martes, 18 de marzo de 2008

POLBOS CON OVNIS


Este domingo no Alto do Faro, na estrada que vai de Rodeiro a Chantada, atopei este curioso letreiro, que parece dedicado os amantes dos ovnis e os que gustan dos cefalópodos como prato culinario.

28 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

incrible, abraiante, non me cabe na cachola... só 2€/kg?

Anónimo dijo...

asea todo a crise económica faiche boas inventivas para sair a flote!

Anónimo dijo...

eu veño da terra de chantada. verás que dende o val do miño ata a serra do faro se agachan dende tempos non acordados, os secretos máis turbulentos da humanidade. ¿por que o polbo se coce en potes de cobre? ¿por que as pulpeiras veñen do carballiño? o mundo exterior relaciónase con nós nos pendellos, a guija é sucedaneo do prato das catro racións de polbo. e dígocho eu, que son de chantada, e teño a costume, nas noites de insomnio, de contar potes voadores.

Torreira dijo...

O polvo sempre tivo algo de extraterrestre,Apertas

Mararía dijo...

Está claro que a necesidade agudiza o inxenio. ¿Estás seguro que era o Monte Faro da Galiza e non era un pobo de EEUU.? A ver si vai a ser esto a globalización. Este domingo xa me presento alí para recoller na cámara os avistamentos (¿hai que tomar algunha medida para velos ben, por ex. éxtasis, ou anfetas ou se ven a simple vista?).

BK dijo...

A parte de que o prezo do polvo é ridículo,....será que agora os polvos venñen en naves espaciais en vez de en barcos???

Son Unha Xoaniña dijo...

E para os avistamentos, haberá que tomar o polvo, que o mesmo xa trae alucinóxenos, ou hai que tomar outras medidas como dí a Silvana?
Apertas.

Noa dijo...

terán contratados os extraterrestres con racións de polbo como reclamo? ou é que pasa por aí a autovía espacial?

asbeirasdoarnego dijo...

puh!! que tontería eu que estou en Agolada e aínda non había visto nada, pero terei que subir algún día, ese polvo tiña que estar riquísimo, jeje... www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

HADEX dijo...

Ja ja ja....que raiada!! Teñen razón os que din que o paranormal é o prezo do polbo...

Pau dijo...

Esta claro que despois de un bo polbo regado cun bo ribeiro, calqueira pode ver OVNIS

paideleo dijo...

Vaia cos polbos extraterrestres.
Mui bo ollo o teu.

busto.agolada dijo...

O polbo está ben barato na cima do Faro. Os avistamentos ufolóxicos poden estar relacionados coas tarabelas do parque eólico.
Pero agora pensade no letreiro de atrás e poñédevos na pel dun estranxeiro que entenda algo do noso idioma. ¿Que entenderá por N.S. do Faro? ¿Norte-Sur? Para desorientarse
Saúdos

tangaranho dijo...

Ao melhor as raçons de suposto polbo que servem alí, em realidade som de carne de marciano....qualquer se fia

Anónimo dijo...

Non me extraña o dos avistamentos cada cinco minutos, co polbo a ese precio seguro que a estas alturas media galaxia xa está ao tanto.

rosa enriquez dijo...

Sempre que paso por Rodeiro cun amigo, vindo de A Rúa, paro a tomar un café. Aínda pasei este venres. Non o vín pero fareillo saber a el que hoxe vai de volta. A ver se avista algo:) Bicos raposo.

Anónimo dijo...

Eu digo como a doutora Seymour, a ese precio sejuro que veñen ata do inferno.
Non pode ser, é imposible, ese pulpo é de Sudáfrica, polo menos...
Dijo eu.
¿Ou non?

Mer dijo...

Plantexa unha regra de tres?
Agora en vez de mesturar o touciño coa velocidade mesturamos o polbo cos extraterrestres. Asistimos ao nacemento dun novo refrán.

Mer dijo...

...e non nos venderán extraterrestre por polbo coma gato por lebre...?

Suso Lista dijo...

Se o pulpo é de Senegal, gana cartos. O dos avistamentos, posiblemente en vez de pimentón leve outros polviños, je je.

São dijo...

Estranho, de facto.
Feliz Primavra.

Anónimo dijo...

estes son os problemas do libre mercado, os malditos marcianos van deixar sen traballo os probes mariñeiros.
que vergoña, isto con franco nom pasaba

Ana Bande dijo...

E deus non dixo ¡gabino ven! senon
¡venga vino! ¡vaia paxarada!
Si, os turistan teñen que flipar un pouco, xa imaxino, ei ioni el pulpo gaiego parese que sestigue ¿has visto?
¡avistamento de pulpos a 2 euros!
Oye, muyyyy buena la foto, de lo mejor que he visto de las crónicas postsantasemanales.

Paz Zeltia dijo...

que buena la foto!, más alucinante que el avistamiento de ovnis (y del pulpo por 2 euros!!)

Anónimo dijo...

Tremendo. E que o marketing extende os seus tentáculos ata máis alá da nosa galaxia.

Fada Branca dijo...

Eu quero un así para a casa

Anónimo dijo...

Como dicían Os Resentidos "Xa chegaron os extraterrestres, e resulta que son galegos..."

Nuca dijo...

Fantástica foto.

O qué mais me chama a atención é que asegurán unha periodicidade de 5 minutos. Menudo traballiño teñen os do ovni!!!