Fun nomeado por Ninsesabe para facer un meme que se chama Passión Quilt e que non sei moi ben de que vai. Parece ser que hai que postear unha imaxe que nos importe ou apaixone especialmente e explicar porqué. Unha das normas do meme e convidar a outras personas para que sigan a cadea. Non farei tal pero si alguén quere coller o testigo que libremente o faga.
Puxen a palabra Quilt no traductor e saíume edredón e aínda entendín menos. Confeso que estiven a piques de sacar unha foto da roupa da cama. O final, creo que con bo criterio, puxen esta outra (unha vista, algúns xa vos decatariades, do canón do Sil na Ribeira Sacra) que me lembra a infancia, esa época de xogos e ilusións que quizais nunca debéramos superar.
Algunhas tardes cando era rapaz ía por carreiros que atravesaban devesas e toxais (que hoxe xa están intransitables) e chegaba a ladeira do monte de Barantes a unha zona chamada Reboredo. Alí sentábame nun penedo, entre carpazas e uces, e deixaba pasar o tempo ollando a natureza salvaxe e fermosa que me rodeaba: o canón do Sil en todo o seu esplendor, un mundo penedío de formas singulares e caprichosas, mitoloxía xeolóxica aloumiñando os sentidos e a imaxinación do neno que se desborda a procura de covas e tesouros agochados; algunhas viñas espalladas pola ribeira, Lobeiras, Emparadeada, o regato do Cachufeiro; ladeiras escarpadas, socalcos tecidos polo home as veces desafiando a mesma lei da gravidade, e o río Sil mais abaixo como unha fronteira onde o Casiano amarraba a súa barca de caracocha de castiñeiro como un xoguete fráxil e prohibido. Mais alá estaba Ourense e os “caldelaos rabudos”, regueiros que baixaban impetuosos e o Mosteiro de Santa Cristina regalando serenidade entre as árbores. Era fermoso deixar pasar o tempo así.
Daquela nada sabía das opas hostiles, dos atascos en hora punta, da dinámica de fluxos, da xeopolítica, da disfunción eréctil, das hipotecas. Tiña moitos soños e as únicas preocupacións era gañar o partido de fútbol do domingo ou as carreiras de bicicletas.
De cando en vez volvo a ese mundo e séntome nun penedo. As viñas fóronse abandonando case todas, onde antes medraban cepas agora prosperan silvas, fentos, xestas e sobreiras, e os antigos carreiros que tanto saben de cestos de uvas, de feixes de leña, de suor e faladoiros, están engulidos pola vexetación. Mais a vista segue a ser fermosa, o canón segue amosándonos a súa agreste fisionomía e o Sil segue alá abaixo coma sempre, un pouco mais orfo, eso si, porque xa hai anos que a barca de caracocha de castiñeiro do Casiano non está amarrada a súa beira.

23 comentarios:
Sí que é un lugar fermoso, sí. ¿ Fentos e silvas no sitio das viñas?, bueno, polo menos non hai ladrillos e/ou lixo.
¡ Temos tantos recordos doces de cando éramos pequenos! A verdade é que tiven unha boa infancia e, cada vez que penso nela, hoxe en día, coñecendo o que coñezo, non podo evitar pensar nos rapaces que viven unha infancia moi distinta, eses nenos-soldado, eses outros mutilados en campos minados ou aqueles cosendo zapatillas deportivas e balóns dende o 5 anos.
Estas persoas teñen poucos anos pero non son nenos.
Unha foto realmente fermosa. Que paisaxe máis bonita!
Teño unha visita pendiente aos cañons do Sil e non creo que tarde.
Moi bonita a foto, o canón do Sil é un lugar precioso. Un saúdo
Todos temos un lugar máxico que nos evoca esas lembranzas que ti tan ben plasmas neste post. Fixeches que eu lembrase a miñas mirando a pantalla do ordenador e me levasen varios anos antes de argallarse esto da TFT...
[Fai poucos días que estiven polos cañós do Sil e atopei este poema pegado con letras de metal nunha rocha cercana ao rio. Adicado á Ribeira Sacra:
Dende séculos agachada,
dos ventos do norte protexida;
testemuña de xente que pasa,
vixía das viñas investida.]
Gustoume
Penso que no fin, falaches da roupa da cama.
Si, alomenos abriga como ela.
O telurísmo da nosa paisaxe mixturado con a paisaxe da alma.
Non pareces un raposo, mesmo pareces un neno da Ribeira Sacra.
Parabéns, Raposo.
Ai, raposo, seica és um raposo de paixons tranquilas ;)
ata ler o teu post tinha esquecido no fondo da memoria o reboredo de ordes onde nasceu a avoa paterna... fermosa a foto e as lembranzas
Fermoso, pouco máis se pode dicir, pouco máis se quere dicir, que fale a fermosura.
Bicos
Meus parabéns polo teu blog Raposo e polos teus fieis comentaristas,dende o Boqueiriño unha aperta.
Os lugares que despertan recordos tan fermosos deixan de ser meros sitios e convírtense en máxicos.
Lendo acordeí os meus favoritos,a praia da Ermida en Corme,cando marea baixa andando ía a illa de enfrente e alí era moi feliz,o sal,a area,o sol,os rarabuños nos xeonxos.....
Coñezo os cañóns do sil e é un lugar precioso.
bicos.
Se tivese que escoller un lugar sería un manancial mínimo na chaira castelá ao que ía nas tardes do verán, que aló era tanto coma un Sil enteiro. Hoxe probablemente xa non exista, pero decidín hai anos non ir comprobalo, igual que prefiro recordar vivos os mortos.
O Canón do Sil é digno de ir a visitar!!
Me ha encantado leer esa lembranza de tu infancia y que fácil imaginárselo todo que tamén fun unha nena de aldea e ainda que pronto fun apartada das chousas e as leiras, dos camiños e os prados, teño moitos penedos que recordar con boas vistas diante dos meus ollos ainda que fosen namais que de saltóns e cigarras, ou de raioliñas de sol entre as follas.
Deixoche esta dirección onde parece que explica un pouco mais o sentido do meme que dis non entender moi ben, e que a min pasoume o mismo cando o fixen:
el meme pasion quilt
Agora parece que volven a frorecer as vides, faise moi bo viño na ribeira sacra,
a paisaxe é dende logo impresionante e magnífica.
Apertas.
Estiven varias veces por aí,a primeira vez na ourela ourensá,por Parada de Sil, facendo unha ruta de sendeirismo e a última na ourela luguesa, na Rectoral de Anllo e fixemos o percorrido polo río no catamarán, que é unha experiencia que recomendo, non só pola beleza da paisaxe, senón polas interesantes explicacións que recibimos do barqueiro.
Un quilt vén sendo un cobertor feito con retais e o meme suponse que é unha serie de imaxes que explican o que lle gusta a un.
Eu non son da Ribeira Sacra propia, propia que son por parte de nai da ribeira do Cabe e sei o que poden influir esas paisaxes nunha persoa.
Lendo o teu texto lembrei momentos da miña infancia.
É unha imaxe altamente evocadora...
Unha aperta.
:)
* Eu tenho pendiente ese post convidada tamén polo amigo Ninsesabe.
Os canóns do Sil son moi fermosos pero a infancia... iso son palabras maiores
E agora van facer unha central eléctrica...
Sinto arrepíos.
P.D. Paserei co teu consentimento, gústame esto.
Respeto moito os teus recordos da nenez, mais agora a ribeira non é nin por asomo como ti a describes, pouco menos que unha grande e inmensa silveira, non sei canto tempo hai que non vas por alí, pero a ribeira está cuidada, replantada e produce millóns de quilos de uvas que dan miles e miles de litros de viño, coa derradeira parte do post das a entender que eres o último mohicano e non é así, hai moitísima xente suando e deixando o seu pelexo na ribeira para que se poda vivir dignamente e para que os noctámbulos e urbanitas coma ti podan vir de cando en vez oxixenarse e deleitarse coa paisaxe e o verdor das follas das cepas.
Señora ou señor ANONIMO:
Non sei se nos coñecemos pero o que está claro é que ti non coñeces a zona da que falo.
Por suposto que hai partes da Ribeira Sacra cheas de viñas, onde se lle ganou terreo o monte, abríronse pistas e se está traballando arreo e sacando bo viño (e alégrome deso) pero a zona a que eu me refiro na ladeira de Barantes e Bolmente apenas quedan viñas. Entre o regato do Cachufeiro e a Cividade (e hai un bon treito)as viñas que quedan cóntanse cos dedos das mans. Noutro tempo tódala zona eran viñedos, de feito toda a aba está amurada; cando eu era neno aínda quedaban bastantes. Agora non, agora só quedan unhas cantas, a maioría foronse abandonando (entre elas as da miña familia) e moitos dos carreiros polos que baixaba o río a pescar xa non existen ou están engulidos pola vexetación.
E por certo, de urbanita nada. Traballei na ribeira moito mais do que as traballar ti, e coñezo esa zona mellor ca ti que seguramente nunca a pisaches.
Hola Raposo, me gustó leer tus recuerdos y la foto, imagino al neno que fuiste y sos ya que lo debes llevar en tu corazón viviendo y guardando para siempre esa naturaleza hermosa de tu tierra.
Apertas
Publicar un comentario