Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante.
Pasa, non te quedes na porta.
martes, 18 de marzo de 2008
POLBOS CON OVNIS
Este domingo no Alto do Faro, na estrada que vai de Rodeiro a Chantada, atopei este curioso letreiro, que parece dedicado os amantes dos ovnis e os que gustan dos cefalópodos como prato culinario.
eu veño da terra de chantada. verás que dende o val do miño ata a serra do faro se agachan dende tempos non acordados, os secretos máis turbulentos da humanidade. ¿por que o polbo se coce en potes de cobre? ¿por que as pulpeiras veñen do carballiño? o mundo exterior relaciónase con nós nos pendellos, a guija é sucedaneo do prato das catro racións de polbo. e dígocho eu, que son de chantada, e teño a costume, nas noites de insomnio, de contar potes voadores.
Está claro que a necesidade agudiza o inxenio. ¿Estás seguro que era o Monte Faro da Galiza e non era un pobo de EEUU.? A ver si vai a ser esto a globalización. Este domingo xa me presento alí para recoller na cámara os avistamentos (¿hai que tomar algunha medida para velos ben, por ex. éxtasis, ou anfetas ou se ven a simple vista?).
puh!! que tontería eu que estou en Agolada e aínda non había visto nada, pero terei que subir algún día, ese polvo tiña que estar riquísimo, jeje... www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
O polbo está ben barato na cima do Faro. Os avistamentos ufolóxicos poden estar relacionados coas tarabelas do parque eólico. Pero agora pensade no letreiro de atrás e poñédevos na pel dun estranxeiro que entenda algo do noso idioma. ¿Que entenderá por N.S. do Faro? ¿Norte-Sur? Para desorientarse Saúdos
Sempre que paso por Rodeiro cun amigo, vindo de A Rúa, paro a tomar un café. Aínda pasei este venres. Non o vín pero fareillo saber a el que hoxe vai de volta. A ver se avista algo:) Bicos raposo.
Eu digo como a doutora Seymour, a ese precio sejuro que veñen ata do inferno. Non pode ser, é imposible, ese pulpo é de Sudáfrica, polo menos... Dijo eu. ¿Ou non?
Plantexa unha regra de tres? Agora en vez de mesturar o touciño coa velocidade mesturamos o polbo cos extraterrestres. Asistimos ao nacemento dun novo refrán.
E deus non dixo ¡gabino ven! senon ¡venga vino! ¡vaia paxarada! Si, os turistan teñen que flipar un pouco, xa imaxino, ei ioni el pulpo gaiego parese que sestigue ¿has visto? ¡avistamento de pulpos a 2 euros! Oye, muyyyy buena la foto, de lo mejor que he visto de las crónicas postsantasemanales.
28 comentarios:
incrible, abraiante, non me cabe na cachola... só 2€/kg?
asea todo a crise económica faiche boas inventivas para sair a flote!
eu veño da terra de chantada. verás que dende o val do miño ata a serra do faro se agachan dende tempos non acordados, os secretos máis turbulentos da humanidade. ¿por que o polbo se coce en potes de cobre? ¿por que as pulpeiras veñen do carballiño? o mundo exterior relaciónase con nós nos pendellos, a guija é sucedaneo do prato das catro racións de polbo. e dígocho eu, que son de chantada, e teño a costume, nas noites de insomnio, de contar potes voadores.
O polvo sempre tivo algo de extraterrestre,Apertas
Está claro que a necesidade agudiza o inxenio. ¿Estás seguro que era o Monte Faro da Galiza e non era un pobo de EEUU.? A ver si vai a ser esto a globalización. Este domingo xa me presento alí para recoller na cámara os avistamentos (¿hai que tomar algunha medida para velos ben, por ex. éxtasis, ou anfetas ou se ven a simple vista?).
A parte de que o prezo do polvo é ridículo,....será que agora os polvos venñen en naves espaciais en vez de en barcos???
E para os avistamentos, haberá que tomar o polvo, que o mesmo xa trae alucinóxenos, ou hai que tomar outras medidas como dí a Silvana?
Apertas.
terán contratados os extraterrestres con racións de polbo como reclamo? ou é que pasa por aí a autovía espacial?
puh!! que tontería eu que estou en Agolada e aínda non había visto nada, pero terei que subir algún día, ese polvo tiña que estar riquísimo, jeje... www.asbeirasdoarnego.blogspot.com
Ja ja ja....que raiada!! Teñen razón os que din que o paranormal é o prezo do polbo...
Esta claro que despois de un bo polbo regado cun bo ribeiro, calqueira pode ver OVNIS
Vaia cos polbos extraterrestres.
Mui bo ollo o teu.
O polbo está ben barato na cima do Faro. Os avistamentos ufolóxicos poden estar relacionados coas tarabelas do parque eólico.
Pero agora pensade no letreiro de atrás e poñédevos na pel dun estranxeiro que entenda algo do noso idioma. ¿Que entenderá por N.S. do Faro? ¿Norte-Sur? Para desorientarse
Saúdos
Ao melhor as raçons de suposto polbo que servem alí, em realidade som de carne de marciano....qualquer se fia
Non me extraña o dos avistamentos cada cinco minutos, co polbo a ese precio seguro que a estas alturas media galaxia xa está ao tanto.
Sempre que paso por Rodeiro cun amigo, vindo de A Rúa, paro a tomar un café. Aínda pasei este venres. Non o vín pero fareillo saber a el que hoxe vai de volta. A ver se avista algo:) Bicos raposo.
Eu digo como a doutora Seymour, a ese precio sejuro que veñen ata do inferno.
Non pode ser, é imposible, ese pulpo é de Sudáfrica, polo menos...
Dijo eu.
¿Ou non?
Plantexa unha regra de tres?
Agora en vez de mesturar o touciño coa velocidade mesturamos o polbo cos extraterrestres. Asistimos ao nacemento dun novo refrán.
...e non nos venderán extraterrestre por polbo coma gato por lebre...?
Se o pulpo é de Senegal, gana cartos. O dos avistamentos, posiblemente en vez de pimentón leve outros polviños, je je.
Estranho, de facto.
Feliz Primavra.
estes son os problemas do libre mercado, os malditos marcianos van deixar sen traballo os probes mariñeiros.
que vergoña, isto con franco nom pasaba
E deus non dixo ¡gabino ven! senon
¡venga vino! ¡vaia paxarada!
Si, os turistan teñen que flipar un pouco, xa imaxino, ei ioni el pulpo gaiego parese que sestigue ¿has visto?
¡avistamento de pulpos a 2 euros!
Oye, muyyyy buena la foto, de lo mejor que he visto de las crónicas postsantasemanales.
que buena la foto!, más alucinante que el avistamiento de ovnis (y del pulpo por 2 euros!!)
Tremendo. E que o marketing extende os seus tentáculos ata máis alá da nosa galaxia.
Eu quero un así para a casa
Como dicían Os Resentidos "Xa chegaron os extraterrestres, e resulta que son galegos..."
Fantástica foto.
O qué mais me chama a atención é que asegurán unha periodicidade de 5 minutos. Menudo traballiño teñen os do ovni!!!
Publicar un comentario