viernes, 30 de enero de 2009

MANIFESTO POLA SOLIDARIEDADE







"Nesta terra hai recursos dabondo para satisfacer as necesidades de todos, pero non tantos como para satisfacer a avaricia dalguns". GANDHI.






QUEN SOMOS: Os que subscribimos este manifesto somos cidadáns no pleno uso dos nosos dereitos civís, e titulares da soberanía popular, da que emanan os poderes do Estado. Os asinantes dirixímonos a todos os cidadáns do mundo, coñecedores da situación de atraso, fame e enfermidade na que se atopa gran parte da poboación humana nun momento histórico, como o actual, no que se dispoñen dos suficientes medios políticos, económicos e científicos que puidesen solucionar estes problemas. Este manifesto ten vocación de universalidade, e vai dirixido a toda a humanidade, por iso a versión orixinal en español será traducida a diversas linguas, pois o noso propósito consiste en facer ouvir a voz da opinión pública nos lugares nos que se toman as decisións políticas e económicas do mundo.


A QUEN NOS DIRIXIMOS: Dirixímonos á clase política gobernante dos nosos países, composta por aqueles que eliximos, libremente, nunhas eleccións democráticas; así como aos máis altos mandatarios das Organizacións Internacionais, como a O.N.U. e aos Presidentes e Gobernos dos países máis ricos da terra.



MANIFESTÁMOSLLES: 1.- Que este texto ten a súa orixe na constatación da extrema situación de necesidade e de fame que sofre unha gran parte da poboación da Terra e na desigual e inxusta repartición de bens que existe actualmente no mundo.
2.- Que consideramos que dita situación é intrinsecamente perversa e non admisible nin moral nin eticamente, dado que todos os seres humanos nacen libres e iguais. Igualmente, temos presente que todos os cidadáns do mundo teñen eses dereitos desde o mesmo instante do seu nacemento e non como unha promesa futura cuxa conquista dependa da realidade política, social ou económica dos seus países.
3.- Que defendemos que é completamente inxusto, inmoral e un crime humanitario punible ante os tribunais internacionais e a Historia que, en pleno Século XXI, existan seres humanos que pasen fame no mundo, e que morran por iso. Que é un agravante dese crime que, existindo as leis internacionais suficientes, así como os medios técnicos, económicos e científicos para corrixir a devandita situación, os que exercen o poder no mundo non leven a cabo as accións necesarias para solucionar o que xeracións futuras cualificarán de verdadeiro xenocidio no que serán culpables todos aqueles que, tendo os medios para solucionar o problema, non os empregaron.
4.- Que consideramos que esta inxusta situación é contraria ao dereito Natural, aos Dereitos humanos e ás normas da máis elemental ética, e entendemos que chegou o momento de que a voz da opinión pública esixa dos seus gobernantes o final de tal estado de cousas.
5.- Que o presente manifesto non é un manifesto utópico; e que tampouco é un manifesto político, nin se pretende co mesmo a instauración dunha nova orde política ou socio-económico mundial, nin ningún menoscabo do tecido empresarial, sanitario e social do mundo desenvolvido, senón a máis elemental xustiza cos desfavorecidos.



POR TODO ISO, ESIXIMOS aos nosos GOBERNANTES:
1.- A adopción de medidas inmediatas e urxentes para paliar tal situación de fame, enfermidade e desnutrición no terceiro mundo. Consideramos que tales medidas non constitúen unha utopía, senón que son perfectamente viables e posibles.
2.- Manter o compromiso de cumprir os Obxectivos do Milenio que, establecidos polas Nacións Unidas no ano 2000, definen os principios aos que ha de axustarse a actuación dos paises e do sistema económico internacional para superar, co horizonte fixado no 2015, as inxustizas que afectan a humanidade.

3.- A realización de accións solidarias sistemáticas cos países máis desfavorecidos e que se estableza unha orde lóxica e humana de prioridades na política económica, con proxectos intelixentes que creen riqueza e postos de traballo nos países pobres, facilitando un desenvolvemento sustentable e un progreso que lles axude, ademais, á consolidación dunha rede sanitaria, económica e social estable que faga imposible o retorno á situación de partida e favoreza a consolidación dun réxime político interno democratico.

4.- Que se tomen as medidas necesarias para que os países ricos destinen unha parte dos seus orzamentos á creación de riqueza e de empresas nos países máis desfavorecidos; así como a adopción dun acordo internacional, que debería subscribirse na ONU de obrigado cumprimento para os países desenvolvidos.
5.- A implantación dun código ético que regule a estratexia das empresas multinacionais, así como a eliminación dos paraísos fiscais e a aplicación da taxa Tobin ás transaccións comerciais internacionais, que permita crear un fondo de solidariedade xestionado polas Nacións Unidas.
6.- Non aceptaremos simples declaracións de principios que non se traduzan en políticas concretas. En definitiva, APELAMOS ao sentido da xenerosidade e da humanidade de todos, e fundamentalmente da clase política internacional.


Desde a terra que espera e cre firmemente na Solidariedade que constrúa un mundo mellor e máis xusto, a 30 de xaneiro de 2009.


............A iniciativa deste manifesto partiu do blog de Cornelius, que conste.

15 comentarios:

HADEX dijo...

É terrible pensar que cun pellizco das axudas que USA ixectou os bancos se solucionarían tantos e tantos problemas de fame....Qué noxo dan os nosos gobernos!!

Cuspedepita dijo...

¡Canta razón teñen as palabras de Gandhi!
Grazas, Raposo!

Bicos

Barreira dijo...

A ver si conseguimos entre todos que, cando menos, chegue a mensaxe a todos os que teñen poder de decisión na materia e que vexan que estamos unidos no que perseguimos.
Saudos.

Antón de Muros dijo...

A varicia dos poderosos mata de fame aos que nada teñen.

Un saúdo.

Antón.

Son Unha Xoaniña dijo...

Eu súmome a iste manifesto pola solidariedade.
Verdadeiramente o xénero humano somos unha auténtica vergoña.
Bicos

Anónimo dijo...

Vivía na Coruña, anos oitenta, os cartos nunca chegaban a fin de mes. Pero sempre me quedaba a vondade da Sr. María para recuperar o optimismo. Libretiña e apuntar, leite,patacas e aceite...e pagar a primeiros de mes. Os seus fillos na universidade, a casa xa a pagara e estaba a facer outra na aldea.... aquí estaba nacenda a verdadeira clase media...e chegaron alcampo, carrefour, o corte inglés... desapareceu a tenda veciña, a tenda amiga...e agora morreremos todos de fame....


Non é un conto, resume a minha visión dunha realidade cruel.

Anónimo dijo...

Atopei este manifesto no curruncho de Cornelius, onde parece que tivo a orixe, vía Zamarra de Gustavo. E xa ves, tíñao aquí ó lado. Tamén acabo de subilo ó meu sitio.

El tejón dijo...

Mi apoyo al manifiesto.A mí no me preocupa que haya ricos ,lo que no quiero es que haya pobres.
Un saludo.

Nébeda Piñeiro Barros dijo...

Voto porque Gandhi resucite. Ti que dis?

Anónimo dijo...

Súmome ao manifesto con gañas. Pero a rabexa que teño ante tanta inxustiza neste mundo por parte deses "neocon", repartindo cartos (nosos,do pobo) a montes aos bancos e grandes multinacionais (isto tamén vai polo noso goberno), que vendo a cantidade de miseria do mundo e cada vez máis , é para collelos e pasalos durante 9o días a pan e auga, para incharan como globos.

Moraima dijo...

Canta razón.

Anónimo dijo...

Completamente de acordo, mais... servirá para algo?
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Sempre há que manter o optimismo, crer que as coussas irám a melhor. Esso parece que é o que passa com os novos acontecimentos por diversos paises da América latina por exemplo.
Ninguém pode salvar ós marginados, eles mesmos som os que se tenhem que salvar.

São dijo...

Também aderirei.
Aliás, já ilustrei um texto do "são" com esse trabalho de Juses, do blogue Jesus e Encarna.
Um grande abraço.

Mer dijo...

Paréceme moi ben, estou dacordo con todo, vin este manifesto en varias páxinas pero gustaríame saber se ao final servirá para algo. Espero que sí.

Bicos