Nesta cova atoparás un territorio rebelde e libre de impostos. Para entrar non se piden referencias nin curriculum; non hai que pagar peaxe; non se precisa traxe de etiqueta nin gravata. Somentes un espírito aberto e tolerante.
Pasa, non te quedes na porta.
lunes, 26 de enero de 2009
DE BOIS E VACAS
Hoxe comeza o ano 4707 para os chinos. Segundo o seu calendario a cada ano correspóndelle un animal, neste caso é o BOI. Eso será en China, aquí penso que é mais apropiado chamarlle a este 2009 ano das VACAS FRACAS.
Imaxino que tamén haberá bois fracos. Eu lembro un que tiñan "de parada" nunha casa; e o pobre estaba tan estransillado que cando lle levaban unha vaca para "cubrir" non era quén de dar saltado enriba dela. Así o dono da vaca "movida" tiña que levar unha caldeiriña de millo para que o boi collese folgos antes do salto do tigre... Como cho conto.
Ja, ja. Pois a ver quen nos trae a nós a caldeiriña de millo para coller folgos antes do "sancta sanctorum". ¿Os de EE.UU quizais? Eu o do ano 4000 e pico dacheme non sei que. Pareceme que son moi vello, carallo!!!
Boa cousa para os alaricanos, en Allariz a festa máis celebrada é a festa do boi..eu nunca a perdo,así que este ano estarán contentos...de boi todo o ano!!
E pregunto eu. ¿Se é o ano do boi que vam celebrar os de Boimorto? Ah claro, é que os de Boimorto non son chineses. Sabes que andou na Voz de Galicia a leria dos xentilicios?. Algúns preguntaban cómo diaños se lles chamará aos de Boimorto?
Raposo. Nomineite dentro do meu "meme traste". A min non me gustan nadiña estas cadeas de trangalladas, pero dada a temática do mesmo, é de bon gusto facelo seguir. Espero que non che importe e a ver que produto da terra nos das a probar. Saudos.
Está ben iso de poder rematar un ano e botarlle as culpas a un boi ou a un cabalo. Extráñame que os políticos occidentais aínda non caeran nesa bicoca!
No estarán trabucados os chineses con iso do ano do boi. Coido que o boi "irracional" xa se foi en xaneiro para Texas, con moito respecto polos bois que pastan polas nosos campos de Galicia, que teñen máis sentido e racionalidade que ese "boi texano".
Xa que vai de ditos e refráns, tamén se di por ahí que "año de nieves, año de bienes", polo que a ver se saímos desta crise... aínda que despois do escoitado esta mañá dun portavoz do FMI... que a crise alongarase ata o 2011 e que España sufrirá e moito.
Saudiños, que hai moitos días que non andaba pola rede, vou ver, quero dicir ler, o que me perdín.
"Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.
Este Prémio obedece a algumas regras:
1) Exibir a imagem do selo; 2) Linkar o blog pelo qual se recebeu a indicação; 3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.
Assim sendo, repasso o Prémio Dardos para os bloggers abaixo, pelo valor que lhes reconheço":
En chinês, así en seco, o nome indica tanto o masculino coma o feminino, de maneira que non hai problema en viralo vaca. Ás persoas deste signo tócalles traballar arreo. Non creo que nas cousas dos horóscopos, por pura preguiza de crer en nada, pero nesta si, porque é o meu. Son boi, ou vaca, e fraca.
je. moi boa a relación. intereime hoxe do dia especial para os chineses, porque teño unha amiga que adoptou un meniño chinés cunha discapacidade, e hoxe xuntábanse todos os da pasaxe verde nun restaurante asiático, aquí na coruña ¡festa rachada!
19 comentarios:
Moi orixinal e apropiado. Esperemos que o 2010 non volte a ser o ano do boi, sería mal asunto.
Imaxino que tamén haberá bois fracos.
Eu lembro un que tiñan "de parada" nunha casa; e o pobre estaba tan estransillado que cando lle levaban unha vaca para "cubrir" non era quén de dar saltado enriba dela. Así o dono da vaca "movida" tiña que levar unha caldeiriña de millo para que o boi collese folgos antes do salto do tigre...
Como cho conto.
Ja, ja. Pois a ver quen nos trae a nós a caldeiriña de millo para coller folgos antes do "sancta sanctorum". ¿Os de EE.UU quizais?
Eu o do ano 4000 e pico dacheme non sei que. Pareceme que son moi vello, carallo!!!
Boa cousa para os alaricanos, en Allariz a festa máis celebrada é a festa do boi..eu nunca a perdo,así que este ano estarán contentos...de boi todo o ano!!
Para eles significa que vai ser un bo ano... esperemos que para nós tamén o sexa.
Raposo: agardemos que non sexa tan malo este ano do boi.
Pasamos moitas, ánimo para esta nova proba.
Unha aperta.
Antón.
noms ei se os chineses estaram mui de acordo em mudar-lhe o género...
beijos
pois ano de bois fracos,e digo eu como despois do boi ven a vaca será o 2010 o ano da vaca?
bicos.
E pregunto eu. ¿Se é o ano do boi que vam celebrar os de Boimorto? Ah claro, é que os de Boimorto non son chineses. Sabes que andou na Voz de Galicia a leria dos xentilicios?. Algúns preguntaban cómo diaños se lles chamará aos de Boimorto?
Vaia vaia concordo con LM non sei si @s chines@s estarán dacordo co cambio de xénero...
Unha aperta.
:)
Raposo. Nomineite dentro do meu "meme traste". A min non me gustan nadiña estas cadeas de trangalladas, pero dada a temática do mesmo, é de bon gusto facelo seguir. Espero que non che importe e a ver que produto da terra nos das a probar.
Saudos.
Está ben iso de poder rematar un ano e botarlle as culpas a un boi ou a un cabalo. Extráñame que os políticos occidentais aínda non caeran nesa bicoca!
No estarán trabucados os chineses con iso do ano do boi. Coido que o boi "irracional" xa se foi en xaneiro para Texas, con moito respecto polos bois que pastan polas nosos campos de Galicia, que teñen máis sentido e racionalidade que ese "boi texano".
Xa que vai de ditos e refráns, tamén se di por ahí que "año de nieves, año de bienes", polo que a ver se saímos desta crise... aínda que despois do escoitado esta mañá dun portavoz do FMI... que a crise alongarase ata o 2011 e que España sufrirá e moito.
Saudiños, que hai moitos días que non andaba pola rede, vou ver, quero dicir ler, o que me perdín.
"Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.
Este Prémio obedece a algumas regras:
1) Exibir a imagem do selo;
2) Linkar o blog pelo qual se recebeu a indicação;
3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.
Assim sendo, repasso o Prémio Dardos para os bloggers abaixo, pelo valor que lhes reconheço":
http://www.poemasdacova.blogspot.com/
http://chousadaalcandra.blogspot.com/
http://fiosinvisibles.blogspot.com/
http://moendodoreves.blogspot.com/
Para conhecer os outros blogues e recolher o selo do Prémio Dardos, visita o nosso espaço.
A ver se nos colle algo da sorte dos bichos, por que aquí, estamos sobrados (de vacas). Saludos
En chinês, así en seco, o nome indica tanto o masculino coma o feminino, de maneira que non hai problema en viralo vaca. Ás persoas deste signo tócalles traballar arreo. Non creo que nas cousas dos horóscopos, por pura preguiza de crer en nada, pero nesta si, porque é o meu. Son boi, ou vaca, e fraca.
jeje...
je. moi boa a relación.
intereime hoxe do dia especial para os chineses, porque teño unha amiga que adoptou un meniño chinés cunha discapacidade, e hoxe xuntábanse todos os da pasaxe verde nun restaurante asiático, aquí na coruña ¡festa rachada!
Publicar un comentario