viernes, 22 de mayo de 2009

MERCAR UN COCHE





Entre as medidas propostas para incentivar a industria automobilística, tan maltreita nestes tempos, poderíase incluír tamén a lectura obrigada de “El hombre que compró un automóvil” de Wenceslao Fernández Florez. Velaquí senón un parágrafo:


“Tu decisión de comprar un automóbil me parece plausible –dijo Garcés- y te honra mucho el haberla adoptado. Los automóbiles son las piernas de los hombres modernos. Si no tienes un coche no eres nadie. ¿No te da verguenza ser un pobre peatón?
-Si; a veces me da vergüenza –gemí.
-Naturalmente. La humanidad ha considerado siempre como un estigma el tener que andar, y desde los tiempos mas remotos procura redimirse de el, ya subiéndose a un caballo, ya moviendo las palancas de un avión, ya afrontando el ridículo sobre una bicicleta. Si tu andas eres un paria. Desde luego, te falta algo para ser un hombre de tu tiempo. Complétate con un auto.”

9 comentarios:

Barreira dijo...

Eche certo. Que visión de futuro. A iso é o que se lle chama comercial agresivo, neste caso dun concesionario de coches.
Saudos.

Artabria dijo...

Eu non vivo na cidade, así que necesito o coche para todo!! Pero agora tamén che digo, que se vivira nunha, andaría no transporte público ou en bicicleta..........

De todas formas, non creo que as axudas para mercar un coche sexan máis necesarias que outro tipo de axudas, dígamos que para comer.....

Carlos Sousa dijo...

Triste pero é verdade. Usamolo coche para todo, ata para ir o bar do da parroquia temos que levalo. Así está todo saturado deles, que nin se pode aparcar. Non o levamos ó baño porque non cabe na casa, que senón...

De momento nin con axudiñas do estado toca comprar un novo, terei que conformarme co meu, que xa ten 17 anos.

Unha aperta

anto dijo...

"Complétate con un auto" paréceme unha frase perfecta. E... mentres sexa complétate...; peor será cando o primeiro é quen ten que completar ao segundo.

Pau dijo...

E que razón tiña! Volvemos aos erros do pasado, a fomentar o consumo desmesurado

Chousa da Alcandra dijo...

Estou convencido de que este post teu será tido en conta en Moncloa para incluir nas medidas de acompañamento a ese Real Decreto de incentivación.
Deberías pensar en cobrarlles

Paco Penas dijo...

A min, como lle pasaba a C.E.F, gustaríame ser un pasmón peatón con opinión...
Eu sempre vou en coches pequenos e vellos... e cheos de papeles, cds e paquetes de tabaco ao chou :-)
Nos semáforos, a xente só mira para min e para os BMW descapotables :-)
Tamén é certo que son dos que sempre que podo, vou a pé aos sitios.
Apertas, meu.

Zeltia dijo...

pois, pareceme a mín, que hoxe en día, ese discurso non lle ía servir para moito a un vendedor agresivo: xa todos estamos "completados cun auto", agora é que o coche marque a diferencia, que se sepa que dentro ten que ir un tipo importante, unha muller de alta posición social, alguén con cartos, cando menos... se non ter coche, xa non che é nada, pobre Wencesalo se levantara a cabeza... eu nunca entendín esa cousa do "status a través do coche"
eu levo o meu como paco penas, só que sen tabaco, que agora XA non fumo

HADEX dijo...

Moito me rira de pequena lendo este libro...teño que volver a lelo. Grazas polo recordatorio.

Bicosss