lunes, 13 de abril de 2009

PARANOIA

..

Desde fai algún tempo perséguenme homes de gabardinas escuras. Serán da secreta ou da CIA. Ninguén o di, os periódicos non falan deso pero a CIA tamén un cuartel en Monterroso e outro en Fornelos de Montes. Eu seino, como sei que eses homes só esperan pillarme desprevido para determe, torturarme e quen sabe que mais cousas. No supermercado un rapaz louro non me quitaba ollo e de cando en vez anotaba algo nunha libretiña verde. Así que pasei de mercar os iogures (quen sabe que carallo lle votan) e o leite ( a saber que é eso do Omega 3 e o ácido oleico, quizais un veleno que che paraliza os músculos e te deixa a mercé dos inimigos). Non me podo fiar de ninguén nin esconderme nos cines; na escuridade calquera se pode achegar paseniñamente e estrangularme con cordón de alpaca como si nada. Na cantina na que entrei a media tarde os parroquianos deixaron de xogar as cartas o verme, as empanadillas tiñan unha pinta moi rara e o dono do bar era cuspidiño a un gánster dunha película que vin hai tempo, cando aínda non me perseguían e podía entrar nos cines e mercar un refresco e botar unha soneca si a película non me chistaba moito. O conductor da liña 7 non era o de sempre. Este era un tipo con bigote, gafas de sol e un vulto sospeitoso debaixo da chaqueta, pareceume tamén que tiña unha perna ortopédica. Así que lisquei de alí e corrín cara a estación de tren pero os trens seguro que tamén están controlados, as cámaras de seguridade vixían sen descanso e os revisores son todos uns mercenarios a soldo. Non, non debo coller o tren, e os taxistas tampouco son de confianza. Ségueme un can; desde que vin a serie Rex non me fío deses bichos: teñen moi bo olfato e un sexto sentido para atoparte por moi ben que te agoches. Desconfío dun sobre avultado que meteron hai días na caixa do correo. Nalgunha sinistra oficina un funcionario revisa antigos dossiers buscando datos que poidan comprometerme. Nalgún garito un home toma un LK e carga o revólver antes de saír a por min. Xa non contesto o teléfono, seguramente está intervido e a cisterna do water fai un ruído moi raro, creo que hai micrófono escondido no retrete. Nos espellos as veces vexo estrañas sombras que queren abalanzarse sobre min. Teño que agocharme, teño que escapar, teño que fuxir desta cidade canto antes. E teño que queimar todo esto que estou escribindo, quen sabe o que pode chegar a descubrir de min nestas liñas un bo grafólogo. Maldita sexa, como voto de menos eses días nos que podía saír a rúa e pasear libremente sen que me perseguisen eses sinistros homes das gabardinas escuras.


* Cuadro: La paranoia de Ana Roldán

24 comentarios:

Zeltia dijo...

joder, raposo, que agobio! espero seguir a ser toda a miña unha neurótica, que ainda que se pàsa ma´l ás veces, non ten color coa paranoia! (menos mal que metiches o do can polo medio que me fixo rir, porque xa me estaba a faltar o ar!) :-)

HADEX dijo...

Buf, efectivamente que paranoia.....eres un crack escribindo eh?

Bicos

P.D. Por suposto se lle permite a entrada os raposos, é máis serán moi ben recebidos!!

Mer dijo...

só de lelo sentín o peso do mundo enriba

¿ viches o Caso Bourne hai pouco, ou?

BICOS

Carlos Sousa dijo...

A min me parece que estabas moi metido na película.

O do conductor do autobús coa perna ortopédica é caralludo, e para que carallo ían por un micrófono no retrete? é aí onde fas a túa vida?

A todo isto, moi bo, con moito suspense, xa contarás como rematou a paranoia.

Barreira dijo...

Vaia, solo de leelo xa se agobia un. Imaxina o que é vivir asi de verdade. E hai casos.
Saudos.

Xan dijo...

Xa caiche nas mans do Gran Irmán Feijoo que implorou o Deus de Rouco Varela ou se cadra e Zapatero que te quere facer ministro.
Certamente o relato e claustrofóbico.
Parabens Raposo
Un saúdo

vakastolas dijo...

Os homes de branco son moito máis perigosos. Iso teño entendido...

mencía dijo...

Moi bo, e se tes que fuxir vente cara Valdeorras, aquí non deixamos entrar as paranoias, de xeito que poderás falar e beber bo viño de mencía sen que te vixíe ninguén.
(Non che puden mandar o botelo porque nestas datas xa non os fan, so me falta mirar nun sitio que pode que inda os fixeran na semana santa, senon mandareiche unhas androllas ¿qué che parece?.
Bicos.

Raposo dijo...

Zeltia: e que me dis da paranoia neurótica?
Hadex: entrarei, pois.
Mer: Pois non vin o caso Bourne ¿vai de algo parecido?
Carlos Sousa: ten coidado porque os micrófonos póñenos nos sitios mais insospeitados, mesmo nas duchas dos polideportivos.
Barreira: hai casos,si. Eu coñezo a un paranoico, ainda que sen chegar a estes extremos.
Xan: agradecido pola visita.
Vakastolas: tamén hai que ter coidado con eses, si.
Mencía: co bo viño de Valdeorras non hai paranoia que se resista!

Apertas a todos-as.

Doutora Seymour dijo...

E que máis lle da? Deixe que vixien. Vostede non ten nada que ocultar...
Ou si?...

Raposo dijo...

Ai, doutora, si eu lle contara...!!

vermella dijo...

Anda que para ser un raposiño espelido e listo de máis agobiaste con calquera cousa as gabardinas escuras son síntoma do tempo chuvioso cando chegue o verán xa marchan....
bicos.

noa dijo...

encantoume todo o dinámico que é, a min máis que agobio, deume sensación de paranoia. e recordoume ós homes grises de Momo. son feos!

paidovento dijo...

Eu creo que os da gabardina son inspectores de Facenda que che veñen revisar a última declaración da renda.

sarampelo dijo...

Eu penso raposo que de momento aínda podes escribir no blog. O máis carallo é que pola noitiña desaparezcas e te atopes en Guantánamo. Total as torturadores da CIA sempre saen libres de culpa.
Coido que tes que dicir aos máis achegados que si non estás ou no apareces pola mañanciña a tomar o café, que alarmen axiña pero non a policía, senón non apareces máis, por iso de que pousaban os avións USA nos auroportos de España (Vigo) e ninguén se enteraba. Lles dis que alarmen as asociacións de dereitos humanos, senón estás perdido.

Pau dijo...

Si que vas a acabar tolo de remate. Non se pode ver tanta televisión. E menos mal que non te encontraste con Falete ao chegar a casa

Majo dijo...

Acábasme de recordar a 1984, de G. Orwell. Jjajajaj. Ben, ben.

Chousa da Alcandra dijo...

Eu xa sabía que en Monterroso, dende que colocaron dous semáforos, non podía haber cousa boa...

ekis1331 dijo...

Así que ti tamén te diches de conta... non sabes o tranquilo que me deixas tío, estaba por poñer a proba a resistencia da garabata, pensei que toleaba... ufff... (un momento, non será este o gancho da organización??... voulle seguir o rollo a ver se saco algo en claro...)

Ex Traño dijo...

- esperta rapo, non estamos enfermos
¿pra que escondernos se sabemos que nos vixian?
e real, e chegou o momento de amosarlles como e a realidade,
tranquilo, non estas soo rapo,
e imos a tomar o control...
¿estas presto?

xa sabes cal e o punto de reunión
vemonos

rui dijo...

Vivir sempre en primeiros, coa maleta permanentemente lista, o imprescindíbel nos petos, poder á mínima saltar pola ventá de atrás, e correr. Nunca hai repouso, o oído sempre atento ao mínimo indício. Correr, agacharse atrás dun arbusto de noite, crerse seguro... cámara de infravermelhos, cunha cruz no medio, e lume. Fin.

LM dijo...

uau! termino de ler um livro da lidia jorge na que um prota contava que salazar criava galinhas e envelenava os ovos. estes ovos iam-se vendendo e a gente ficava favorabel ao regime mas é que logo o veleno ia passando de um ao outro e assim a todo o mundo...
beijos

avelaíña dijo...

Para min que a paranoia é froito da globalización e a sociedade de consumo... Bombardéannos de publicidade, fannos enquisas nas rúas, vixíanos nos supermercados a ver qué compramos, cámaras de seguridade por doquier e os parroquianos do bar ollan para as vestimentas dos novos con recelo...

setesoles dijo...

;)) Non sei se andamos moi perto xa da loucura colectiva. A individual non hai quen nola quite.
Un relato moi dinámico. E sí: creo que os de branco son máis de temer.

Saúdos