miércoles, 5 de noviembre de 2008

CHANGE


Ganou o cambio.

O soño de Martin L. King está empezando a cumprirse.

20 comentarios:

Mer dijo...

Era unha victoria cantada, pero alégrome de que sexa oficial.

A esperar agora qué repercusión terá no mundo.

Falamos dentro dun ano.

HADEX dijo...

Emocionoume ver á familia de Obama como a futura inquilina da Casa Branca....é todo un símbolo.

A Conxurada dijo...

Eu alégrome moito da súa vitoria, pero se realmente é un cambio ou non, e se é para mellor, verémolo co tempo...fai bastante tempo que a política me deixa excéptica.

Carlos Sousa dijo...

Sí, o soño está comenzando a cumprirse, veremos si na realidade tamén se cumpre, nun principio esperemos que así sexa.

Antón de Muros dijo...

Agora só queda agardar.
O tempo dirá...

Saúdos.

Antón.

rui dijo...

O poder é un bálsamo marabilloso, de propiedades amnésicas, e é imposible que muden moitas cousas. O que é forte coma un boi, e o bálsamo non ten efecto sobre el, acaba sempre desaparecendo do medio dunha ou doutra maneira. Así rematan as revolucións todas, canto máis esto que non é máis ca unha alternancia natural. (hoxe estouche pesimista!)

Cuspedepita dijo...

Eu agardo que todo o positivo que escoitei hoxe que vai pasar con Obama, pase efectivamente e que, para as vindeiras eleccións en USA, todos (tamén nós) teñamos motivos fundados para desexar que siga sendo presidente.

Bea dijo...

Alégrome de que acabase así. Esperemos que faga as cousas ben! ;)

paideleo dijo...

Polo menos o fará millor ca Bush !.

Anónimo dijo...

A base para construir ese cambio está posta, iso por si só e do xeito tan firme e claro que se dixo entre todos os que tiñan a forza do voto, xa é un motivo para ver posible ese cambio. Agora, tempo por diante para que Obama confirme que realmente pode.
Secundo a opinión de Paideleo.

Nuca dijo...

A verdade que somos moi adaptativos. Comparado co bestia de Bush este novo presidente supón, en efecto, unha esperanza. Pero comparado con un presidente coma Lula segue a ser outra bestia

LM dijo...

pois prefiro o principio galego: desconfia e acertarás!
beijos

Anónimo dijo...

Que gane Obama é histórico, que os americanos saian a votar en masa (aturando colas e con papeletas que se tarda quince minutos en encher) é síntoma de que a democracia é cando menos a nosa única oportunidade de emendar erros.

Mararía dijo...

Haberá que ver qué cambios reais se producen. (Estou contenta tamén ca sua victoria, claro).

Un saúdo.

soneu dijo...

"(...) un novo mencer de liderazgo americano está a chegar. A aqueles que derruirían este mundo: vencerémosvos." Discurso da victoria de Obama.
¿Un novo mencer de liderazgo "americano"? Eu non lembro ter votado para que USA me liderara.
¿Quen son os que derruirían o mundo? Non creo que exista ninguén así, senón xente que loita contra o invasor no Afganistán ou no Iraque.
Todo o meu respeto para a xente negra, escravizada e masacrada por séculos. Ningún respeto para o Imperio, que segue buscando escravos.

Alexan dijo...

Ogallá sexa así. Temo que nos esperan oito anos de desenganos.O poder real sigue fluindo polas cloacas dun mundo perdido, mentras os Lideres son soio relacions publicas dos soños animados de ayer y hoy .
Un saúdo

Son Unha Xoaniña dijo...

Eu tamén me alegro, pero teño serias dudas de que a cousa vaia mudar tanto como se pensa.
Non sei, son algo escptica.
Bicos.

Anónimo dijo...

eu dudo moito que faga algo mellor que Bush unha persoa que conta co apoio dos mesmos lobbies que Bush. Home!, este ten menos pinta de atragantarse cunha galleta, pero eu estou dacordo con Chomsky cando di que Obama só é un blanco ennegrecido

Mr Tichborne dijo...

Non son eu tan optimista coma vostede, señor Raposo, mais a esperanza é o derradeiro que se perde e acabamos de empezar. E como dixo o Paideleo, o dos Bushes non vai haber quen o supere

Anónimo dijo...

O problema non é si un candidato ou outro, o problema e o sistema.
Alégrome pola caída dese xenocida e analfabeto e peor presidente de EEUU desde a súa independencia do cal xa non lembro o seu nome.
Unha sociedade enferma como é a de EEUU, non é moi doado cambiala e o soño de Martín Lutero King aínda non chegou, segue sendo unha utopía.
De Obama só se pode agardar o que lle digan os Lobbys en especial o Lobby máis forte quizais do mundo como é o xudeo . Un dos homes máis fortes deste Lobby dun extremismo
moi forte, vai ser o segundo home da Casablanca.Mal comezamos.