A pesares do que digan Gloria Lago e os seus acólitos, eses infames manipuladores de Galicia Bilingüe, corren malos tempos para a galego. Xa que logo, mais que nunca hai que falalo, escribilo e defendelo: non só hoxe senón os 365 días de ano.
CANCION PARA CANTAR TODOS OS DÍAS
Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.
Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.
Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.
Seríamos, sen fala, uns ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen as espadas.
O idioma somos nós, pobo común,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.
Cancións de lusco ó fusco (Manuel María)
16 comentarios:
Home, a metrallazos paréceme un pouco forte, pero a este paso igual é un dos métodos que haberá que usar. Coa sarta de mentiras que están dicindo eses que ti sabes...
Ti o dixeches, temos que defender a nosa lingua os 365 días do ano, non so hoxe.
Unha aperta.
Pois neso andamos, defendendo a nosa lingua falandoa e escribindoa, cometendo erros ao usala, xa que non nos deixaron aprendela nin usala de cativos.
Bicos.
Se cada un puxese o seu gran de area, de seguro que o galego viviría tempos mellores. De momento, só nos queda loitar para que non nos quiten o que é noso.
Unha aperta galega dende lonxe.
Antón de Muros.
Galego en Bos Aires.
Temos que loitar, si; pero con cabeza e con traballo. A violencia so xenera violencia, e dalle razóns ao oponente. A manifestación de hoxe en Santiago foi bo exemplo do que se pode facer sin recurrir a extremismos
Non hai mellor arma que a de empregar o galego os 365 do ano. Por peores momentos pasou o galego, e se chegou aos nosos dias non foi grazas as metralletas nin as poesias dos ilustres no exilio, nin a manifestación que teñen mais de tinte político que doutra cousa. Foi grazas a que nosos avós e pais nunca deixaron de empregalo no seu dia a dia.
Cada un temos moito que facer. Pero non deixa de ser algo que vontade se ha de conquerir.
Tal cal. Así mesmo, como ti o dis o penso e o plasmei tamén. Cada día son os días das Letras Galegas.
Mañán empezan, e xa non rematan.
Apertas
Aos de Galicia Bilingüe non creoq ue lles quede moito.....ata Frijolito parece que recuou un pouco...A ver que pasa...
Bicossss
(e que eu son unha optimista nata)
Hoxe, tamén. E mañá, e despois de mañá.
Hai que defendelo, si, pero creo que nestes catro anos que veñen, non se fará demasiado........
Galicia Bilingüe, menuda farsa. Son os máis monolingues, en castelá, claro.
Como xa publiquei no meu blogue algunha vez... é moito mellor que aprendan o Happy Birthday to you
Manoel María o cantor da terra chá xa dicia nesta Cancion para cantar todos os días "Temos que pelexar cos renegados, cos que intentan borrar a nosa fala". Xa sabia ben que era unha loita continua.
Un saúdo
Nestes momentos duros temos que amosarnos máis firmes e fortes; tamén máis esixentes cos nosos dereitos a que se nos atenda en galego.
Uff, como nos botemos para atrás, imos aviados!
"Uns ninguén"... de ningún xeito.
Abrazo.
Sempre.
Publicar un comentario