miércoles, 3 de junio de 2009

BLOG MANEIRO


Teño unha conta pendente con Hadex (dende hai semanas) e con Paidovento. Os dous me agasallaron co premio de Blog Maneiro, que debe significar algo así como blog xeitoso. Moi agradecido.
O asunto ten unhas normas que paso a transcribir:
1- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”. (Feito)
2- Exhibir o nome do blog que concedeu o premio. (Feito)
3- Indicar outros 10 blogs propostos para seren maneiros. (Moitos dos blogs que visito habitualmente xa foron premiados así que vou nomear so tres)
4- Comunicar o premio os blogs seleccionados. (Considero que non é preciso, xa se enterarán eles)
5- Publicar as regras. (Feito)
6- Vixiar que os blogs premiados seguen as normas. (Innecesario, e en todo caso xa temos bastantes vixiadores nesta sociedade)

E os agraciados son:
Chousa, polo armadanzas que é; Torreira, porque sei que non lle gustan os premios; e a Doutora, porque sempre é convinte levarse ben con esa tropa.

8 comentarios:

Barreira dijo...

Noraboa Maneiro!!!.
Saudos

Deambulando con Artabria dijo...

Os meus parabéns.

Nébeda Piñeiro Barros dijo...

a Torreira por fastidiar jaja. Estás feito un faltón, Raposo ;)

Chousa da Alcandra dijo...

Agradézoche moito que me tiveras en conta. Xa sabes que podes facer unha cova na Chousa cando che pete.
E vou acabar collendo unha fama de gilipicho no blogomillo de moito carallo, debido a que sempre racho as cadeas dos premios estes.
Que non os poña non quer dicir que non me mole verme recoñecido con eles.

(E mira ti por onde hoxe -ainda que de refilón- "toco" Sober no último post. Non te me cabrees pola imaxe, pero a foto da miña nena veume como arandela ó parafuso da idea. E tiven que dicir que era de onde era para non rachar o compromiso con ela adquirido. Que está moi orgullosa dela!)

Carlos Sousa dijo...

Noraboa, que "maneira" de pasar os premios, iso sí que é ser "maneiro".

Unha aperta

vermella dijo...

parabéns polo xeitoso e maneiro do teu blog.
bicos.

Doutora Seymour dijo...

Moitas grazas, Raposo.

(tropa!...?$*@..., non o terei en conta.... ;)

Torreira dijo...

Que cabronazo encantor eres!!!.Moito obrigado raposo, a pesar desta insubmisións persoal a estas encomendas.Apertas e LK