Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante.
Pasa, non te quedes na porta.
Kona! se onte mesmo, tamén no concello de redondela, topei un cabrón deses ghaveando pola casa dos meus vellos, o ghicho axudábase cunha esqueira de man, menos mal que lle tiñamos a fiestra do salón pechada! Hai que andar cun ollo con eles...!
Sí, xa os vin estes días, en parapente, tamén vin en vez de papá noel, 3 reis magos ou 3 axudantes de papá noel, en fin... a mín non me gusta nada, pero non son capaz de convencer á miña nai, que colgou un da ventana e tén outro nas escaleiras da casa, que sube e baixa por un escaleiro coma de bombeiro ao son dunha música desas que penetran ata a parte máis interna do oído e máis aló, se cabe. E iso que me gusta o Nadal, pero todo tén os seus límites.
Pois si, están as fiestras de por aquí cheas de poapanoeles colgados, a verdade que non che me gustan nada, pareceme...non o vou dicir que se cadra molestase a xente e non quixera eu molestar a ninguén nesto. Bicos
18 comentarios:
Kona! se onte mesmo, tamén no concello de redondela, topei un cabrón deses ghaveando pola casa dos meus vellos, o ghicho axudábase cunha esqueira de man, menos mal que lle tiñamos a fiestra do salón pechada! Hai que andar cun ollo con eles...!
¡collíchela cos cabronazos dos reises!
Anarquista,roxo!!!
e ten toda a razón deberían vir os tres republicanos magos nin reis nin papa noeles, hahahaha!!!!
Ya era hora de darle tregua a los renos ;D
Sí, xa os vin estes días, en parapente, tamén vin en vez de papá noel, 3 reis magos ou 3 axudantes de papá noel, en fin... a mín non me gusta nada, pero non son capaz de convencer á miña nai, que colgou un da ventana e tén outro nas escaleiras da casa, que sube e baixa por un escaleiro coma de bombeiro ao son dunha música desas que penetran ata a parte máis interna do oído e máis aló, se cabe.
E iso que me gusta o Nadal, pero todo tén os seus límites.
Moi bo o teu comentario. Non che me chistan nada
Arre demo o que hai que ver, jajajajajajajajajajaja.
Biquiños¡¡¡
e onde deixou o saco?
beijos
som como os gremlins... atácannos por todos lados... ...pendúranse das fachadas... ...métenlle medo aos nenos...
...que o apalpador os apalpe ben apalpados...
Pois si, están as fiestras de por aquí cheas de poapanoeles colgados, a verdade que non che me gustan nada, pareceme...non o vou dicir que se cadra molestase a xente e non quixera eu molestar a ninguén nesto.
Bicos
Modernizarse ou morrer, que será o seguinte?
Un desastre, un feísmo urbano puro e duro.
Ese modelo anda tamén por Arbo anque sen paracaídas e semella un cristo crucificado.
Súmome ao movimento este contra dos santa claus escaladores. Unha fogueira, por favor...
Saúdos.
Mira que son aburridos. A xente cando a colle con algo. Ben, polo menos aos cativos failles graza.
Argh!
Sonche unha terríbel horterada!
Un continúa cunha loita só medio perdida por evitar os adornos navideños e demais parafernalia para esta festa do consumismo de importación...
Cabrones...preparade as baterias antiaereas!.Apertas
E o peor de todo é comprobar cómo sucumbimos ante todos os produtos que nos queren vender, alleos por completo ás nosas tradicións.
Saúdos.
deixei-te um detalhe no blogue
beijos
Publicar un comentario