Foto: A Doblada, Vigo.
Como tódolos anos por estas datas unha banda moi ben organizada de individuos de longas barbas brancas, bandullo prominente e indumentaria vermella, tenta asaltar os fogares españois trepando polas fachadas. Astutos, teimudos e profesionais aproveitan calquera regandixa para meterse dentro das casas.
Polo de agora os corpos e forzas de seguridade do estado aínda non tomaron ningunha medida para resolver este problema que leva camiño de converterse nunha auténtica praga.
Polo de agora os corpos e forzas de seguridade do estado aínda non tomaron ningunha medida para resolver este problema que leva camiño de converterse nunha auténtica praga.
18 comentarios:
Cualquiera diría que trabaja/n en solitario ;D
Mua.
Grazas pola visita eu tamén volverei por aqui, na miña casa o dia de reis viñan os reis e o dia 25 tamén viñan os reis, que como tiñan moito que repartir facían a segunda volta...hahaha!!!pero o invento dos papanoeis colgantes é unha plaga, e máis dende que dous de cada tres comercios son bazares chinos, que se adican a vender yankiladas.
Pois é certo que nos últimos anos foi unha invasión de gordinflóns de vermello pendurados das fiestras e balcóns.
Á miña casa tamén sempre viñeron os Reis (e seguen vindo!!). Tamén eramos de "nacimiento" e neso agora cedeus un chisco, xa que na actualidade ponse "belén" e mailo pino tamén.
Ja ja ja....está ben....A min, como teño nai brasileira, víñame Papai Noel....Pero agora de maior volvín á tradición dos Reis Magos....
Si que da un pouco de medo esa invasión dos homes vermellos!!!
Biquiños!!
por cá, como temos veia tuga vem o pai natal! e por parte dos avós venhem os "reises"...
a foto tem muita graza.
beijos
Que teñan coidado os homes de vermello, que un nadal destes poderían quedar destituidos polo chamado "Apalpador".
Apertas!
Non pasa nada, coñezo tres tipos, tamén de estrañas roupaxes e un deles amais subsahariano, que están armados, cabreados e preparados para combater. Os de vermello non vencerán!
Unha praga? Sempre nos invaden as costumes de fora, a mín non é que che me guste moito.
E co dos monequiños roxos, xa creo que se fan un pouco aburridos, algunhas casas teñen ata dous ou tres. Como para que os pequenos crean nel.
Unha aperta
Que non se me note que detesto estas festas tan desatadas, pero vivise nun piso e me plantan un macaco como o que poñen uns aló no centro da vila cunha MUSIQUITA metálica todo o dia de dios, xúrolle, prendíalle lume. Ata evito pasar por baixo, para non ter tentacións.
Xa. Eu pensaba que ía ser moda dun ano pero parece que este costume vén para quedar.
Bueno, que todos os males sexan estes.
Raposo: aledame o humor desta entrada.
É mellor que o pesimismo da anterior ;-) ;-)
Unha aperta.
Antón.
Este ano eu vou poñer unha seria vixianza na chimenea, que tódolos anos entran por ahí na casa!!!
Debe ser cousa dunha guerra preventiva, chegan novas de que unha partida de reis trepadores tamén se comezan a colgar das ventás e balcóns... ¿que farán cos camelos?
Vivo sen vivir en min!
eu confésome monarquica de toda a vida,e a culpa de tanto noël colgado das fiestras é dos chinos que por uns euros vendenche un deses,antes eran de importacíón e carisimos de dios e non os poñía ninguen...a globalización.
bicos.
Lembrenme de aquel meme que fixeras sobre o millonario excéntrico, e que dicías que ías invitar o Bush ese para darlle unha patada nos collón cos zapatóns de punta de aceiro. De momento aínda non debes ser millonario, pero xa houbo quen lle tirou os zapatos a cara, e que reflexos ten o cabrón. Unha mágoa.
Carlos Sousa: teño que dicir que eu non son o responsable da autoría intelectual dese feito. Xa me gustaría.
É unha mágoa que o periodista non apuntara un pouco mais baixo e lle esnafrara os fuciños. A ver si a próxima vez hai mais sorte.
Xa vexo que o post dos homes de vermello e unha perfecta disculpa para rematar falando de política :-)
Gustoume o comentario, perfecto.
E, a foto de hoxe (dezassete) xa é rizar o rizo.
Publicar un comentario