miércoles, 9 de abril de 2008

OS BARXAS


A finais de marzo votou o peche o Mesón-Restaurante “Os Barxas”, na rúa Colombia aquí en Vigo. Unha mágoa. Teño ceado nel algunhas veces e xantado moitísimas, de feito neste último ano e medio, de luns a venres, case a diario.
Ós que os horarios laborais nos complican a vida e ademais non gustamos da cociña nin de rebumbio de potas e tixolas, préstanos un sitio así onde comer tranquilo. Un sitio onde tes un trato familiar, mesa reservada, boa cociñeira, prato do día variado con calidade e racións abundantes, a profesionalidade e dilixencia de Jorge, a simpatía co sorriso sempre a flor de pel de Mayte, zona de fumadores e non fumadores, limpeza e ambiente agradable, atención rápida, e todo eso por só 7, 50 €. Tiña que haber unha lei que prohibira cerrar a sitios así.
Agora ando a procura doutro lugar por esa zona onde comer ben e sentirme cómodo. Algo atoparei pero xa nada será o mesmo.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

ou cociñar. elaborar alimentos para o padal e a nutrición celular tamén pode ser apaixoante. mirao ben.

vermella dijo...

Unha magoa o peche pero mirao dende outro punto de vista non será unha boa ocasión para que cociñes e termine por gustarche,aquí temos uns cursiños para homes(por iso da igualdade)no que apuntouse o meu e onte mesmo fíxome de cea berenxenas recheas e flan de queixo...........eu agradecinllo ao "meu xeito".
bicos

São dijo...

Encerraram? Mas que lei mais tonta!
Já têm a ASAE por aí?! Então, fujam!!
Saudações.

bouzafria dijo...

Eu sentinme moito tempo orfo cando pechou o Catro Ventos, en Compostela.
Carámbalas, Vermella: que ben soa o das berenxenas e o flan de queixo. Onde son eses cursiños?

asbeirasdoarnego dijo...

a cociña, a min que pouco me gusta, pero síntocho, outra vez será.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

busto.agolada dijo...

Dá pena ver como morren lugares que nos son familiares e onde compartimos horas de lecer e de amizade. E ademais a inconveniencia de ter que buscar outro que o substitúa.
Unha aperta.

Unknown dijo...

está claro raposo que os negocios honestos que cumpren cos minimos humanos, acaban pechando, non teñen cabida no liberalismo actual, onde un pouco de merda ben aquelada e que non alimente e millor vista e chamase de diseño....
apertas e sorte na tua procura
non fagas coma Ulises, mellor busca cerca da casa unha aperta

Zebedeo dijo...

Sniff. Compréndoche moi ben. Xa o dicía a canción "cando un bar pechaaaa, algo morre no alma, cando un bar pechaaa, algo morre no alma, cando un bar pechaaaa" ¿Ou non era así?

Pau dijo...

O bo xantar non ten prezo, sobre todo si ten un caracter romantico como para ti parece ter este

torredebabel dijo...

Tiña que haber unha lei que prohibira cerrar a sitios así, pero o que hai é unha lei que prohibe que sobrevivan. Chamana "lei de mercado" e é unha merda (dispensando).

d´Agolada dijo...

Hai pouco a nós pasounos o mesmo, O Corbalán un restaurante onde case todos os fins de semana comíamos cunha amiga uns chipiróns que estaban de morte pechou, agora xa non sabemos onde ir. Enténdote perfectamente. saúdos.

Raposo dijo...

Manuel vazquez: Cociñar non é o meu.
Vermella: aínda que eses cursiños parecen interesantes.
Obrigado pola visita, Sâo.
Bouzafría: vexo que non só me pasa a min.
Pois xa somos dous, Beiras do arnego.
Busto.agolada: e a posibilidade de non atopar outro sitio similar.
Extraño: sigo buscando.
Zebedeo: algo asi era, o ano pasado escribín un post titulado: Algo esgaza na alma cando o bar dun amigo pecha. Pois eso.
Pau: si, hai cousas que non teñen prezo; sentirse cómodo nun sitio é unha delas.
Torredebabel: estás dispensada, as cousas polo seu nome.
D'agolada: outra cousa mais que compartimos.

Apertas a tod@s e grazas pola visita.

Ángeles Mallo dijo...

Eu estou con Vermella,cociñar ademáis relaxa moito,e si cociñas para outro igual non che fai falla que poñas tí o postre.
Bicos.

A lareira de Santiso dijo...

Non che hai coma os sitiños de toda a vida... esmorecen e non se dá feito nada. E non é por desesperarte máis, compañeiro

asbeirasdoarnego dijo...

sintocho por ti agora teraste que por a cocinha, jeje. pero dis que se come moi ben, gustariame probalo. que magoa.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

Cuspedepita dijo...

Síntese ún un pouco orfo cando desaparecen lugares onde pasou bos momentos.
A min tócame case sempre cociñar, así que o día que non me toca é unha festa. ( Comamos o que comamos ;-))

busto.agolada dijo...

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
Para máis información:
AQUÍ

Mer dijo...

Unha pena, sí, ver como estes lugares de sempre pechan as portas.
Eu cando non vou comer á casa, vou ao Mausi, na Tva.de Vigo, na rotonda do Telepizza.
Onte comín alí un menú do día de 7,50
1º plato Ensalada Mausi (súper-completiña: leituga, tomate, cebola, atún, millo, espárragos...)
2º planto Peixe espada con patatas cocidas e ensalada.
Moita luz natural, que para mín é bastante importante e, aínda que non o pareza éche ben tranquilo e a xente moi amable.

Raposo dijo...

Angeles Mallo: a min cociñar non me relaxa nada, mais ben cabréame.

A lareira de santiso: Si, un acáballe collendo cariño a sitios así.

As beiras do arnego: de cociñar nada, buscarei outro sitio.

Cuspe de pita: Si, esa é a sensación: orfo e espido.

Busto.agolada: non creo que vaia a xuntanza pero estarei o tanto por si acaso.

Mer: grazas, tomo nota, algún día pasarei por aí a probar.

Maxi dijo...

As bases mais proletarias da "Peña o Porron" esixen a reapertura inmediata do local devandito ante a que pensamos e un ataque mais da politica neomercantilista da cuca-cula e o burgirkin.
Pola dereito a cunca de viño e a tapa de orella!!!!!
Victoria ou Morte!!!

Raposo dijo...

Maxi: Victoria ou morte, compañeiro!
Efectivamente, para lograr a reapertura do local estanse a estudiar as medidas oportunas, entre as que non se descartan a violencia física e a palabra soez,
o do cóctel Molotov parécenos excesivamente ruidoso.
Apertas.