Porque hoxe é un deses días nos que un pensa
que ten que rachar con todo. E, por riba, aínda é luns.
que ten que rachar con todo. E, por riba, aínda é luns.
Agora
cando xa non quedan cómplices na barricada
nin un as na manga agochado,
cando os paraísos
están en perigo de extinción
neste planeta dominado pola avaricia,
neste caos de máscaras e sumidoiros,
de chemineas, velenos,
buguinas entolecidas,
cordilleiras de cemento,
rañaceos da frustración,
agora, digo,
vestireime de escuro
e, sen billete de volta,
sairei a desgarrar a néboa coas mans,
buscarei de vagar
as estradas mais estreitas,
os furanchos mais perdidos,
as aldeas mais illadas
e nalgún lugar anónimo
onde ninguén me coñeza,
onde para todos sexa un estraño,
unha sombra, a penas eso,
un murmurio, a penas nada,
quizais poda atopar un recanto
no que por un momento
me sinta un pouco feliz.
26 comentarios:
uf
deixáchesme sen palabras, felices vacacións, logo
Está ben raposo, mais tamén hai que aprender a ser un pouco feliz entre tanto lixo e loucura, senón, volverémonos rematadamente tolos. Eu tamén estou a procurar un lugar/momento real de felicidade.
Seguro que atopas ese recanto de felicidade, ánimo! Saúdos
Creo que describes un desexo, un soño, que temos todos algunha vez ou moitas veces...
Pero sempre queda algún cómplice na barricada, e senón mira por aquí ;-)
Moi fermoso, pero non sexas tan pesimista, polo de pronto xa eres feliz, cando lle atopas unha saida, outros nin tan siquera teñen opcións.
Saúdos
Xa (aínda, outra vez...) é mércores e eu sigo pensando que hai que rachar con todo.
Sempre queda algún recanto onde un pode sentirse feliz, ti segue a buscar que xa verás como o encontras. Moi bonito poema.
Eu crin que inventaras esta cova para fuxir da hecatombe e refuxiarte na felicidade virtual. Vexo que aínda segues á procura da felicidade, coma todos nós. A felicidade é un camiño, non unha meta.
Sáúdos.
Se queres, pásate por Corme.
ay que bonito dis esa sensación de fuxida que a todos nos entra algunha vez. Ainda que a mín xa non me entra, dende que me percatei que vaia a onde vaia, buraco ou páramo, paraíso ou verxel, levo decote a miña sombra pegada.
oi raposo! que todo flue...manhá será melhor nom desespere...
¡Non quero pensar cando chegues o venres!
Moi bonito poema. Un saúdo.
Curioso é que un venres pasado tiveses un lugar no Sil e un luns non atopes ese paraíso,pareces eu que subo e baixo como unha noria.
Un lugar anónimo onde ninguén te coñeza,ser un estrano as veces parece un bo plan...pero so as veces.
bico.
MER: si sobrevivo as vacacións vounas coller un puco mais adiante.
HERMACO: O problema é que hai demasiado lixo e demasiada loucura.
D'AGOLADA, CARLOS SOUSA, FRIDA: Neso estamos.
CUSPEDEPITA: diches no cravo.
SUN IOU MIOU: Pois hai que tomar en serio as ideas que perduran.
BUSTO.AGOLADA: Esta cova está ben pero as veces non é suficiente.
SUSO LISTA: Tomo nota da invitación.
ZELTIA: peor sería si un día descubrimos que nin sequera a nosa sombra é quen de seguirnos.
I&M: Vale, non desespero, pero ti deixa de meter raposos na cazola.
SILVANA: os venres as cousas vense sempre algo mellor: Duquesa de Alba espera.
VERMELLA: o que pasa é que dun post a outro foron 10 días: nada para o cómputo da universo; unha eternidade para a vida limitada do home.
GRAZAS a todos-as.
Fuxir dos demáis pode ser doado, fuxir dos nosos demos personais é o complicado. Veñen detrás todo o tempo.
Biquiños. Virei máis veces, gústame o teu blog.
Seguro que atopas ese recanto, disfruta das vacacións e moitos bicos!!
prometidoooooo...nom mais raposos á grelha... e nom haverá por ai um sorriso para firmar as pazes? de aqui vai um enorme para ti e para a túa sombra.
LULA FORTUNE: E o malo dos nosos demos, que acostuman a ser moi pegadizos. Grazas pola visita.
HADEX: grazas e bicos.
I&M: Vale, asino a paz cun sorriso e media ducia de bicos incluidos.
mmm ó parecer... o luns non foi soamente mal día pra min! ánimO! un bico ;)
Hai días para fuxir e días no que un se quedaría eternamente. A ver se che chega axiña un dos segundos.
PD. Pode que haxa epidemia, eu tamén me sentín así o luns.
aaaiiiii... esta é a melhor nova para comezar as ferias... até corei e tudo... beijinhos recheios de amorodos.
conte comigo para o camiño... por se atopamos lugares distintos...
amigo raposo entendoche hasta limites que non imaxinas, e por iso digoche:
iso que percuras levalo dentro, asi que non perdas mais tempo na busca, aprende a sacalo en calquer ocasión.
si, si xa sei....... e moi facll decilo, por iso o digo,
e mais jodido facelo, por iso ainda non o fixen
pero espero que che sirva
apertas
ENMEIGADA, VAKASTOLAS: Pois parece que o luns foi un día raro para moita xente.
I&M: encántanme os beijinhos con amorodos, muito obrigado.
NOA: Reservareiche un sitio.
EXTRAÑO: a práctica sempre foi mais díficil que a teoría, pero grazas polo consello.
Apertas.
As veces hai que facelo: rachar.
Gustoume o poema.
Boa pescuda, amigo meu.
Hoxe xa é martes (e doutro mes)
Penso que muitos andamos a procura dese recanto, nao estarás tan illado alí.
¿Probaches por a zona de Amandi?
Ah, é verdade, agora no verao venhen todos os fodechinchos a encher aquilo.
Se atopo eu primeiro o recanto mandoche un aviso.
Ben, sexa como sexa, boa sorte.
Publicar un comentario