Desde a fiestra miras
o adeus das estrelas fugaces
e pides desexos que non se han de cumprir.
Na penumbra
e sobre os cristais embazados
escribes verbas que ninguén lerá.
Segue o lume
prisioneiro da túa illa
e o silencio faise azul
na quietude invernal dos estanques.
Hoxe toca descubrir o segredo
que nos espellos se agocha,
navegar a barlovento,
beber a poción que nos fará máxicos.
Mais alá presaxios escuros
desafían a lei da gravidade.
Queda un misterio furando no corpo,
tatuaxes que escintilan no medio da bruma,
lagoas nas que perderse á beira do tempo.
Demasiadas incógnitas para esta noite,
para este soño do que só perduran
borrosos recordos.
13 comentarios:
boa!
o silencio faise azul...
beijos
Tamén a min me chamou a atención esa asociación da cor azul co silencio.
(E vas ter que me perdoar, pero fíxome rir o icono de "Non á Caza do Raposo". Precisamente no teu blog, ven como anel ao dedo!)
... si no te importa, me quedaré aquí.
Biquiño, Raposo.
Manda carallo querer acabar cos raposos. Aperta grande
Silencio/Soidade/Frío/Azul
Unha aperta
O azul é un cor frio. Pero o silencio ás veces é calido.
Saudos
Perfecto para un día azul.
bicos.
Presaxios escuros
que desafían a lei da gravidade.
Sei que con estes versos te refires a algo máis abstracto. Pero ben puideran aplicarse á crise que padecemos.
Que ningún deles embaze o noso futuro.
Apertas
Navegar a barlovento, e beber a poción que nos fará máxicos....
Eu quería caer dentro desa marmita.
Sobre o teu comentario no meu blog:
Eu a Bragança non iría a propósito, non hai moito máis arredor, pero é un bo lugar para visitar se vas uns días por Sanabria.
Non te pases coa poción, a maxia é unha (in)materia perigosa. A min xa me deu algún que outro susto o reverso tenebroso da forza jeje
Un saúdo.
As incógnitas son moitas, e que sigan sendo. Os que saben moito, tamén morren. Aperta
xa teño varios "preferidos" dos teus poemas.
¿non has publicar un libriño nin nada?
Publicar un comentario