña unha cancion que se chama querida milagros, non vexades que ilusion cando era nena...

Pau dijo...

O de Baron Rojo é fenomenal, encontreino de cativo entre uns discos de meu pai.

Silvana dijo...

Ahí te van, rock de los 90:

- Ten, de los inmejorables Pearl Jam.

- Use your Illusion, de los Gun´s & Roses.

- Antychrist Superstar, de Marilyn Manson.

- Grace, de Jeff Buckley.

- Dust, de Screaming Trees

- Nevermind, de Nirvana.

- Automatic for the people, de REM

- Metallica, de Metallica.

- Soup, de Blind Melon.

- Dirt, de Alice in Chains.

Sobrepasándome y fuera de todo tiempo y lugar nombro a: la obra maestra de The Wall de Pink Floyd (1979, creo) y dentro de los españoles a mis fieles compañeros Héroes del Silencio.

Ala, que te aproveche.

O Raposo dijo...

Mer: unha foto interesante e ben curiosa.

Milonga: gran canción a de "Querida Milagros". Presuntos implicados nunca me gustaron moito.

Pau: ademais os Barones siguen dando caña. O 26 de xaneiro ían vir a Santiago, anque o final creo que se suspendeu o concerto.

Silvana: así me gusta, que traballes un pouco, je, je.

martafernandez dijo...

Bo Nadal, bicos

Silvana dijo...

Raposo, sorpréndeme que non deas ningunha opinión sobre os grupos nombrados.

¡Estás añejo!

Ninsesabe dijo...

Tes moita razón e dúas cousas: en que 10 é un número finito (jejeje) e en que son todos os que están.
Por iso, como supoño que se trata de completar, eu cito ó Tequila dos primeiros anos ("Matrícula de honor", "Rock and roll"...), Burning e cara o final da década, Extremoduro.
E mirando aljo atrás, nos meus tempos mozos justábanme Lone Star, aquel grupo catalán, e chamoume moito a atención un grupo andaluz, Smash.

O Raposo dijo...

Bo Nadal, Martafernandez.

Queridísima Silvana: Tes que disculpar, esquecinme. O raposo nesta xungla urbana as veces anda desorientado a pasan estas cousas. Ben, vamos alá.
Eu son mais de producto nacional, así que algúns dos da lista non os escoitei na miña vida. Dos coñecidos quédome con Metállica e Nirvana (neste último caso quizais influenciado polo magnetismo do seu líder) e se me apuran algo con Gun's & Roses.
Coincido no de The Wall como obra mestra, e engadiría tamén como notable o álbum The Dark Side of the Moon.
Héroes del Silencio creo que están supervalorados e o Bunbury paréceme un tipo algo prepotente e ampuloso (xa sei que me vas a crucificar pero case prefiro a Ramoncín).
Un bico.

Nin sesabe: Tequila foi unha ráfaga de aire fresco e marcaron época. Burning tamén é un dos meus preferidos: "Noches de rock and roll" é un disco que me gusta moito.
Apertas.

Xaime dijo...

Oiu raposo, se saén no Nadal ós ghaliñeiros, non se esquenzan de chamar, non polas ghaliñas, senón para faser ghuardia.
Paseo ben vostede e os seus.

O Raposo dijo...

Xaime: chamaremos, chamaremos. Boas festas.

Úrsula dijo...

Quédome con Sabina, Ilegales e O Último. Fuxan os Ventos (Sementeira, o Tequele...).Varios dos Beatles, Ajrú, Serrat, e algún de Alaska, polas lembranzas. E o Thriller. Moderno Lamatumbá e sobre todo ESPIDO, de Guadi e Guillermo

FraVernero dijo...

É unha escolla bastante completiña... Un, por chauvinismo e porque lle dedica tempo limitado á música escoita pouco de música española, mais ei pillar algunha das túas recomendacións...

cave canem dijo...

'Querido' Raposo, todo un detalle (esta é unha mensaxe cifrada). Feliz 2008.
En canto á lista (a min esto das listas sempre me lembra a un amigo e, indirectamente, a Nick Hornby, a quen admira o referido amigo) pois vale, unha lista máis. Boto de menos cousas e sobran para min outras, pero é a súa. Eu cantei moito Burning ou Triana (eran outros tempos).

peke dijo...

Coincidmos no 80%. Falta Loquillo, iso si.
Boas festas!

paidovento dijo...

pnMoi boa escolla, si señor. Aínda que quizais desbotaría a Miguel Ríos, engadindo a "Los Suaves" e "Barón Rojo". Felices festas.

Dorvisou dijo...

Un pouco heavy para un raposo pero poden pasar:-)

albagal dijo...

A min gústame algún deses coma Siniestro Total, ou Rosendo, mais podías escoller algo de música en galego :P

hormiga dijo...

Todos eses grupos me gustaron. Eu tamén fun a moitos concertos de Sabina. Hoxe en día so me sigue apetecendo escoitar a Leño. E non é por tocar as narices, pero para andaluz universal, Lorca. Miguel Rios viviu moito de temas doutros. Aínda que entendo a nostalxia que desperta, pero é so porque eramos novos, non porque tivera moita calidade.