domingo, 21 de diciembre de 2008

BO NADAL


Nestas datas:
Que a tristura non teña cabida nos vosos baúis,
que o corredor da casa sexa unha autoestrada sen peaxe cara o sétimo ceo,
que os pantasmas do faiado bailen a muiñeira con ledicia e dean a pinchacarneira con moito xeito,
que no curral o boi brúe de felicidade e ornee o burra polo mesmo,
que da cociña chegue un arrecendo de cariño,
que as sabas queimen de paixón,
que a ilusión gabee polas paredes ata enchoupar o teito,
que cada recuncho do fogar sexa un colo de agarimo.

Vale, saíume un pouco cursi pero eu o que vos quería dicir era esto:
FELICES FESTAS A TODOS, A TODAS.

22 comentarios:

Carlos Sousa dijo...

Home, cursi non sei, pero que si os teus desexos son eses, a ver si se nos cumplen algúns.

Que tal de cena?

Veña, bo Nadal.

Anónimo dijo...

Amén, Raposo. Amén...

Antón de Muros dijo...

Grazas polos bos desexos :-)

Unha aperta dende o verán.

Antón.

Paz Zeltia dijo...

a min non me parece nada cursi, xa me iba animando a medida que ía lendo ¡cousas como estas son contaxiosas!

que da cociña chegue un arrecendo de cariño,
que as sabas queimen de paixón,
que a ilusión gabee polas paredes ata enchoupar o teito,
que cada recuncho do fogar sexa un colo de agarimo


unha noiteboa agarimosa che deseo para tí tamén

HADEX dijo...

Moi boas festas Raposo. Que o pases moi ben e que as disfrutes. Biquiños dende Lugo!!

Raposo dijo...

Carlos Sousa: A cea ben: animada e divertidas. O día seguinte de resaca, como case sempre.
Paquito de Penas: Amén.
Antón de Muros: pois desfruta do verán (aquí can unhas xeadas de medo).
Zeltia: desfrutemos destes contaxios, pois.
Hadex: bicos para ti tamén.

Grazas a tod@s e desfrutade das festas.

Noa dijo...

o que conta é a intención, e non a cursilería... jajajajaja.
boas festas a vostede, tamén! :)

Anónimo dijo...

Felices Festas!

Anónimo dijo...

De cursi ren de ren. Che desexo unha felíz noiteboa.
Bo Nadal.

Raposo dijo...

Noa, Silvana, Sarampelo:Bo Nadal. Apertas.

paideleo dijo...

Boas festas !

vermella dijo...

que teñas un Nadal bo e un ano novo mellor.............
bicos

Raposo dijo...

Paideleo, Vermella: Boas festas, eu marcho agora mesmo para a aldea a celebralas.

Anónimo dijo...

Vostede si que sabe, na aldea ata o Nadal se deixa querer.
Boas festas, Raposo.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois eu apúntome a esa (suposta) cursilería. A todiña!

Bo Nadal, señor raposo. Unha aperta dende Antas

rui dijo...

Bo Nadal, Raposo, que polo menos se cumpra a metade do que desexas!

Son Unha Xoaniña dijo...

Non che me parece cursi, o que me gustaría e que todo iso sucedese no meu fogar e por suposto deséxoche o mesmo. Bicos.

Cuspedepita dijo...

Bo Nadal, Raposo, a Pita anda algo choca, pero xa volverá ás andadas ;-)
Aproveitando que é Nadal propoñoche que asinemos unha tregua ¿Que tal se intentas cear só pavo por un tempiño ? ;-)

Bicos

fgul dijo...

igualmente raposo: ten coidado coas galiñas.

LM dijo...

feliz entrada de ano e que o que comeza venha cheinho de ilusom.
beijos

Raposo dijo...

Doutora seymour: nas aldeas a vida vai a un ritmo mais sosegado, mais pracenteiro, agora eso si tamén ía un frio de carallo.
Chousa da Alcandra: apuntado quedas, pois.
Rui: o 50% tampouco esta mal.
Mencía: Que así sexa.
Cuspedepita: tregua aceptada. Por deferencia a ti estou case tentado a facerme vexetariano.
Manuel L. Rodrigues: andarei con tento, andarei, que hai algunhas moi cucas.
LM: para ti igoal.

Felices festas a todos-as.

torredebabel dijo...

Ogallá que o ano 2009 sexa xeneroso e que nos deixe gozar da vida e medrar nela.

Apertas ao lonxe!