Mañá, día 20, George W. Bush remata o seu mandato, xa era hora.
Pasará a historia como o peor presidente dos Estados Unidos: chegou o poder nunhas eleccións fraudulentas e grazas os chanchullos dos votos da Florida; meteu o mundo en dúas guerras, na de Irak (inxusta, ilegal e absurda) baseándose en informes falsos e enganando os seus aliados; é un acérrimo defensor da pena de morte e demostrouno con creces cando foi gobernador de Texas; promoveu o uso de tortura e o terrorismo de estado; permitiu a creación desa aberración de prisión chamada Guantánamo (denunciada pola ONU por violación sistemática dos dereitos humanos) e dunha rede de cárceres secretas e centros de detención ilegais arredor do mundo; ten gran parte de culpa da crises económica que padecemos; non ratificou o Protocolo de Kioto porque non lle importa nada o cambio climático nin a degradación do planeta (neste caso poida que teña de asesor o primo de Rajoy); semella que o seu coeficiente intelectual está baixos mínimos e creo que tamén foi borrachín na súa xuventude.
Pois ben este é o individuo que foi presidente de EEUU durante 8 anos.

Ata nunca, señor Bush! Goodbye, cabronazo!!
..........................................Si queres podes despedirte aquí de Bush.
..........................................Si queres podes despedirte aquí de Bush.
18 comentarios:
Fai pouco, Aznar definiuno como “un gran estadista”. Obviamente esto non é moi relevante, como todo o mundo sabe o expresidente español últimamente di chorradas un día si e outro tamén.
xa era hora!!!!!!!! si señor....penso que vamos a ter que comenzar a facer castings para acadar a presidencia, facendo pasar ós candidatos por algún que outro test psicolóxico, porque seguro que persoaxes como Aznar ou Bush, non poden ser tan difíciles de detectar...con abrir a boca unha soa vez...xa os podían meter a todos na casa de gran hermano de Guantánamo e dar cun decente para presidir.
Eu tampouco o vou botar de menos..
O problema é que xa non teñen remedio todas as súas desfeitas....Eu teño a esperanza de que tanto el como Aznar paguen polos seus pecados, en vida , por suposto, algún día....
Na lista de zapatos non veñen os zapatóns con punta de aceiro. Unha mágoa.
E outra, é un "ser" tan agradecido que se esqueceu do seu colega Aznar na súa despedida. A ver si se retiran xuntos e deixan de dar a nota.
Vai poñendo os zapatóns na lista, pero varios pares.
non hai mal que cen anos dure,así que "sayonara baby"para o sr.Bush.
bico para ti Raposo.
O peor de todo é que se "vai de rositas". O que tiña que pasarlle era o de probar a mesma medicina que el recetou, Guantánamo, Irak etc. a pan e auga. Con isto non imos devolverlle a vida a milleiros e milleiros de mortos, nembargantes sería unha satisfación para medio mundo.
Este non pasa polo Tribunal Internacional como xenocida. Este agora a dar conferencias e facer máis caixa como o impresentable e xenocida Ansar.¡Mala chispa os coma!. Cabróns.......
Coa imaxe que nos amosaban os medios aquí, xa nunca entendín como puido este tipo tan gris chegar á presidencia do "país máis avanzado do mundo". Agora, oito anos despois, ainda mo sigo preguntando.
O estado de opinión que se creou en contra del e o título de peor presidente da historia dos EEUU creo que xa un castigo merecido aínda que non suficiente. Quizais o que teñamos que facer agora é esquecelo para sempre o máis axiña posible.
Saúdos.
por fim!!!!
beijos
Sin olvidar que o foco da crise financiera que nos trouxo a como estamos hoxe foi en EE.UU, e pola sua pouca responsabilidade e descoñecemento total e absoluto das teorias económicas basicas baseadas no sentido común. Pensar mais en conflictos e na sua financiacion que en administrar,foi a súa contribución á caida do sistema económico mundial.
Todos esperamos que Obama siga de exemplo a Bush en todo o que non hai que facer. Vémolo como unha especie de "mesias". Seguro que o ha facer moito mellor que Bush pero tamén é certo que lle estamos a por o listón moi alto.
Saudos
Que a Historia o poña onde se merece...
Acabo de descubrir agora o xogo, unha vez que practicas un par de tiros non fallas un zapatazo. Moi orixinal.
Aínda así, volvo a repetir que faltan os zapatóns.
qué lle dean a él e o que ven detrás del!
Cada un recolle o que sementa...
O tempo te pondrá no teu lugar Bastardo.....Ata entón agarda no puto inferno, ti e os teus secuaces, condolezza e Mr. Cheney..
E termade das conciencias...
Se podedes!!!... ASASINOS
Ola, Raposo, que levaba un tempo de desconexion.
Pois o de borrachin non o podes ponher como pexorativo, creo que foi a unica virtude que tivo, o unico que soubo facer ben. O resto todo unha desgraza.
Amén
Coido que pouco queda por dicir deste home, o que nunca entenderei é como un tipo así pudo chegar a presidente dun país, claro que o mesmo me pregunto do señor ansar, non sei como tipos así chegan tan alto, en fin esperemos que o Obama teña un pouco mais de sentidiño.
Bicos.
A miña avoa fixo a reflexión máis simple e exacta que se podía facer:
«¿E será posible que a ese señor o deixen irse sen ningún castijo por todo o que fixo?»
Publicar un comentario