jueves, 18 de junio de 2009

ATALLOS A NINGURES

non é necesario andar as présas
para alcanzar o sendeiro que buscamos,
tampouco poden atoparse nas restrebas
as cifras e as espinas
que deteñen os ordenadores.
todo está escrito no péndulo dos anos
que turran por nós
mentres o vento debuxa nubes no ceo
e os paxaros xogan a esconderse entre as árbores.
quizais non sexa tan dura a caída
si sabemos que non é a viaxe o que importa.
é a voz a que lle bota un pulso as estrelas nómadas,
permítenos nadar contracorrente,
espantar os meigallos
e quedarnos fora da bruma
canto a liorta ameaza con estenderse
e o po do camiño
non é mais que unha escusa
para seguir utilizando os atallos
que levan a ningures.

11 comentarios:

Suso Lista dijo...

Si as veces, pagaapena quedar quietiño. Apertas renovadas

Mr Tichborne dijo...

Ningures non é tan mal lugar. Mais desconfío dos atallos.

Cuspedepita dijo...

Non sei que me da que desta volta imos ter que dar un rodeo para chegar paseniño ao noso destino...

Apertas

Carlos Sousa dijo...

Hai un dito, "non hai atallo sen traballo", as veces os atallos fannos dar máis voltas que o camiño normal que teríamos que coller. E si total xa todo está escrito no péndulo dos anos, por que nos arriscamos cos atallos?

Unknown dijo...

ningures e outro dos nomes de Itaca, un lugar aonde non chega ninguen pero que na sua percura ten unha vida digna de ser unha odisea....

apertas

Paz Zeltia dijo...

pois eu dese texto que escribiches, recolle frases que me din, e outras quedan pousadas ahí nos regos dos teus pensamentos, onde xerminaron.
sempre compós textos que da gusto lelos, porque son fermosos, entenda máis ou menos.

:-)

Anónimo dijo...

"Atallos que levan a ningures". A vida é un camiño con moitos cruces ou desvíos, algúns non teñen saída, pero sempre se pode aprender algo. Os atallos xeralmente son a forma máis curta e sinxela de equivocarse.

Saúdos!

Chousa da Alcandra dijo...

Todo o mundo sabe que non hai que andar ás présas; pero todo o mundo nos fai andar ás présas...
Por iso todos acabamos collendo atallos que nos levan, xustamente, a ningures!

Artellaches unha composición que vai que nin pintada para a realidade actual. Xurde en rexistrala, senón voucha copiar.

vakastolas dijo...

O po do camiño tería que ser un misterio a descubrir e non miserable pretexto para cambiar de camiño.

Doutora Seymour dijo...

Seica hai que caer 3 veces (mínimo) para aprender a camiñar.

Fermoso poema, Raposo.

fonsilleda dijo...

As veces os atallos poñen as os pes.
Só as veces.
Bicos