martes, 9 de diciembre de 2008

JOAN BAPTISTA HUMET


Joan Baptista Humet xamais foi un cantante de moda, nunca arrastrou multitudes pero desde finais dos 70 ata mediada a década dos 80 colleitou certo éxito con temas como: Despiértame al amanecer, Cosas de allá, Que no soy yo, Un barrio, A ese niño, Terciopelo, Hay que vivir e sobre todo Clara, quizais a súa canción mais emblemática.
Foi cara o 86 cando deixou a música e non volvería a publicar nada ata o 2004, ano en que sacou un novo traballo titulado: Solo bajé a comprar tabaco.
O seu estilo intimista, realista e honesto a hora de cantar achegouno a xente; historias sinxelas, humanas, cancións agridoces as que lles soubo dar un toque de tenrura para facelas cálidas.
Joan Baptista Humet morreu o pasado 30 de novembro, víctima dun cancro de estómago. Conservo dúas cintas del, unha está soando mentres escribo estas liñas. Xamais foi un cantante de moda, quizais nunca arrastrou multitudes, pero tivo unha traxectoria honesta, fiel a si mesmo, e algunhas das súas cancións figuran como as mellores daquela época; soubo cando parar, non se vendeu o mellor postor e deixou pegada. E eso xa é moito.
Amósovos aquí algúns dos seus temas que atopei polo youtube: o terceiro deles ten como algo de profético tendo en conta os convulsos tempos económicos que corren.





9 comentarios:

HADEX dijo...

Como lle dixen a Cuspedepita coñecíao de un disco recopilatorio da Nova Canço catalana. Moi fermosos os temas.
Bicos

Cuspedepita dijo...

Vaia, señor Raposo, coincidimos no tema, na oipinión sobre el, e ata puxemos o mesmo vídeo.
Ao final non son tan diferentes os raposos e as galiñas ;-))

Unha aperta

LM dijo...

nom te confies cuspedepita que mais sabe o demo por raposo do que por vello...
beijos

Carlos Sousa dijo...

Teño que recoñecer que non o seguía. Daquela época gustábame a música un pouco máis cañera, aínda que creo recordar a de Clara. Unha pena porque sonche moi fermosas.

E xa ves, un día hai que empezar a preocuparse e no seguinte a solución; hai que vivir e burlar o futuro. Será así?

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Manterse fiel a un mesmo, ser consecuente co xeito de sentir e de dicir de cada un, é algo que admiro de Humet. Non é nada fácil mantense firme contra a corrente.

Anónimo dijo...

Nunca oira falar del, gústame a terceira.

Bicos(Martafer)

Chousa da Alcandra dijo...

Así de revoltos andan os tempos, nos que pitas e raposos se poñen de acordo...

Bonito recoñecemento

Paz Zeltia dijo...

No era de mis cantautores preferidos, pero alguna de sus canciones como "clara" sí que quedó pegada en mi memoria y asociada a otros tiempos de mi vida que ya parecen de otra vida.

Y, coño, es cierto, nos morimos.

Son Unha Xoaniña dijo...

Debemos ser da mesma época vostede e mais eu, a min tamén me gustaba moito sobretodo "Que no soy yo" e "Clara", e outras moitas.
Saúdos.