Hoxe atopei esto na caixa do correo, é a segunda vez que mo deixan.
Moi bo, seica, este Maestro Cisse, e cunha garantía de 100% que nos tempos que corren é todo un luxo.
Agora ben, este tipo é un perigo público: ¡co traballiño que custa as veces desfacernos dela e ven este elemento e dí nos recupera a parella en 3 días!
¡¡Arre demo!!
Moi bo, seica, este Maestro Cisse, e cunha garantía de 100% que nos tempos que corren é todo un luxo.
Agora ben, este tipo é un perigo público: ¡co traballiño que custa as veces desfacernos dela e ven este elemento e dí nos recupera a parella en 3 días!
¡¡Arre demo!!
20 comentarios:
a min o que me gusta é eso de TRABAJO DISCRETO...
Jajajajaja.
Ti dixéchelo: todo un luxo.
De todas as maneiras o peor é a cantidade de xente que se deixa engatusar por elementos así.
Bicos.
P.D. ¿De verdade recibíchelo?
pero que farrero que es!!!
bicos.
Corredoira: Discreción ante todo, e aínda así na aldea acabanse enteirando.
Fonsilleda: Por suposto, é a segunda vez que os distribuen no meu edificio. O que me leva a pensar que quizais non fixemos moito caso a primeira.
Vermella: ¿ que é eso de farrero? Non será un insulto!
Logo tendra garantia,se despois de tres dias volves coa parella e acabo de dous volves a separarte devolveche os farelos non?
Ae moitos trincaladillas polo mundo de ....
Un apreta o 100 por 100
Seguro que ca crise hai máis dun que ten esa clase de "poderes"......
O peor de todo é que hai moita xente que pica....
pola coruña farrero é ao que lle gusta a farra a broma,e non me negarás que ti es un farrero e o maestro cise outro.....vou andar con tino contigo non vaia ser...
bicos.
É un ti@ completiño, , sabe facer de todo...
Bicos
Quédate co número (eu xa o apuntei). Nunca se sabe se fará falla un rachado para algún descosido...
Tres días para recuperar a parella é moito de dios. En tres días -malo será- que non deas pillado outra!.
Asinado: O faroleiro de Antas
ah pois eu... para o mal de ollo, igual o chamo!
que levo unha racha...
que ben o pasades, entre farreros e faroleiros...
tes razón, vermella,
ten tino cos raposos,
que teñen sona de ser moi sixilosos
:-)
...e traballo, impotencia sexual, negocio, xustiza, mal ollo, etc. Vou ter que gardar o número.
As zarrotas tamén me gustan pechadas ou pouco abertas. De feito as zarrotas da foto non as comemos que ao día seguinte xa estaban mal.
Ja ja ja....que medo heheheh!!
Realmente o máis preocupante de todo isto é que hai xente que creos, finánciaos e promociónaos. É como o chiste aquel de un tio que chega á consulta dun vidente, golpea na porta e o vidente pregunta. quen é? e responde o cliente, E ti non dis que es vidente?.
Andarán practicándoche vudú ou artes escuras... hahaha
En todo caso, é máis divertido recorrer á nigromancia nacional-galaica, que pasa polo 'Ciprianillo' e a pescuda de tesouros novos e vellos, pace Cunqueiro.
O da parella presta para un relevo de súcubas, anque che deixen algo calcinado e canso... hahaha
在網路上進行網路行銷的意義在哪裡?關鍵字認為網路具有極佳的互動性、即時反應、且容易與年輕族群作深入互動,關鍵字行銷積極進行網路行銷的企業,也易營造出創新的形象。除此之外,關鍵字廣告進行網路行銷最大的意義在於精確的量化測量方法。網站優化的特性可以容許自然搜尋人員在事前進行精確的評估、事後亦可以追蹤seo效果。以往許多網路業者對網路行銷活動的目的及期望成果往往沒有夠精確的規畫,造成執行效果不彰。其實網路排名應掌握這些量化的資訊,將其與實際的行銷活動、顧客購買行為等結合,將有助於建立更有效的行銷方案。
你了解什麼是搜尋行銷???你了解SEO技巧???你了解網站排名的方式與種類???你了解關鍵字行銷後的商機!!!你了解關鍵字排名作業與流程!!!你認為網路行銷多少才合理???你了解網站排名的注意事項!!!網站要如何做關鍵字優化!!!
Carallo!!!. So lle falta poñer ao final do anuncio aquelo de "Gobierno de España".
Saudos.
Eu xa apuntei o número porque quen sabe... páreceme que ultimamente andan a mirarme mal.
Bicos
Canto mangante anda solto por ahí. A min estas cousas poñenme de mal xenio...aprobeitanse da desesperación dos demáis.
Un biquiño!
jajajaja....mira o mellor para non ter que desfacerse da parella é non tela.
Publicar un comentario