jueves, 23 de abril de 2009

WESTER III: RAÍCES PROFUNDAS


Marian Starret- "Non quero que o meu fillo empuñe nunca unha arma."
Shane-
"Unha arma é unha ferramenta nin mellor ni peor que calquera outra, un machado, un legón. Un revolver é bo ou malo segundo que o empuñe. Lémbreo."
Marian Starret -
"Neste val todos viviriamos mais tranquilos se non houbera ningún, incluíndo o seu."

Shane chegou a granxa dos Starret vindo das montañas. De seguida se intúe que arrastra un pasado escuro e misterioso. Vai a calquera parte pero non ten presa, por eso pode ficar un tempo no val. O tempo suficiente para volver usar o revólver cando xa non ten mais remedio, cando xa non queda outra saída.
Sam Peckinpah consideraba a Raíces profundas como unha das mellores películas do oeste e vindo de Peckinpah eso é moito. Filmada no 1951 por George Stevens contou coa presencia de Van Heflin, Jean Arthur, o impasible Alan Ladd, e o neno rubio, empalagoso e quizais pouco natural Brandón de Wilde. Tamén estaban, entre outros, Ben Jhonson como o malo arrepentido e o sinistro Jack Palance como o malo malo, provocativo e lento nos seus actos, terriblemente rápido a hora de desenfundar.
Neste filme hai aspectos que o fan distinto dos westers rodados antes: a amplitude da paisaxe que permite ver o contorno en varios quilómetros coas montañas Teton o fondo; o realismo da roupa dos actores; a meticulosidade dos decorados interiores; e sobre todo o personaxe de Shane, ese forasteiro acosado polos remorsos, arrepentido dun pasado que trata de esquecer, nunca antes un pistoleiro se reflectiu nesa crúa e real humanidade.

Despois do tiroteo final Shane dille o neno Joey Starret: "Agora vai para a casa e dille a túa nai que xa está todo arranxado e que xa non queda ningún revólver no val."
E Shane, o pistoleiro que traballou por algún tempo cun granxeiro, o solitario que pensou que podía formar parte dunha comunidade, marcha outra vez cara as montañas porque ninguén pode borrar o seu pasado, porque ninguén pode fuxir do seu destino.

* No 85 Clint Eastwood faría un remake / homenaxe con “O xinete pálido”,
filme do que quizais falemos noutra ocasión.

18 comentarios:

Barreira dijo...

As armas non son malas, senon quen as emprega. O chocolate non engorda, son eu o que engordo.
Saudos.

W. Sobchak dijo...

vinna hai tanto tempo que a tenho casi esquecida. Haberá que revisitala!

Carlos Sousa dijo...

A reflexión se Shane é moi acertada, o problema é o tipo de ser que a empuña. Xa sabemos que para matar non fai falta unha pistola, ata cun cinceiro se logra, só depende da mente perversa de cada un ou das circunstancias.

Ó final, o que vive cun pasado oscuro, poucas veces pode escapar del.

Chousa da Alcandra dijo...

Tiven que vir á coba dun Raposo para decatarme de que Barreira é un filósofo!

(Non son un amante do xénero; pero asegúroche que vin moitas de rapaz, no reservado do Bar Chispa ou no Avenida -bares xa desaparecidos hoxe en Antas-, con aqueles doblados con acento mexicano. E cando saíamos, todos tiñamos ganas de ter un cabalo e galopar botando tiros a destra e senestra...)

Xan dijo...

As Palabras deberan ser as unecas armas cargadas de futuro.

Deambulando con Artabria dijo...

Totalmente de acordo con BArreira, jajaja

Paz Zeltia dijo...

é o western un xénero que cheguei a aborrecer cando era nova, tanto vaqueiro tanta pistola, tantas pelis malas... e claro, despois xa ía todo xunto nun saco.
por eso agora é un mundo a descubrir, que sempre vou deixando para mais adiante, mais adiante, sempre atopo algo que me interesa máis para ver... e dende logo hai uns cantos clásicos do xénero que preciso ver coa distancia dos anos e da experiencia.
pode que seguindo a túa estela, a curiosidade xa hai tempo á espera, termine de asentar.

HADEX dijo...

Na facultade tiven unha asignatura moi interesante que se chamaba Literatura e Cine. O meu profesor era un auténtico forofo desta película. A min non me gusta este xénero en absoluto e esta película, exceptuando a fotografía, tampouco me gustou. Recordo a aquel neno como algo insoportable, je je je...

Biquiños!!!

HADEX dijo...

Se che apetece, tes un agasallo no meu blog.

vintxuca dijo...

Eu como Chousa tampouco son unha amante do xénero, decántome máis polo chocolate de Barreira aínda que se a peli é boa e o chocolate tamén...non sabería que elexir. Sáudos para todos.

Ra dijo...

:)


Mua.

Unknown dijo...

o xenero preferido do meu pai...
trouxechesme lembranzas fantasticas desas tardes de domingo vendo eses westerns miticos e eu no seu colo sentindome a misma vez protexido e o mais valente do pobo

saudos raposo

Mararía dijo...

E que a min este xénero ... ufff .... ponme Mellor Imposible, anda, cando vai saltando os adoquíns!!

LM dijo...

pois eu também nom som fam do género mas com estes diálogos até estou por voltar a ver o filme!
beijos

sarampelo dijo...

Unha grande película. Quizais fora unha das mellores de Alan Lad. Penso que a primeira vez que a vin foi aló no mediados dos anos 60.
Hadex ten moita razón, o neno era insoportable.
"Ao final (como di Carlos Sousa), o que vive cun pasado escuro, pocas veces pode escapar del". Pois non creo moito iso, xa que pasado escuro e tenebroso o ten o Ansar, e como escapa del a carallán.

vermella dijo...

pois eu tampouco querería que meu fillo empregue ningunha arma que xa sabes as carga o diaño...
bicos.

São dijo...

Que regreeso no tempo...

Bom fim de semana.

R. A. dijo...

Un dos mellores westerns, sen dúbida.
E "O xinete pálido" de Eastwood é algo máis que un remake: retoma a mesma idea, pero introducindo novos elementos (a relixión, a ecoloxía, e mesmo un atisbo de misterio sobrenatural).