viernes, 13 de febrero de 2009

MEME DAS LAMBETADAS GALEGAS


¿Quen carallo inventará os memes?
A idea deste (ó que lle chaman meme-traste) parece que saíu de LM (aí podedes atopar as bases completas) e espallouse rapidamente como si un vento nordés o empuxara. Trátase, mais ou menos, de escoller un producto típico da zona de cada un e sortealo entre todos os que deixen un comentario na entrada. A fecha tope é, sen que saiba porqué, o vinteoito de febreiro.


Primeiro foi o amigo Barreira o que me convidou a facelo: eu non o tiña nada claro. Chousa, que é un armadanzas de moito coidado, lembroumo un par de veces, LM tamén: eu seguía resistíndome. Pero apareceu Zeltia e ante o encanto coruñés as miñas defensas empezaron a fraquear.
Así que aquí me tedes cumprindo coas miñas obrigas.


Por si sentides curiosidade e lles queredes botar unha ollada esta é unha lista dos blogs que xa fixeron o meme: Chousa, que nos ofrece pan de Antas e queixo de Ulloa; Mencía, botelo e ucheira de roxóns e noces; LM, queique de Ordes; Zeltia, viño de Ulla; Leo, viño de Arbo; Cuspedepita, butelo e doce de leite; Carlos Sousa, rosquillas e licor café; Vermella e Suso Lista, percebes do Roncudo; Senda, lote de volandeiras; Artabria, tortilla de Betanzos; Barreira, carne o caldeiro; Ao pé do farelo, queixo de naviza; Morrocantando, albariño e mexillóns, Trasalba, orellas da Serra de Outes, Dorvisou, degustación de productos galegos e albariño, Manuel L. Rodrigues, empanada de berberechos da Ría de Noia, Santo 2000, filloas da avoa.
Seguramente hai mais, irei actualizándoa conforme me entere. Porque si fora para traballar na horta non se apuntaba ninguén pero para estas cousas andades finos de carallo.


Ben, ¿e que vou sortear eu? Pois como son de Sober, VIÑO DE AMANDI. Dúas botellas de mencía e, para completar o estoxo de tres botellas, unha de augardente de herbas porque despois da comida presta tomar un chupito.
Así que xa sabedes, sortearei este agasallo entre tódolos comentarios que me deixedes nesta entrada ata o 28 de febreiro. A cada comentario ireille dando un número por rigoroso orde da aparición. Por suposto, non admito comentarios anónimos nin de membros do Opus Dei.
O sorteo fareino perante dun notario e con testemuñas de distinguida reputación alcohólica.
Ó ganador ou ganadora mandareille as botellas o seu domicilio por unha entidade de recoñecido prestixio internacional: Correos. Ou aparezo eu persoalmente con elas mais ou menos a hora de xantar, xa veremos.


Outras das bases deste meme é que hai pasarlle o encargo a 3 blogs amigos para que sigan coa historia esta. Cousa díficil porque case todos están xa nominados. Creo que estes tres aínda non: Dorvisou, Isto non é un cabaré e Trasalba. Así que aí lles vai e a ver que lles parece.

40 comentarios:

Sun Iou Miou dijo...

Ups, podes dar este comentário por non feito. Non o podo evitar, pero son así de desagradable cando quero. Estou por me afiliar á Obra só para fuxir da encarga. Espero que romper a cadea non me supoña mil anos de mala sorte (aínda que tampouco o ía notar moito).

Aperta (pero non afogues)

LM dijo...

pois já que o raposo vai sair da tobeira para trazer o vinho e o augardente queria pedir um par de milheiros de números a ver se me toca sim ou sim...
beijossss

Chousa da Alcandra dijo...

Déame vostede por apuntado a ese mencía da Ribeira Sacra con augadoente con herbas.
E veña vostede, Sr. Raposo, buscar número polo meu blog, que estiven mirando e ainda non o ten.

(Entendo que o encanto coruñés te convencese -LM e máis Zeltia-; así que non te sintas mal por non terme feito caso a min antes jajaja).

LM dijo...

ah! esqueci dizer que o do 28 de fevereiro nom é por nada especial... só que quando xurdiu a ideia no blogue de zeltia era por volta dessa data só que um mes antes e também nom era questom de passar seis meses trasteando...
beijos outra vez

Raposo dijo...

LM: Conténtese con un, oh, non me sea avarenta!
Chousa: mira ben, que xa pasei a buscar número polo teu blog. Si fai falta recunco, eh!
Sun iou miou: Non te apures. Ego te absolvo....

Barreira dijo...

Hoxe é venres e 13, un dia caralludo para que che den o número da sorte deste sorteo. Apuntame ahi que o amandi coa carne ao caldeiro baixa moi ben.
Saudos

LM dijo...

snif!
sniffff!
snif!
sniff!

Raposo dijo...

Apuntado queda, señor Barreira.

Carlos Sousa dijo...

Apuntame a min tamen, que quero o viño para mollar as rosquillas e logo un tomarei un chupito de cada, un de licor café, outro de hervas, un de... Buff, que perigo.

Apertas

Anónimo dijo...

pois o raposo falou de que ía sortear duas botellas de viño e unha de augardente, pero como ao mellor ata a achega persoalmente, a saber se chega o raposo as botellas e os licores, se chegan as botellas, ou se co efecto dos licores nin chegan botellas nin raposo nin licores. Porque digo eu, unha botella de viño aínda que non teña viño, non deixa de ser unha botella de viño. Eu non é que non queira participar, pero como dis que non se admiten comentarios anónimos...a tentación

Artabria dijo...

Dame número para o mencía.........

sarampelo dijo...

Carallo raposo, isto é novo para min. Pero quen lle fais noxos ao Amandi e un chupito/os de augardente?.
Todo elo acompañado dunha boa centola da Ría de Arousa, carne ao caldeiro de Lalín e para rematala unha boas filloas de Caldas con mel de Allaríz, ou un pouco queixo deste mesmo pobo.
Para que todo elo fermente ben no bandullo, fáise unha longa carreira de dez quilómetros a pé, para logo coller o coche, por iso de que che amarguen o xantar os "picoletos" das estradas.

Paco Penas de Dorvisou dijo...

Hoxe, día dos tontos de amor, ou como moi tardar o Domingo da píldora do día despois, tamén postearei o meu meme das lambetadas galegas.
E como sei que te estarás a preguntar de porque non agora, direiche que xa fai tempo que deixei de postear cando bebo, de aí tamén se pode deducir o porque de facelo tsnpouco, jeje
Xa podes dar número.
Apertas larpeiras.

vermella dijo...

Por toda esta exaltación de productos galegos a xunta debería subencionarnos,veña número para o Mencía e a augardente,eso sí se me toca quero que o raposo in person me faga entrega do agasallo....

FraVernero dijo...

Ah, malvadísimo raposón tecedor de memes! Mira que converterme agora en promotor gastronómico, aos meus anos!

xD

Tomo nota do seu encargo, e do accidente, quizaves, das botellas...

Raposo dijo...

LM: non me nifre oh, que me vai facer sentir culpable.
CARLOS SOUSA: Xa estás apuntado aínda a risco de que collas unha melopea.
ANÓNIMO: Seamos serios, o que pasa é que vostede é do Opus e non se atreve a recoñecelo. En todo caso díchesme unha idea caralluda...
ARTABRIA: Apuntada estás.
SARAMPELO: con todo eso no bandullo calquera anda despois os 10 km.
PACO PENAS: Vai ser mellor que o fagas o luns, deixando pasar os efectos dos beberaxes alcohólicos e amorosos.
VERMELLA: o da subvención é boa idea. Haberá que aproveitar estes días que como estamos en eleccións non lle din que non a ninguén.
FRAVERNERO: Agradézcolle que saia do seu retiro monacal e se enfronte a estes placeres mundanos e, sen dúbida, pecaminosos.

Manuel L. Rodrigues dijo...

Apúntome ao banquete. Onde se pide número aquí!! Ai ai ai...

Un saúdo raposo (e ten coidado coas galiñas (máis unha vez))

FraVernero dijo...

Sabedes o que realmente estaría ben? Que fixeramos unha blogo-quedada e festa, á que leváramos os productos para os gañadores e petiscos xeralizados. O tempo non é que acompañe moito, pero estaría ben...

Zeltia dijo...

ah pois eu para sachar na horta non, que xa vou vella, e non estou en forma, así que ós praceres da boca, todos eles, non podo renunciar... ¡quero un número!.
Estadesme a avergonzar todos, eu coa miña humilde botelliña de viño, terei que poñer que menos que dúas!, e que non sabía eu que o que parecía unha sinxela operación de difusión dun producto, se iba a converter nunha bacanal!
:)

Paco penas dijo...

Xa fixen o meme do carallo, non xogues, pódeche tocar...
Mira, podías darme número para a minha compañeira tamén, é unha cuestión de cábalas, dous sempre mellor que un :-)

vintxuca dijo...

eu tamén son de rectoral de amandi...gústame moitísimo o mencía!!!!boa eleción!!!

paideleo dijo...

" Terrón por terrón, vaite a Pantón. Se che dan a escoller, escolle Sober ".
Miña nai é de Pantón e sei do mencía así que non me importaría gañar esas botelliñas.

Mer dijo...

ummm, carai, o mencía é o viño que máis me gusta, aínda teño o sabor na boca do Rectoral de Amandi deste fin de semana

vakastolas dijo...

por fin un meme con xeito!

Senda dijo...

un bo augardente de herbas!! iso é menciña!! deme número que xa me está apetecendo...

Moncho Pais dijo...

Lembro aquel verán en Penelas, Gundivós. Lembro aquel doce sabor do viño de Sober mesturado coa cinsa de enferruxar as xerras... Quen puidese voltar vivir aqueles intres tan persoais.

Raposiño, eu tamén entro no concurso! Unha aperta!

Raposo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Raposo dijo...

Ben, vou dar a primeira adxudicación de números:
LM= 1
CHOUSA= 2
BARREIRA= 3
CARLOS SOUSA= 4
ARTABRIA= 5
SARAMPELO= 6
PACO PENAS= 7
VERMELLA= 8
FRAVERNERO= 9
MANUEL L. RODRIGUES= 10
ZELTIA= 11
VINTXUCA= 12
PAIDELEO= 13
MER= 14
VAKASTOLAS= 15
SENDA= 16
MONCHO PAIS= 17.

Fravernero, opina que se podería facer unha blogo-festa onde xuntarnos todos, levar os productos sorteados, e algo mais claro, e organizar unha comida festeira.
A idea é boa; entendo que o dificil sería elexir a data (sempre haberá quen non poida ir), elexir o lugar (sempre haberá quen non poida desprazarse)e sobre todo requeriría algúns organizadores do evento.
En fin, non sei...paréceme complicado.

rui dijo...

Manda carallo! pero qué cantidade de comentarios che sairon nesta entrada.
Eu como non che son do Opus Dei, gracias a deus, e como lin algho de viño e augardente vou deixar o meu humilde comentario... só por participar, desinteresadamente.

O da reunión é unha idea caralluda, o das datas... Ben, se me toca, alá a finais de março volto á terra.

E vou seguir coa tarefa que me ten ocupado, rematar a botella de Médéa 1998. Non presenta dificultá!

Roxiña dijo...

eu aínda o teño que facer :Smouu

Roxiña dijo...

FraVernero dijo...
Sabedes o que realmente estaría ben? Que fixeramos unha blogo-quedada e festa, á que leváramos os productos para os gañadores e petiscos xeralizados. O tempo non é que acompañe moito, pero estaría ben...


TOTALMENTE DACORDO. Ademais, agora o tempo xa acompaña.

alexandraonelight dijo...

cá venho à "cova" do amigo Raposo, ainda não é tarde para me candidatar? vejo que ambos estamos empenhados em curar uma data de gente de qualquer gripe ou outras maleitas, heim? vinhos de cá e de lá, mais aguardente de ervas... ah, remédios infalíveis!
abraço do minho,
Alexandra

Raposo dijo...

Segunda adxudicación de números:
RUI= 18
ROXIÑA= 19
ALEXANDRAONELIGHT= 20.

A lareira de Santiso dijo...

Mencía pa riba! Que a ninguén se lle ocurra citarnos a todos os implicados ao pé dun río nestas tardiñas de sol para dar conta destes tesouros todos... porque entre o mencía do raposo e o resto das viandas podemos acabar a rolos.
Un numeriño, por favor, raposo.

Ninsesabe dijo...

Anótame, Raposo.
E no meu curruncho podes tamén entrar no sorteo dusn percebiños do Roncudo...

"Sempre en Galicia" - Radio Cornellà : 104.6 FM dijo...

Eu tamén quero participar no sorteo dese viño. O máis importante é participar e saber qué resultado se acada con esta idea. Ogallá teña unha repercusión tan grande que nos faga organizar algunha cousa moito máis grande e teñamos que elixir ás persoas que o coordinen.
¿Cal é o meu número?
Máis adiante faremos outra entrada para comentarmos cousas na miña humilde radio.
Saudos cordiais

Raposo dijo...

Terceira adxudicación de números:
A LAREIRA DE SANTISO: 21
NINSESABE= 22
SEMPRE EN GALICIA-RADIO CORNELLÁ=23

Raposo dijo...

O prazo para participar está aberto ata o remate de hoxe, día 28. Digo esto por se alguén se apunta a última hora.
Como os próximos días vou andar algo liado o sorteo fareino a semana que ven, martes ou mércores espero.
Quedades avisados.

alexandraonelight dijo...

amigo Raposo, recomendo vivamente uma visita urgente ao meu blogue... :0)
tem lá uma surpresa à sua espera... e acho que vai gostar!
Abraço de cá,
Alexandra

Emacc dijo...

Home, se non fixeches o sorteo, dame número!!!