Fai uns días Veca publicou no seu blog un post no que falaba e criticaba a tauromaquia, esa mal chamada festa nacional. A súa lectura fíxome reflexionar e investigar un pouco sobre o tema.
Eu son antitaurino. Cústame entender que a xente de ben disfrute e aplauda co sufrimento gratuíto e desmesurado dun animal o que se tortura ata a morte, e que non naceu para morrer na praza, como din algúns gilipollas, senón para correr e rebrincar ceibe polas fragas e devesas do noso país.
Vale que é unha tradición moi antiga que empezou na época dos romanos e seguiu o longo dos séculos. Pero as tradicións que son absurdas, crueis, salvaxes, inxustas e denigrantes, hai que erradicalas canto antes.
Veca dicía que debería de estar prohibido o toreo; eu estou dacordo. Pois ben, xa durante o mandato de Carlos III unha iniciativa para civilizar as costumes do pais desembocou na promulgación da Real Orden de 23 de marzo de 1778 na que se prohibía as corridas de touros en todo o reino, exceptuando aquelas destinadas a sufragar algún gasto de utilidade pública ou con fins benéficos.
Por aquel entón Gaspar Melchor de Jovellanos, unha das mentes mais preclaras da súa época escribiu na “Memoria para el arreglo de la policía de los espectáculos y diversiones públicas, y sobre su origen en España”,un texto que malia o tempo pasado segue a ter plena vixencia e polo tanto reproduzo aquí.
“La lucha de toros no ha sido jamás una diversión, ni cotidiana, ni muy frecuentada, ni de todos los pueblos de España, ni generalmente buscada y aplaudida. En muchas provincias no se conoció jamás; en otras se circunscribió a las capitales, y dondequiera que fueron celebrados lo fue solamente a largos periodos y concurriendo a verla el pueblo de las capitales y tal cual aldea circunvecina. Se puede, por tanto, calcular que de todo el pueblo de España, apenas la centésima parte habrá visto alguna vez este espectáculo. ¿Cómo, pues, se ha pretendido darle el título de diversión nacional?Pero si tal quiere llamarse porque se conoce entre nosotros desde muy antiguo, porque siempre se ha concurrido a ella y celebrado con grande aplauso, porque ya no se conserva en otro país alguno de la culta Europa, ¿quién podrá negar esta gloria a los españoles que la apetezcan? Sin embargo, creer que el arrojo y destreza de una docena de hombres, criados desde su niñez en este oficio, familiarizados con sus riesgos y que al cabo perecen o salen estropeados de él, se puede presentar a la misma Europa como un argumento de valor y bizarría española, es un absurdo. Y sostener que en la proscripción de estas fiestas, que por otra parte puede producir grandes bienes políticos, hay el riesgo de que la nación sufra alguna pérdida real, ni en el orden moral ni en el civil, es ciertamente una ilusión, un delirio de la preocupación. Es, pues, claro que el Gobierno ha prohibido justamente este espectáculo y que cuando acabe de perfeccionar tan saludable designio, aboliendo las excepciones que aún se toleran, será muy acreedor a la estimación y a los elogios de los buenos y sensatos patricios.”
Efectivamente, estas excepcións fóronse retirando e en 1790, a “Real Provisión de los señores del Consejo” non só prohibía as corridas senon tamén calquera celebración que tivera o touro como protagonista como por exemplo “el abuso de correr por las calles novillos y toros que llaman de cuerda, así de día como de noche”.
E en 1805, un real decreto de Carlos IV reiteraba a abolición das corridas de touros no só en España senón tamén nos territorios de ultramar.
A ver si toman nota estes politiquillos de tres o cuarto que nos malgobernan, por unha vez aprenden da historia para ben, e volven a prohibir este espectáculo cruel e vergoñento que non debería darse nos albores do século XXI.

Ata a mesma Igrexa (por unha vez vou falar ben dela) criticou estas prácticas e no ano 1567 o Papa Pío V na bula De Salutis Gregis Dominici pedía a abolición das corridas de touros nos reinos cristiáns, ameazando coa excomunión os que as apoiaban. En 1585, Sixto V fixo o mesmo. Xa antes, un concilio de Toledo en 1565 declarounas como “muy desagradables a Dios”. Sen remontarnos tan lonxe no tempo en 1920 o secretario do Estado Vaticano, cardenal Gasparri declarou que "la iglesia continúa condenando en alta voz, tal como lo hiciera el papa Pío V, estos sangrientos y vergonzosos espectáculos".
Por certo, andou e anda a rede alporizada polo caso dun tal Vargas Habacuc, suposto “artista” costarricense, que prendeu un can nunha exposición súa en Managua e, sen comida nin auga, deixouno alí ata que morreu de fame. E despois cualificou este feito como arte. E todos sentimos vergoña e noxo.
O toreo en España é un caso similar: a utilización abusiva dun animal o que se conduce á morte por medio do sufrimento. Xa que o proceso é o mesmo a reprobación debería ser idéntica.
Por certo tamén, que foi o propio PSOE o que xa na época da democracia terminou por legalizar e fomentar a barbarie taurina polo Real Decreto 176/1992, “ en atención a la tradición y vigencia cultural de la fiesta de los toros”. ¿Qué tradición?, ¿qué cultura?, ¿qué festa?
!Que ostias merecian! Os do PSOE, e en sentido coloquial, digo.
33 comentarios:
Banda sonora: Siniestro Total, "Alégrame el día".
Unha tradición vergoñenta.
Suscribo todo o que comentas.
Argh... ese arte bárbaro...
Iso sí, son escéptico sobre as posibilidades de botalo abaixo. E iso que xa despacharon nas inglaterras o seu equivalente -a caza do raposo, que che concede algo máis de cancha cando pases polas Illas Británicas, meu...-.
(bo exemplo de solidariedade animal e antihumana. Onde home é o máis 'animal' de todos...)
Nunca entendín o concepto de festa que teñen os seguidores desta barbaridade,este verán un madrileño fíxome unha defensa dos touros como símbolo de identidade e cultura e protestaba porque a carón da súa casa de aluger hai outra na que crian porcos e fan a matanza,eso sí o arrecendo da zorza gustáballe..........
Non coñecía que jovellanos fixera tal defensa,so recordo que propulsara unha lei agraría para liberaliza-lo chán,este dato deberon de telo agachado cando eu ía ao instituto.
bico.
Chamarlle arte a matar un animal vai contra o propio concepto da arte... Sexan touros, cans ou moscas.
Estou completamente dacordo contigo. As corridas deberían ser ilegais
Suscribo todo o que dis, polo menos en portugal non se secundan en espadas, senón que os reducen a pulso, de todos os xeito é unha vergoña e un noxo, e despois se morre algún toureiro, porque o touro se defendeu...todos a chorar a súa morte, e a min non che me dan pena ningunha.
Non podía estar máis de acordo. Sorpredeume gratamente que xa fora abolida hai séculos.....
Para cando a abolición nos tempos que corren??
Como dicía non sei que: "se o toreo é arte, o canibalismo é gastronomía"
Vouche roubar a foto para poñer nalgún dos meus blogues.
O peor de todo isto é que, en caso de que houbese un político cos pés no chan e prohibise esta salvaxada, seguramente unha maioría importante de xente botaríaselle ao pescozo e poñeríanlle as bandeiriñas a el.
Eu creo que os toreros debían ir a pelo
Lémbrome da mítica pintada que povoaba as paredes da Coruña xa hai bastantes anos, era do "Colectivo Elektrón, touros si, toureiros non".
Por estes lares derrubaran hai corenta anos a praza de touros, e hai tan só 16 ou 17 fixeron unha nova, e voltaron as ferias taurinas á cidade. ¿Non é iso un retroceso? Cada vez imos pior.
Eu póñome enferma cada vez que penso nesta tortura....Non soporto as razóns nas que se sustenta esta barbarie e unha das que mais odio é a de "É unha tradición" (tamén o era o dereito de pernada). E a que xa me produce arcadas é aq de que "se non extinguiríase a raza...."
Por outra banda recomendo a lectura de Informe sobre espectáculos porque é moi entretenida e moi didáctica.
hsi cousas como esta, q nos acostumamos a ver e ao final damolas por normais. Pero non o son como ben ti dis. Hai que espertar as conciencias!
¿e a matanza do porco outra tradición así?
Tens toda a razão.
A tourada é uma forma de tortura.
E não esqueçamos os cavalos, entre o touro e as esporas dos cavaleiros!
Feliz fim de semana.
Non penso que en Galicia poidamos falar de tradición taurina, anque haxa algunha praza de touros, e tiveramos algún (ou só un? ) toureiro. Así que non é a nosa "festa nacional" nin nada parecido. E anque o fora !
Eu tamén son partidaria de abolir esta e outras "festas" nas que se tortura a animais polo simple pracer de velos sufrir.
hola, hola, hola xa estou aqui de novo despois dun problemiñas con ordenador, xa está de novo en plena forma.
Que ostias merecían en sentido literal. A min o que máis me fode e que aínda primen os intereses económicos disfrazados de tradición, arte ou cultura. Noxo, vergoña. E sempre primaron os mesmos intereses, ahí vai o exemplo "exceptuando aquelas destinadas a sufragar algún gasto de utilidade pública ou con fins benéficos". Hai que ter valor, se o sufrimento serve para financiar, entón que sufran. Esa é a nova caridade, a da foto, a da comenencia. E sen en África non collen todos, mellor que morran por non ter vacinas para o sida, sempre mellor que morrer de fame, é máis rápido. E os moi túzaros non queren regalarnos ós seus fillos, co ben que estarían en Europa, a gran Europa, tan limpiños, coa barriga chea, ¿ben educados? ¡Qué boiños somos!.
Perdoa, xa sei que me fun algo do tema.
Bicos
Perdoa, non fimei
Bicos
Totalmente dacordo, ata coas ostias esas que ben merecian algúns.
Apertas.
Non che hai nada que facerlle, é un nejocio do que viven moitísimas familias... mellor dito, do que se enriquecen moitísimas familias. É unha salvaxada, niso estamos dacordo.
A min persoalmente danme orjasmos múltiples cada vez que un deses animaliños empitona a un "valente" vestido de paiaso, e canto máis sanjra, máis intenso é o orjasmo... debo ser aljo rariño.
Olá, visitei seu blog e , de primeira, vi essa crítica fabulosa a cultura de sacrifício.
Permita-me deixar meu comentário: Acho mesmo que, nenhuma cultura onde se sacrifica animais e pessoas é considerada normal e saudável. Extrema covardia contra esses pobres bichos e seres humanos sem inteligência.
Tens a minha palavra.
Adorei visitar-te.
Xa namais abrir esta páxina deume un repelús. Tamén e algo que non comprendo como se sigue a permitir. Teño algunha amistade de Andalucía que ó ver "esa festa" desde a infancia, ven cousas que nos non vemos, seique, que non sabemos apreciar. E que o toro é bravo e prefire morrer na plaza e non nun matadero. Eu preguntome como alguén non pode ver a diferencia.
Ainda qque con iso metemonos en terreos de lama, porque o maltrato ós animais abarca moito mais que a "festa nacional"... e falo da cría de polos en segun que granxas etc. etc.
Felicitote expresamente por traer o texto de jovellanos, gustoume moito.
Nunca entendín a eses que apelan á tradición para non variar certas cousas. É absurdo. Por esa regla de tres, teriamos aínda a Inquisición e non uns tribunais de xustiza colapsados.
En todo caso, está claro que en Galicia (salvo Pontevedra) a cousa nunca terá éxito. Co que chove aquí, nin de coña...
É unha vergoña que en pleno seculo XXI se sigan producindo estas situacións. unha aperta
Estes politiquillos do carallo prohiben a tradicional matanza do porco e permiten estes lamentables espectaculos como algún chaman
É unha vergonza. E logo proíben matar o porco a coitelo porque sofre ...
iso mesmo digo eu, cando o matachín foi ou é un oficio, onde a matanza do porco non é divertimento e se trata coma laboura case desagradable pero necesaria, aparece a prohibición. cando se trata da festa vergoñenta e indigna de matar baixo a indefensión e o ensañamento a resposta: cultura. pois ben, moi ben.
Que grata sorpresa o escrito de Jovellanos! Magoa que non fagan por aplicarse o conto os gobernantes de agora... Por estes lares fago todo canto podo pra desmontarlles o tópico de España-toros-olé. Non é a primeira vez que me increpan a causa da tauromaquia. Xa logo comprenden que somos máis os que gustaríamos de vela desaparecer que os que a defenden.
Parece moi axeitado o engadido de Paideleo. Aiii, falta de sentidiño que teñen algúns!
Eu tamén penso que en Galicia nin hai tradición nin ninguén identifica a tauromaquia con festa nacional (onde estén verbenas e romarías...). Pero prohibir, xa sabemos como é o de prohibir, sempre acaba producindo o efecto contrario o desexado. Quizais poderíase optar por modernizar a "festa" pero ningún partido político se atrevería a meter man con tantos intereses en xogo.
Tendo en conta os comentarios dos/as visitantes desta cova, se nós nos dedicásemos a política a tortura do toreo quedaría abolida ipso facto.
Graciñas a todos/as.
O vergonhoso do pai da Esmeralda Baltazar Nunes paga a quem sinta por ele num blog criado para iludir quem é cego. Usa o nome da filha para xingar e espernear com quem não está do seu lado. Que pai é este que em vez de proteger a filha usa o seu nome para se patentear?
http://www.esmeralda-sim.blogspot.com/ é uma FRAUDE de blog em que são apenas colocados visíveis os comentários que lhes agradam.
As críticas eram tantas que o tiro lhes saiu pela culatra.
odeio touradas
não há possível enquadramento para a tortura.
e envergonho-me profundamente destas lides peninsulares...!!!
si, a pelo, a pelo. subscribo o que di o Suso. Animal contra home. Veriamos así...
O teu texto "A Festa da Tortura" é notável. Estou de acordo com tudo o que dizes.Claro que as corrias deveriam ser ilegais - em Espanha e em Portugal.
Cumprimentos
Publicar un comentario